Chester – 21 de septiembre – Visita a Liverpool

 

Escribímosvos tras un soleado día coñecendo unha nova cidade. O fogar dos Beatles contaxiounos do seu encanto e diversidade.

As 9 reunimonos na estación de bus para comenzar a nosa viaxe, tras coller o noso tren destino Liverpool a nosa primeira parada foi no world museum, onde tivemos dous horas para disfrutar das diferentes partes do museo, dende o planetarium ata as as destinadas a diferentes culturas do mundo, incluíndo unha sala de momias!! Un museo moi interactivo e cheo de contrastes.

Tras a visita o museo comemos todos xuntos no parque St. Johns Park. Almorzamos as 12.45 e importante destacar o rápido que os rapaces adáptanse aos horarios ingleses! Tras o lunch dirixímonos o centro da cidade, onde disfrutaron de tempo para visitar algunhas das igrexas ou monumentos próximos ou mercar algún que outro regalo nas súas tendas favoritas.

A última parada foi a visita o Albert Dock, onde tiveron tempo para visitar o museo marítimo así como os arredores do porto marítimo (The Docks). Tras disfrutar das fermosas vistas e uns cantos paseos dirixímonos a estación de tren para regresar a Chester!

Despedímonos felizmente doutro día en Reino Unido, moi ilusionados co que falta por chegar!

avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *