CHESTER-5/10/2019-LLANDUDNO

Boas noites a todos/as:

Hoxe tivemos a nosa última excursión no Reino Unido, un pobo na costa do norte de Gales, coñecido por ser un centro turístico costeiro.

Combinamos uns paseos polo porto e a cidade de estilo victoriano cunha boa caminata ó pico da montaña Great Orme, algúns subiron no tranvía máis a maioría con bo ritmo subimos o mesmo tramo incluso con ventaxa!

Tivemos moita sorte de disfrutar dunha última excursión sen choiva algunha e incluso Lorenzo asomou algún ca outro ratiño, unha milagre según os ingleses que nos acompañaban! Aquí tedes algunhas fotos dunha última viaxe nesta aventura que chega o seu fin 🙁

CHESTER-3/10/19-XOGOS DE REFLEXIÓN

Boas tardes,

Disculpen a tardanza nesta entrada, onte rematamos algo máis tarde do habitual o día. Un día repleto de emocións e unión do grupo.

A saída da escola algúns cearon xuntos no centro de Chester e outros cás suas familias de acollida, para reunirnos todos as 19.30 no campus universitario de Chester. No campus, as monitoras preparamos diferentes xogos para traballar a cohesión grupal e diferentes habilidades sociais. Na primeira das actividades, por exemplo, reflexionaron sobre si mesmos, como afrontaron as súas dificultades aquí, a súa comunicación e habilidades sociais , o trato ca familia, amigos e consigo mesmos. Sempre respetando a privacidade de cada un dos nenos e nenas.

Na segunda e terceira actividade traballamos sobre prexuízos existentes na sociedade a rasgos xerais e na segunda sobre privilexios que temos para tomar conciencia dos nosos actos día a día e valorar máis todo o que nos rodea.

Foi unha actividade moi ben recibida e aproveitada polo grupo, sen dúbida algunha descubriron moito e empatizaron co resto dos seus compañeiros, limáronse pequenas diferenzas e fortaleceuse moito o grupo.

Estamos de volta a noite, máis e mellor!

CHESTER-2/10/2019-GYMKANA II

Boas noites a todos e todas!

Tan só 6 días máis en Chester, xa familiarizados ca cidade e ca rutina inglesa, sentimentos de morriña e de ledicia nesta nova terra mestúranse de pensar no fin dunha experiencia tan incrible.

Tras un día normal na escola, quedamos cás nosas monitoras para realizar a segunda parte dunha gymkana, a través de diferentes probas tivemos que chegar a novos sitios da cidade e practicar as nosas habilidades artísticas! Dende un baile inglés no anfiteatro romano ata unha actuación con Celia e Martín Estévez no piano e o resto do grupo como coro, todo un espectáculo!

Aquí tedes algunhas fotos do día, mañá máis e mellor!

Unha aperta

 

 

 

 

 

CHESTER-29/09-VIAXE A GALES

Boas noites a todos e todas!

Rematamos a fin de semana cun viaxe a Gales, comezamos cunha viaxe en autobus vendo unhas paixases do máis rural, tan tan verde que as veces parecía que estábamos na nosa terriña.

Chegamos tras unha hora de viaxe o noso primeiro destino: o parque nacional Snowdonia en Betws e Coed, por sorte puidemos realizar unha ruta ata unhas fermosas cascadas sen choiva algunha! Despois almorzamos no pobo e volta ó bus para o noso segundo destino: o castelo de Conwy, unha fortificación considerada patrimonio da humanidade, construída no século XIII. A continuación deixamos algúns dos recordos das asombrosas vistas dende as torres do castelo e da nosa aventura nas terras de Gales.

Volvemos mañá coas novas na nosa terceira semana en Chester!!

 

 

CHESTER-28/09-EXCURSIÓN A MANCHESTER

Boas noites a todos e todas!

Sentimos a demora xa que onte non puidemos publicar o blog. O venres finalizamos a xornada lectiva e tivemos unha visita o teatro e biblioteca da cidade, Storyhouse, unha biblioteca moi diferente ás que acostumamos visitar, cun restaurante e cafetería no medio da mesma e diversos espacios nos que podes disfrutar gratuítamente dun tempo de lectura. Tras a visita os nenos/as decidiron visitar o Cheshire Oaks Designer Outlet para mercar algún que outro regalo.

Hoxe comezamos o día rumbo Manchester, tras unha hora de viaxe chegamos o MOS, o Museo de Ciencia e Industria, un museo moi interactivo con varías exhibicións como por exemplo sobre a industria téxtil ou o sol, tamén con acceso a unha antiga estación de tren. Dende o museo camiñamos o centro da cidade, chea de contrastes, edificios victorianos frente os máis modernos. Un día moi chuvioso pero moi ben aproveitado!! Aquí tedes algunhas fotos doutro fin de semana no Reino Unido!

CHESTER-26/09- GYMKANA EN CHESTER

Moi boas noites!!

Pechamos outro xoves en Chester, achégase un fin de semana do máis movidiño! O sábado visitaremos Manchester e o domingo un parque nacional en Betws e Coed máis o Castelo de Conwy de tarde. ¡Non da chegado o momento!.

Tras un día de clases rutinario realizamos unha actividade coas nosas monitoras, unha gymkana pola cidade, en catro grupos de seis personas tivemos que ir superando diferentes probas, coa axuda dun mapa xa que descubrimos novas rúas e lugares dunha proba a outra. Comezamos na plaza do concello, onde atopamos a Janya, a estatua dun elefante. Despois tivemos que atopar o ponte máis antigo da cidade, The Old Dee Bridge, e por último o reloxo máis fotografiado de toda Inglaterra despois do Big Ben, o Eastgate Chester Clock. Quedaron probas pendentes para o próxima, dado que tiñamos que voltar a casa para a cea inglesa! Pero tivemos un grupo gañador: Estela, Iago, Vicky, Martín Estévez, María e Laura Domínguez. E ben merecido, moi bo traballo en equipo!! Aquí van unhas fotos do día:

Ata mañá a todos e todas!

Grazas Lord Mayor!

Boas noites a todos e todas,

Tras un chuvioso día en Chester tivemos a sorte de acudir o concello da cidade, no que fomos recibidos polo Alcalde, Mark Williams. Tras intercambiar unhas palabras de agradecemento e darlle o noso agasallo de Vigo, o mesmo Lord Mayor, un home moi amigable e cercano, ofreceuse a ensinarnos o edificio repleto de historia sala por sala, tivemos incluso a oportunidade de entrar no antigo xulgado.

Debido a visita ao concello non tivemos as últimas dúas horas de clase e disfrutamos duns paseos polo centro de Chester! As 17.30 xa estábamos de volta para disfrutar da cea cas nosas familias de acollida.

Despedímonos con ilusión para dar a benvida a un novo día en Chester!

 

 

Chester – 23 de septiembre – Primer Luns en Chester!

Moi boas noites,

Cerramos un luns no Reino Unido, comezamos a rutina dunha nova semana no noso instituto, coñecendo cada vez máis os nosos novos compañeiros/as así coma os mestres/as.

Tras unha xornada de clases visitamos a catedral de Chester, onde realizamos unha actividade na que tiñamos que atopar as respostas a certas cuestións explorando a propia catedral. A historia da catedral remóntase o 1093, aínda que sufriu diversas restauracións para chegar o seu aspecto actual no que podemos disfrutar do estilo gótico, románico e normando.

Despois dunha visita cultural retornamos as nosas casas de acollida para cenar ben prontiño! O día de mañá vai ser máis tranquilo xa que imos coñecer o alcalde!

Despedimos outro día en Chester, ata mañá!

 

 

 

 

 

Chester – 21 de septiembre – Visita a Liverpool

 

Escribímosvos tras un soleado día coñecendo unha nova cidade. O fogar dos Beatles contaxiounos do seu encanto e diversidade.

As 9 reunimonos na estación de bus para comenzar a nosa viaxe, tras coller o noso tren destino Liverpool a nosa primeira parada foi no world museum, onde tivemos dous horas para disfrutar das diferentes partes do museo, dende o planetarium ata as as destinadas a diferentes culturas do mundo, incluíndo unha sala de momias!! Un museo moi interactivo e cheo de contrastes.

Tras a visita o museo comemos todos xuntos no parque St. Johns Park. Almorzamos as 12.45 e importante destacar o rápido que os rapaces adáptanse aos horarios ingleses! Tras o lunch dirixímonos o centro da cidade, onde disfrutaron de tempo para visitar algunhas das igrexas ou monumentos próximos ou mercar algún que outro regalo nas súas tendas favoritas.

A última parada foi a visita o Albert Dock, onde tiveron tempo para visitar o museo marítimo así como os arredores do porto marítimo (The Docks). Tras disfrutar das fermosas vistas e uns cantos paseos dirixímonos a estación de tren para regresar a Chester!

Despedímonos felizmente doutro día en Reino Unido, moi ilusionados co que falta por chegar!

Chester – 19 de septiembre – Comezamos a rutina

Boas noites!!

A 19 de setembro os nosos rapaces e rapazas comezan o seu día a día en Chester. As 8 da mañá xa estaban todos reunidos na estación de buses central para dirixirnos todos xuntos o seu instituto.

Comeza así o seu primeiro día de clases no CIS (Chester International School), a pesar dos medos e nervios previos, sobre a relación cos buddies, os profesores, as novas normas… Podemos garantizarvos que a sorpresa foi grata para todos e todas! Con ilusión compartían as suas primeiras experiencias, moi boas impresións acerca das asignaturas, os seus profesores e compañeiros. Os nenos quedaron abraiados cas diversas metodoloxías, os recursos, instalacións e o clima das aulas.

Prexasiamos moitos retos e novas aprendizaxes máis tamén temos boas expectativas e a seguridade de que todo vai saír máis que ben!

Vemónos mañá coas novas novas!!