Godalming 28/09 – Concurso fotográfico no Broadwater Park

Ui, que hoxe apareceron as nubes e chispeou algo a primeira hora! Pero nada, enseguida abriu o día e cando batía o sol facía bastante calor.

E que fixemos hoxe? Ben, o ambiente de venres sempre é diferente e para esta noite algunhas das host families tiñan organizadas algunhas ceas conxuntas, así que xa vedes como van integrando os vosos fillos e fillas na comunidade local 😉

Pero antes diso rematamos a xornada lectiva e pola tarde realizamos un concurso de fotografía da mao de Alex, un dos nosos coordinadores locais e con quen xa estivéramos onte. Non se lle ve pero por aquí andaba organizando grupos e explicando os “retos” a cumprir:

Do que se trataba era de completar unha serie de tarefas ou misións pola zona, a modo de xogo en grupos pequenos (tirar unha foto dun obxecto inusual, un selfie de grupo, unha foto dun can…). Como non, alá foron todos e todas de cabeza!

Tomáronno en serio para escoller as mellores fotos de todas as que tiraran:

Houbo duras deliberacións polas puntuacións 😉

E finalmente tivemos un equipo gañador por un único punto! Foi ben axustado!

Como non podía ser doutra forma, rematamos con unha foto de grupo máis os catro buddies habituais que sempre están connosco:

O sítio este tan bonito onde pasamos a tarde é un parque con lago ao pé do seu instituto chamado Broadwater Park. Xa comentara que esta zona é super pintoresca 😉

E entre isto e a sensación de fin de semana, despedímonos ata mañán, que quedamos cedo na estación local para collermos o tren á Londres. Iso si que vai ser un contraste! Chao! 🙂

avatar

Xoan Paredes

4 pensamientos en “Godalming 28/09 – Concurso fotográfico no Broadwater Park

  1. Bos días , pois si que è bonito, e a foto de familia quedou para enmarcar. Me pregunto eu si os país de estés compañeiro@s estarán vendo estas fotos. Sería una pena que non estiven enterados. Pásalo Ben en Londres. Espero que esté bo día , Aquí amenceu nublado.
    Saudos.
    María.

    • Hola non sei porque pero o correo anterior non se da enviado. Decía nel que a última foto de grupo está para enmarcar. Non sei si os país do resto de compañeiros as verán ,sería unha pena. .

      • Ola! Si, os comentarios non se cargan directamente pero acaban aparecendo 😉
        E oxalá o resto de pais e nais vaian seguindo estas entradas no blog, para que vexades que todo o grupo está ben e pasándoo de vicio! 😀
        Agora en nada xa vai a entrada de hoxe (vista a Londres)… 🙂

        PD. O grupo é xenial. Realmente, mellor ambiente non pode haber e mellor non se podían portar polo momento! É un gustazo estar con eles/as.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *