6/10 y 7/10- CHESTER – ÚLTIMOS DÍAS!

Buenos días desde Chester!

Últimos dos días en la ciudad. Os contamos cómo hemos pasado el Domingo:

Ayer era día de descanso en Chester pero al ser el cumpleaños de Celia le hicimos una pequeña sorpresa. Primero sus amigas mas cercanas le dieron una pequeña sorpresa en el piano de la ciudad y le dieron los regalos, se fueron a comer juntas y después de comer nos juntamos todos, le hicimos soplar las velas y le dimos un pequeño regalo de parte de las monitoras.

 

Como regalo también los llevamos a los recreativos, donde pasaron la tarde entre tiquets, billares y demás juegos. Para acabar el día fuimos todos juntos a cenar y despedirnos de la ciudad.

Hoy está siendo un día atareadísimo. Con las maletas ya listas. Los estudiantes han sido llevados por sus familias al colegio, de las cuales se han tenido que despedir ya, para pasar la última jornada en el CIS.

A las 16:15 acabarán el colegio y tendrán tiempo libre hasta las cinco y media que se reunirán con las monitoras en el campus para una última cena acompañados. Pero no acaba aquí, de 19:30 a 21:00 tendrán una fiesta donde se podrán despedir de sus buddies, de los compañeros del CIS y de los monitores locales.

Después de la jornada intensiva, nos iremos a dormir hasta las 2:30 de la mañana que sale nuestro autobús destino Londres para empezar con la locura de los vuelos y las escalas.

En nada ya estáis con vuestros pequeños.

¡Un saludo!

CHESTER-5/10/2019-LLANDUDNO

Boas noites a todos/as:

Hoxe tivemos a nosa última excursión no Reino Unido, un pobo na costa do norte de Gales, coñecido por ser un centro turístico costeiro.

Combinamos uns paseos polo porto e a cidade de estilo victoriano cunha boa caminata ó pico da montaña Great Orme, algúns subiron no tranvía máis a maioría con bo ritmo subimos o mesmo tramo incluso con ventaxa!

Tivemos moita sorte de disfrutar dunha última excursión sen choiva algunha e incluso Lorenzo asomou algún ca outro ratiño, unha milagre según os ingleses que nos acompañaban! Aquí tedes algunhas fotos dunha última viaxe nesta aventura que chega o seu fin 🙁

4/10- CHESTER – ULTIMO VENRES EN CHESTER

Boas tardes!

Último venres na cidade de Chester.

Pola maña, como de costume tivemos oiito horas de colexio, comezan as despedidas no CIS. O luns será o último día dos estudiantes no colexio e teñen que aproveitar ao máximo o tempo que lles queda.

Pola tarde tivemos a segunda parte da actividade de fotografía, onde presentaron as suas fotos al resto dos compañeiros explicando o porqué de cada foto.

Hoxe foi o último día de Nelson, o noso monitor de actividades e decidimos despedilo como se merece. Aproveitamos para sacarnos unhas fotos con el e desexarlle unha feliz viaxe de volta a casa.

Dentro de pouco seremos nos os que diremos  adeus a esta aventura, os días pasaron voando.

Maña toca a última excursión a Llandudno, ao norte de Gales.

CHESTER-3/10/19-XOGOS DE REFLEXIÓN

Boas tardes,

Disculpen a tardanza nesta entrada, onte rematamos algo máis tarde do habitual o día. Un día repleto de emocións e unión do grupo.

A saída da escola algúns cearon xuntos no centro de Chester e outros cás suas familias de acollida, para reunirnos todos as 19.30 no campus universitario de Chester. No campus, as monitoras preparamos diferentes xogos para traballar a cohesión grupal e diferentes habilidades sociais. Na primeira das actividades, por exemplo, reflexionaron sobre si mesmos, como afrontaron as súas dificultades aquí, a súa comunicación e habilidades sociais , o trato ca familia, amigos e consigo mesmos. Sempre respetando a privacidade de cada un dos nenos e nenas.

Na segunda e terceira actividade traballamos sobre prexuízos existentes na sociedade a rasgos xerais e na segunda sobre privilexios que temos para tomar conciencia dos nosos actos día a día e valorar máis todo o que nos rodea.

Foi unha actividade moi ben recibida e aproveitada polo grupo, sen dúbida algunha descubriron moito e empatizaron co resto dos seus compañeiros, limáronse pequenas diferenzas e fortaleceuse moito o grupo.

Estamos de volta a noite, máis e mellor!

CHESTER-2/10/2019-GYMKANA II

Boas noites a todos e todas!

Tan só 6 días máis en Chester, xa familiarizados ca cidade e ca rutina inglesa, sentimentos de morriña e de ledicia nesta nova terra mestúranse de pensar no fin dunha experiencia tan incrible.

Tras un día normal na escola, quedamos cás nosas monitoras para realizar a segunda parte dunha gymkana, a través de diferentes probas tivemos que chegar a novos sitios da cidade e practicar as nosas habilidades artísticas! Dende un baile inglés no anfiteatro romano ata unha actuación con Celia e Martín Estévez no piano e o resto do grupo como coro, todo un espectáculo!

Aquí tedes algunhas fotos do día, mañá máis e mellor!

Unha aperta

 

 

 

 

 

30/09-1/10 – Chester – Dous días en un.

Boas tardes,

Queremos pedirvos perdón pola non actualización do blog de onte.

Onte foi luns, e como un bo luns de outono choveu moitisimo. Pola maña, como vimos facendo dende o día un, tocou ir a clase a seguir coas dinámicas que nos están ensinando.

Pola tarde visitamos o Grosvenor Museum, que conta a historia de Chesire dende a pre-historia ata o século 20. Aínda que tivemos pouco tempo para recorrelo, o suficiente para coñecer un pouco mais a vida en Chester.
Casi en canoa chegamos as bodas casas preparados para hoxe.
O martes comezou como todos os días, quedamos na estación, paseiño ata o colexio e sete horas es media de clases.
O equipo de UKCL preparounos para a tarde Unha actividade de fotografía na que puidemos explorar os rincóns de Chester e que continuaremos o próximo día editando as fotos.
Hoxe un pequeño grupo de estudiantes disfrutamos do tempo libre no Story House vendo a película de Grease en versión orixinal.
Estos últimos días estamos intentar aproveitar al máximo a experiencia e disfrútala todo lo posible.
Boas noites!

CHESTER-29/09-VIAXE A GALES

Boas noites a todos e todas!

Rematamos a fin de semana cun viaxe a Gales, comezamos cunha viaxe en autobus vendo unhas paixases do máis rural, tan tan verde que as veces parecía que estábamos na nosa terriña.

Chegamos tras unha hora de viaxe o noso primeiro destino: o parque nacional Snowdonia en Betws e Coed, por sorte puidemos realizar unha ruta ata unhas fermosas cascadas sen choiva algunha! Despois almorzamos no pobo e volta ó bus para o noso segundo destino: o castelo de Conwy, unha fortificación considerada patrimonio da humanidade, construída no século XIII. A continuación deixamos algúns dos recordos das asombrosas vistas dende as torres do castelo e da nosa aventura nas terras de Gales.

Volvemos mañá coas novas na nosa terceira semana en Chester!!

 

 

CHESTER-28/09-EXCURSIÓN A MANCHESTER

Boas noites a todos e todas!

Sentimos a demora xa que onte non puidemos publicar o blog. O venres finalizamos a xornada lectiva e tivemos unha visita o teatro e biblioteca da cidade, Storyhouse, unha biblioteca moi diferente ás que acostumamos visitar, cun restaurante e cafetería no medio da mesma e diversos espacios nos que podes disfrutar gratuítamente dun tempo de lectura. Tras a visita os nenos/as decidiron visitar o Cheshire Oaks Designer Outlet para mercar algún que outro regalo.

Hoxe comezamos o día rumbo Manchester, tras unha hora de viaxe chegamos o MOS, o Museo de Ciencia e Industria, un museo moi interactivo con varías exhibicións como por exemplo sobre a industria téxtil ou o sol, tamén con acceso a unha antiga estación de tren. Dende o museo camiñamos o centro da cidade, chea de contrastes, edificios victorianos frente os máis modernos. Un día moi chuvioso pero moi ben aproveitado!! Aquí tedes algunhas fotos doutro fin de semana no Reino Unido!

CHESTER-26/09- GYMKANA EN CHESTER

Moi boas noites!!

Pechamos outro xoves en Chester, achégase un fin de semana do máis movidiño! O sábado visitaremos Manchester e o domingo un parque nacional en Betws e Coed máis o Castelo de Conwy de tarde. ¡Non da chegado o momento!.

Tras un día de clases rutinario realizamos unha actividade coas nosas monitoras, unha gymkana pola cidade, en catro grupos de seis personas tivemos que ir superando diferentes probas, coa axuda dun mapa xa que descubrimos novas rúas e lugares dunha proba a outra. Comezamos na plaza do concello, onde atopamos a Janya, a estatua dun elefante. Despois tivemos que atopar o ponte máis antigo da cidade, The Old Dee Bridge, e por último o reloxo máis fotografiado de toda Inglaterra despois do Big Ben, o Eastgate Chester Clock. Quedaron probas pendentes para o próxima, dado que tiñamos que voltar a casa para a cea inglesa! Pero tivemos un grupo gañador: Estela, Iago, Vicky, Martín Estévez, María e Laura Domínguez. E ben merecido, moi bo traballo en equipo!! Aquí van unhas fotos do día:

Ata mañá a todos e todas!

Chester – 25 de septiembre – Museo militar!

Boas tardes dende a cidade das murallas.

Hoxe, novamente tocou mañá de clases como cada día, nas que os nenos están aprendendo novas técnicas de estudio e novas materias que nos seus colexios non terán.

Están desfrutando a experiencia e adaptándose cada día mais a vida inglesa.

Pola tarde tocou excursión, esta vez ao museo militar de Chester. No museo puidemos ver reliquias e recreacións dende a primeira guerra mundial ata a segunda e as diferentes guerras que se disputaron aquí.

Un pouco de historia da cidade que nos axuda a coñecer un pouco mais o lugar onde estamos vivindo.