THORPE ST ANDREW
Bos días familias!
Hoxe como cada sábado toca excursión!! Desta vez imos a Burnham visitar o mercado de nadal.
O bo é que non temos que madrugar, e as 10 saímos en bus de Norwich. Tras unha hora de viaxe chegamos a Burnham. Guiados polo noso activity leader Kim facemos un recorrido todo polo costa vendo ao fondo o North Sea. Bordeamos todo o Parque Nacional e somos testemuñas dunha vistas asombrosas.
Temos un día de sol radiante aínda que as temperaturas non son tan boas como quixeramos e vimos totalmente equipados con gorros, guantes e bufandas.
Despois do paseo disfrutamos do mercado de Deepdale e da decoración de nadal que atopamos en cada un dos seus postos. Aproveitamos para comer hamburguesas e pizzas dos postos locais e xuntarnos cos demais grupos de Norwich 🙂
Xa cansados subimos ao bus e as 4 da tarde estamos de volta en Norwich para disfrutar do que queda de sábado.
Mañá toca día coa nosa host family 🙂
See you soon