CASTLEDERMOT – 23 Setembro – PILIgrosas

Viaxe con destino, Casteldermot.

Este é o noso cometido do día. Para elo tocounos madrugar, inclusive algunhas de nós, durmir durmimos pouco, outra cultura, outra língua fai que esteamos nerviosas.

Primeiro contacto con Marcos, o noso monitor. A foto có alcalde. E en especial a despedida da familia, tres semanas é moito tempo, hoxe. En tres semanas xa veremos se non estaremos intentando negociar para quedar outras tres semanas en Irlanda.

A viaxe en sí, bastante ben, ninguén de nós perdeu nada, nin se mancou. Inclusive algunha de nós osou gravar o monitor loitando por non botar unha cabezada en Barajas.

Pero bueno, retocedamos, en Peinador xa estivemos intentando sonsacar a personalidade de Marcos, por saber se vai a ser estricto ou un boa fé. Non o temos claro.

En Barajas, fixemos unha pequena tour en bus. Terminal 4 a terminal 1, non foi moito do noso agrado demasiad@s turistas.

É este foi o comezo…

E xa na terminal facturamos, comimos, charlamos, rimos, Susana durmiu, e algunhas, as alocadas quixeron facer un vídeo facendo remo na cinta do aeroporto, non o consiguiron. Pero si que hai vídeo  estar xogando no aeroporto.

Conquistando terras irlandesas

O vó a Dublín, ben, aunque cás ganas de chegar parecía que non dábamos chegado. De tal xeito que cando o avión tocou terra puxémonos a aplaudir coma tolas, a cantar o cumpleaños feliz, inclusive o piloto tamén se sumou a felicitación.

Oh oh cinta de aeroporto, desta vez conseguiron subirse e remar. Iso sí, que ninguén se entere que somos de Vigo, cidade costeira, porque remar fatal, en vez de avanzar hacia atrás, o facemos hacia adiante, marcando estilo propio neste deporte de remo. Somos PILIgrosas.

Recollemos a equipaxe, subimos ao autobús,  chegamos a Castledermot, formalidades coa familia e pillamos a cama cunhas ganas que non vexades.

Vale agora explicámovos a razón do título da entrada de hoxe. A algunha iluminada de nós non se lle ocorreu facer un xogo de palabras con PILI (Vigo) diante de Marcos, contestacion de Marcos, mirade que sodes PILIgrosas. Quen estaba a crear un grupo de WhatsApp coas estudantes? Marcos. Quen decide porlle o nome ao grupo de WhatsApp? Marcos. Quen vai a soportar o perigosas que somos? Marcos.