Chester – 23 de septiembre – Primer Luns en Chester!

Moi boas noites,

Cerramos un luns no Reino Unido, comezamos a rutina dunha nova semana no noso instituto, coñecendo cada vez máis os nosos novos compañeiros/as así coma os mestres/as.

Tras unha xornada de clases visitamos a catedral de Chester, onde realizamos unha actividade na que tiñamos que atopar as respostas a certas cuestións explorando a propia catedral. A historia da catedral remóntase o 1093, aínda que sufriu diversas restauracións para chegar o seu aspecto actual no que podemos disfrutar do estilo gótico, románico e normando.

Despois dunha visita cultural retornamos as nosas casas de acollida para cenar ben prontiño! O día de mañá vai ser máis tranquilo xa que imos coñecer o alcalde!

Despedimos outro día en Chester, ata mañá!

 

 

 

 

 

Chester – 22 de septiembre – Domingo de descanso, ou casi.

Boas tardes de domingo!

Longo de unha semana intensa con grandes cambios e adaptacións, chegou o domingo no que os nenos puideron descansar pola mañá e algúns gozar de un verdadeiro english breakfast.

Despois de pasar un tempo coas familias, tivemos tarde deportiva.

Os nenos achegáronse as instalacións do campus universitario onde estiveron xogando a diferentes deportes e xogos como o brilé, fútbol e tamèn saltando nas colchonetas.
Unha tarde entretida para pasar o tempo antes de comezar Unha nova semana de clases e actividades, parece que non pero o tempo aquí pasa voando.

Ata mañá!

Chester – 21 de septiembre – Visita a Liverpool

 

Escribímosvos tras un soleado día coñecendo unha nova cidade. O fogar dos Beatles contaxiounos do seu encanto e diversidade.

As 9 reunimonos na estación de bus para comenzar a nosa viaxe, tras coller o noso tren destino Liverpool a nosa primeira parada foi no world museum, onde tivemos dous horas para disfrutar das diferentes partes do museo, dende o planetarium ata as as destinadas a diferentes culturas do mundo, incluíndo unha sala de momias!! Un museo moi interactivo e cheo de contrastes.

Tras a visita o museo comemos todos xuntos no parque St. Johns Park. Almorzamos as 12.45 e importante destacar o rápido que os rapaces adáptanse aos horarios ingleses! Tras o lunch dirixímonos o centro da cidade, onde disfrutaron de tempo para visitar algunhas das igrexas ou monumentos próximos ou mercar algún que outro regalo nas súas tendas favoritas.

A última parada foi a visita o Albert Dock, onde tiveron tempo para visitar o museo marítimo así como os arredores do porto marítimo (The Docks). Tras disfrutar das fermosas vistas e uns cantos paseos dirixímonos a estación de tren para regresar a Chester!

Despedímonos felizmente doutro día en Reino Unido, moi ilusionados co que falta por chegar!

Chester – 20 de septiembre – Xa é Venres?

Boas tardes!

Sen darnos case conta estamos a Venres e mañá toca excursión, pero de iso falaremos no seguinte post.

Hoxe toca contarvos como pasamos o primeiro Venres aquí, comezamos:

Como Vai pasar durante toda a estancia, pola quedamos na parada de bus para ir todos xuntos a escolar onde nos esperan os buddies para pasar todo o día aprendendo dunha maneira pouco común para nos. Non estamos acostumados a poder pintar más mesas, nas cristaleiras e de usar o ordenador para todo. Aquí non teñen Libros!

Pola tarde tivemos Unha pequena actividade chamada paparazzi, aquí redes unhas cuántas fotos:

Logo de un pouco de tempo libre, marchamos coas familias a descansar que mañá Vai ser un día duro, xa vos contaremos.

Un saudooo

Chester – 19 de septiembre – Comezamos a rutina

Boas noites!!

A 19 de setembro os nosos rapaces e rapazas comezan o seu día a día en Chester. As 8 da mañá xa estaban todos reunidos na estación de buses central para dirixirnos todos xuntos o seu instituto.

Comeza así o seu primeiro día de clases no CIS (Chester International School), a pesar dos medos e nervios previos, sobre a relación cos buddies, os profesores, as novas normas… Podemos garantizarvos que a sorpresa foi grata para todos e todas! Con ilusión compartían as suas primeiras experiencias, moi boas impresións acerca das asignaturas, os seus profesores e compañeiros. Os nenos quedaron abraiados cas diversas metodoloxías, os recursos, instalacións e o clima das aulas.

Prexasiamos moitos retos e novas aprendizaxes máis tamén temos boas expectativas e a seguridade de que todo vai saír máis que ben!

Vemónos mañá coas novas novas!!

 

Chester 19 de septiembre – Welcome to Chester!!

Boas tardes a todos/as!

Perdón pola demora pero xa estamos instalados na cidade amurallada, non vexades o que costou… Paso a contarvos a odisea, preparados?

Onte chegaron ao aeroporto de Vigo 24 rapaces e rapazas cunha ilusión tremenda e unhas maletas casi máis grandes ca eles. Con esas comezou a viaxe, primeiro voo Vigo-Madrid, isto parecía moi sinxelo pero aínda quedaba a peor parte, carreira polo aeroporto de Madrid, control e subimos ao segundo avión. Todo parecía presaxiar que ía ser perfecto, e así foi, pese a una pequena complicación cunha maleta e un bus de catro horas, os nenos chegaron ao seu destino e poideron descansar.

Hoxe levantáronse con moitas ganas e uns poucos nervios, hai que admitilo. Pola mañá reuníronse na universidades para recibir unha charla sobre comportamentos e vida en Reino Unido, ao mediodía poideron coñecer aos seus “buddies” (para os galego falantes, os seus compañeiros de clase) despois de unhas divertidas actividades para coñecer o colexio foron a pasear polo centro de chester.

Unha rápida visita guiada para que os nenos se familiaricen co lugar donde van a vivir estas próximas semanas. Pasearon pola ponte do río, polo centro e as súa muralla. Tiveron un pouco de tempo libre e ágora están disfrutando de unha maravillosa cena coas suas familias anfitrionas.

Todo fai pensar que imos pasar unhas tres semanas súper divertidas. Por hoxe creemos que foi suficiente, toca descansar que mañá comezamos as clases.

boas noites!!!

Crisu e Judith