Godalming 28/09 – Concurso fotográfico no Broadwater Park

Ui, que hoxe apareceron as nubes e chispeou algo a primeira hora! Pero nada, enseguida abriu o día e cando batía o sol facía bastante calor.

E que fixemos hoxe? Ben, o ambiente de venres sempre é diferente e para esta noite algunhas das host families tiñan organizadas algunhas ceas conxuntas, así que xa vedes como van integrando os vosos fillos e fillas na comunidade local 😉

Pero antes diso rematamos a xornada lectiva e pola tarde realizamos un concurso de fotografía da mao de Alex, un dos nosos coordinadores locais e con quen xa estivéramos onte. Non se lle ve pero por aquí andaba organizando grupos e explicando os “retos” a cumprir:

Do que se trataba era de completar unha serie de tarefas ou misións pola zona, a modo de xogo en grupos pequenos (tirar unha foto dun obxecto inusual, un selfie de grupo, unha foto dun can…). Como non, alá foron todos e todas de cabeza!

Tomáronno en serio para escoller as mellores fotos de todas as que tiraran:

Houbo duras deliberacións polas puntuacións 😉

E finalmente tivemos un equipo gañador por un único punto! Foi ben axustado!

Como non podía ser doutra forma, rematamos con unha foto de grupo máis os catro buddies habituais que sempre están connosco:

O sítio este tan bonito onde pasamos a tarde é un parque con lago ao pé do seu instituto chamado Broadwater Park. Xa comentara que esta zona é super pintoresca 😉

E entre isto e a sensación de fin de semana, despedímonos ata mañán, que quedamos cedo na estación local para collermos o tren á Londres. Iso si que vai ser un contraste! Chao! 🙂

Día 2, fotografiando Exeter…

EXETER

Xa é o segundo día e temos que volver a coñecer máis actividades e máis clases cos nosos buddies. Hoxe toca outra nova actividade despois das clases: temos taller de fotografía! Pero suspendeuse… non pasa nada, temos alternativa polas monitoras! Imos ir ó centro da vila para facer unha competición de fotos, divididos en seis grupos.

Cada grupo ten que facer una lista de fotos nas que ten que aparecer algo novo da cidade, algo vello, algo verde, unha palabra que conteña a letra P e outra foto coa palabra EXIT. Os grupos que ademais teñan unha foto roubada d@s compañeiras conseguirán puntos extras. Aquí queremos darvos unha pequena mostra das fotos que seleccionamos en cada categoría!

G6 nuevo G 4 Robado_opt G 5 Exit

G3 Verde G3 Algo viejo 

Un saúdo de Sandra, Noelia e Eva.