15 de decembro, visita a Cambridge

THORPE ST ANDREW

Bos días a todos!

E chega o último día desta incrible experiencia. Non se me ocorre mellor maneira de acabar a nosa estadía que cunha visita a Cambridge. Cambridge é unha cidade preciosa e unha das cidades universitarias inglesas máis importantes. Ás veces, parece que te atopas no universo de Harry Potter, xa que a atmosfera da cidade mesmo parece envolverte e trasladarte alí.

O King's college

O King’s college

Sigue leyendo

13 de decembro, visita ao castelo

THORPE ST ANDREW

Good morning!!!

Hoxe, como cada sábado, toca excursión. Iso si, desta vez quedamos en Norwich para coñecer máis a fondo a súa parte medieval. Comezamos a mañá no castelo de Norwich, construído no ano 1067 por William the Conqueror. Visitando esta impresionante construcción normanda sentímonos como reis e raíñas por un día.

Irene Puime e Marcos moi metidos no papel

Irene Puime e Marcos moi metidos no papel

Sigue leyendo

11 de decembro, visita ao museo

THORPE ST ANDREW

Bos días familias,

Xa se van acabando os días no instituto e cada vez dános máis pena despedirnos dos nosos buddies. Xa nos sentimos como un máis no instituto. E temos sentimentos encontrados ao pensar na volta a Vigo.

Porén, mentres tanto seguimos aproveitando os días por Norwich. Hoxe tocou visita ao museo para coñecer máis a fondo a historia da cidade de Norwich. Este é un museo interactivo, onde podemos probar vestidos e faldas da época dos 60, ata sombreiros, zapatos, etc.

María, Ramón, Tomás e Irene muy sixties

María, Ramón, Tomás e Irene muy sixties

Rocío, Irene, Martín e Tomás coas súas mellores galas

Rocío, Irene, Martín e Tomás coas súas mellores galas

Moitos disfrutamos moito creando o noso outfit perfecto.

Antón moi guapo co primeiro que atopou

Antón moi guapo co primeiro que atopou

Dani Barbosa campando co seu vestido novo

Dani Barbosa campando co seu vestido novo

Pasámolo bomba escoitando cancións da época e aprendemos moitas cousas que non sabíamos, coma a da fábrica de chocolate de Norwich, que é actualmente un centro comercial ou que Norwich chegou a ser a segunda cidade máis importante de Inglaterra. Cada día aprendemos unha cousa nova e melloramos o noso nivel de inglés da forma máis divertida 😉

Saudiña familias 🙂

7 de decembro, día coa familia

THORPE ST ANDREW

Bos días a todos,

Outra semaniña máis en Norwich, como pasa o tempo! Botando a vista atrás, hai nada que estabamos embarcando en Peinador e ahora xa nos imos adaptando pouco a pouco á vida inglesa.

Hoxe toca pasar o día coa nosa host family. Moitos de nós quedamos polo centro cos nosos amigos para comer polos restaurantes do centro de Norwich e aproveitamos para facer algunhas compras e visitar algunha das dúas catedrais de Norwich.

O riverside coa catedral ao fondo

O riverside coa catedral ao fondo

Outros temos moita sorte e imos de paseo coas nosas familias ou colocamos a decoracion de nadal na casa. As temperaturas estan especialmente baixas e case todos volvemos cedo a casa para cear coas nosas familias.

Esta semana, Martín Curty foi elexido o estudiante da semana polo seu bo comportamento e recibiu un diploma acreditativo por este mérito. Well done Martín!! 🙂

IMG-20141205-WA0005

E mañá toca volver as clases, moi contentos de recontrarnos cos nosos buddies.

See you soon

6 de decembro, Deepdale Christmas market

THORPE ST ANDREW

Bos días familias!

Hoxe como cada sábado toca excursión!! Desta vez imos a Burnham visitar o mercado de nadal.

O bo é que non temos que madrugar, e as 10 saímos en bus de Norwich. Tras unha hora de viaxe chegamos a Burnham. Guiados polo noso activity leader Kim facemos un recorrido todo polo costa vendo ao fondo o North Sea. Bordeamos todo o Parque Nacional e somos testemuñas dunha vistas asombrosas.

todos en ringleira

Temos un día de sol radiante aínda que as temperaturas non son tan boas como quixeramos e vimos totalmente equipados con gorros, guantes e bufandas.

Levando Vigo  pola costa de Norfolk

Despois do paseo disfrutamos do mercado de Deepdale e da decoración de nadal que atopamos en cada un dos seus postos. Aproveitamos para comer hamburguesas e pizzas dos postos locais e xuntarnos cos demais grupos de Norwich 🙂

Xa cansados subimos ao bus e as 4 da tarde estamos de volta en Norwich para disfrutar do que queda de sábado.

Mañá toca día coa nosa host family 🙂

See you soon

3 de decembro, city search

THORPE ST ANDREWS

Bos días familias,

As clases continuan en Thorpe St Andrew con Maths, PE, Ethics and Modern Languages. Alguns xa somos os mais populares do insti e tamen queren o nosos facebooks!!

Xa lle estamos collendo o punto en xeral a todo, as linas dos buses, ao colexio, aos nosos buddies, aos mestres, e as tendas!!!! We do love shopping!!! Cada vez disfrutamos mais do dia a dia na cidade, xa nos sentimos totalmente integrados e os nervios dos primeiros dias xa son cousa do pasado.

Pola tarde temos a actividade do city search. Por parellas temos que recorrer os puntos mais emblematicos de Norwich e mediante pesquisas temos que resolver un cuestionario de preguntas sobre a historia da cidade. A parella que consiga o maior numero de respostas gana o premio, que hoxe descubriremos, que intriga….

Xa se nota a baixada da temperatura destes dias e polo menos nesta semana xa e a ultima actividade que temos no exterior. O mellor de todo e que podemos disfrutar da decoracion de nadal e dos musicos que amenizan cos seus Christmas carols as ruas de Norwich.

Mana mais e mellor!!

See you soon!!

1 de decembro, comezo das clases en Thorpe St. Andrew School

THORPE ST ANDREWS

Bos dias a todos,

Hoxe comezamos as clases en Thorpe St Andrew. Correctamente uniformados chegamos ao instituto as 8.05 da manha. A primeira hora temos unha reunión para coñecer os nosos buddies que nos van a servir de axuda e referencia durante estas dúas semanas. Estamos seguros de que faremos moitos amigos que non imos esquecer. Temos algunhas materias como costura e cociña que son novas para moitos de nós pero comezamos o día con ilusión e con ganas de saber como e o día a día nun instituto británico.

Como estamos dividos en varios grupos, algúns tivemos English, German, Maths, FrenchDrama ou Cooking. Todos os profesores quedan sorprendidos polo bo nivel de inglés dos nosos estudiantes 🙂

Ao acabar as clases, collemos todos xuntos o bus e diriximonos cara ao City Centre para realizar a actividade da tarde. Hoxe tivemos o Christmas Tree Trail, tivemos que recorrer os puntos da cidade onde se encontraban as árbores navideñas, quen encontrara todas ganaba o xogo, como hoxe tivemos pouco tempo teremos outra oportunidade nos vindeiros días para seguir colectando estampas 😉

María, Tomas & Carla no Christmas Tree  Trail

Mañá seguimos coas clases e imos a disco cos nosos buddies!!!

See you 😉

29 de novembro, visita a Londres!

THORPE ST ANDREWS

Bos días a todos! Hoxe realizamos a nosa primeira saída e nada menos que a Londres!!

Tocounos madrugar un pouquiño para poder aproveitar o día ao máximo. Dividímonos en dous grupos, algúns imos con John de guía e outros con Kim e subimos ao bus. Despois das tres horas de viaxe, baixamos do bus fronte ao London Eye e todos nos apuramos a sacar as nosas cámaras para retratar as mellores vistas da cidade.

CIMG0079

Comezamos a nosa ruta no Palace of Westminster, onde, grazas a John e Kim, aprendemos un pouco sobre a súa historia. Chámanos moito a atención a cantidade de artistas que encontramos polas rúas de Londres facendo espectáculos para os turistas. Tras pasar Westminster Abbey, onde se casou o príncipe William, continuamos ao noso camiño cara Trafalgar Square, alí realizamos a nosa primeira parada, onde aproveitamos para comer e sacar algunhas fotos, entre elas coa bandeira de Vigo.

CIMG0090

Algo máis descansado continuamos o noso camiño por St James’s Park, onde nos chama moito atención a cantidade de squirrels que atopamos 🙂

Tras cruzar todo o parque chegamos a Buckingham Palace, ao ver a bandeira dámonos de conta de que the queen Elizabeth II non está, que mágoa! Nós que lle traiamos saúdos de Vigo 😉
CIMG0099

Continuamos a ruta polas transitadas rúas de Piccadilly ata Covent Garden. Todo a cidade está preciosa cos adornos navideños e a xente xa comeza coas primeiras compras destas datas. Christmas is coming!! Rematamos a nosa visita con tempo libre para facer varias compras e agasallos para os nosos amigos e familiares.

CIMG0085

Ás 5 collemos o bus de volta a Norwich. Moitos de nós inda estamos asimilando que pasamos o día enteiro en Londres e marchamos coa promesa de volver proximamente.

Atendemos a Kim cando nos fala do Thames River

Chegamos a Norwich ás 8 da tarde onde xa estaban moitas das nosas familias esperando por nós. Mañá pasaremos todo o día con elas para integrarnos máis no estilo de vida dunha familia inglesa 🙂

See you soon!!