CASTLEDERMOT – 13 Outubro – Glendalugh e Dundrum

Hoxe pola maña fomos a Glendalugh, entramos a ver un vídeo do lugar, para a continuación saír a dar unha volts e visítalo. Nos non queríamos ir, xa que estaba a chover, pero leváronos obrigadas. Sen embargo o que ía a ser dez minutos converteuse nunha hora. E unha vez que a choiva parou e chegado ao lago animámonos. De feito aproveitamos para sacar algunhas fotos para as nosas redes sociais, e unha das nosas mellores fotos desta viaxe. Como xa vos podedes imaxinar visitamos un espazo ao aire libre que e fermosísimo.

Pola tarde fomos ao centro comercial mais grande de Irlanda, nas aforas de Dublín, o Dundrum. Cada Unha de nós fixemos as compras finais, e como non, moitas fomos ao Penneys.

 

CASTLEDERMOT -12 Outubro – Kaiak e Paddle Surf

Primeiro aquí temos as afortunadas, Ania e Iría, que no día de onte puideron desfrutar dunha tarde marabillosa coa súa host families, as cales xa lles tiñan programadas unha actividade de despedida.

Para chegar ao destino de hoxe necesitamos case 2 horas, a viaxe mais longa que fixemos das excursións levadas a cabo.

As actividade de hoxe consistía en actividades acuáticas, ao chegar descobrimos que tíñamos a posibilidades de elixir entre Kaiak e Paddle Surf. Pero como é loxico hai que enbucharse no traxe de neopreno, e as imáxes falan por si mesmas.

Pasámolo xenial!!!

As que fixemos Kaiak (coas de Carlow)

Como último fomos a Birr onde estivemos pouco tempo, e foi para visitar as fantásticas instalacións dos xardíns do castelo. Unha extensión de terreo enorme que conta con lago, río e algunha pequena construcción aparte do propio castelo que non está abierto a visitas.

CASTLEDERMOT – 10 Outubro – Un pouco de música

Comezamos o día organizando a xornada.

As pantasmas recorreron hoxe os corredores inmortalizando estas imaxes.

E non temos claro se o snak que lle deron a Iría é un snak ou veleno, apreciando o debuxo do envoltorio.

A pantasma segeu o recorrido cachandonos lacazaneando en educación física, menos mal que temos unha líder forte coma Uxía, a cal nos animou a xogar ao bádminton.

Sen embargo no lunch time chegou tarde, para descifrar todo este sin sentido escrito na pizarra, onde só se lee ‘Kemy”.

Voltereta lateral de Pilar.

Xa de tarde, bueno… A última na que fomos a comprar antes da actividade.

Na cal algunhas estivemos na aula de música. Susana tocando a guitarra, Candela o piano, e outras cantando.

Mientras Valeria e Nathalie estaban a coreografíar, Antía e Iría de cháchara dando voltas, e Lucía e Pilar… non temos as palabras exactas para definir que estaban a facer.

CASTLEDERMOT – 9 Outubro – Yo nunca…

En clase de matemáticas

Hoxe a maña tivemos moitas emocións novas, visitas inesperadas en matemáticas, teatros improvisados, tests sorpresas, resultados de probado, dedicatorias ao centro, limpieza de espacios comúns, cambio de horario… e as sorpresa de tódolos días, a actividade de Marcos que nunca a disfrutamos ata que collemos nós as rendas e o modificamos ao noso gusto, en castelán. Hoxe ‘Never Have I Ever…’ a ‘Yo Nunca…’.

Iría, a última como case sempre en ser recollida pola host mum, é por iso que non perde a sorrisa.

E non esquecer que o venres teremos outra viaxe de media tarde despois dás clases a Kilkenny.

CASTLEDERMOT – 8 Outubro – What a day!

Antía de camiño ás clases a primeira hora dá mañana.

Xa o dixemos onte, adictas á perruquería.

Así entramos no primeiro recreo na aula – punto neurálgico -.

E Pilar contándonos milongas sobre o futuro de Nathalie, Susana. Amores, fill@s, traballo e cando pasará.

Uxía móstranos un día normal de adestramento de bádminton no Coláiste Lorcáin. Adestramento imprescindible para poder competir ao mellor nivel a próxima semana. Iso sí, a pesar de non contar cunhas redes oficiais, solventa cunhas porterias para marcar á altura da rede e practicar saques.

Pola tarde aproveitando que non houbo actividades algunhas quedamos cás nosas familias e outras quedamos entre nós.

CASTLEDERMOT – 7 Outubro – Terapia de grupo II-oholic

Comezamos a semana, e parece que todas con bastante contentas.

Bueno aquí non tanto, parece que algunha de nós fomos de farra onte pola noite, que estamos pola labor de durmir. Bueno en realidade Nathalie estase a preparar para o inverno de Irlanda. O cal nos gustaría desfrutar se nos mandan a roupa de inverno dende Vigo.

Sen embargo aquí Uxía vota de menos os plátanos de Canarias, é por isto que está a subastar este plátano cunha amplia sorrisa. Malamente as grazas polo este producto, a banana.

A tarde despois da compra fixemos un xogo un pouco raro, algo así como alcohólicas anónimas pero cunhas adiccions un pouco raras: ás compras, algodóns de azúcar, a teñilo pelo, os tacóns, o xarabe, a roupa con lunares, ás series, á limpieza, ao traballo… Está claro que é un xogo, ninguén se creería que somos adictas ás compras!!!

Pero sí a perruquería.

CASTLEDERMOT – 6 Outubro – Dunmore Caves + Kilkenny

Domingo, un día marabilloso para quedar na cama. Pero non estando no PILI hai que aproveitar. Viaxar.

Pola maná fomos ás covas de Dunmore. Espectacular o que pode ofrecer a natureza. Comezamos a ver un vídeo explicativo (do cal vemos cómo se orixina esta cavidade ao longo de miles de anos), para continuar cunha visita guiada.

Non é o mesmo adentrarse na cova sen coñecer as súas dimensións, que unha vez vista poder describila. Pero primeiro para facervos unha idea é subterránea, estando o punto mais baixo a 60 metros. Para o cal temos que baixar moitos moitos pasos. Ver tanto ás paredes como ao teito é espectacular, os diferentes espazos que vimos danos a dimensión dá cova. E ver polos nosos ollos a completa oscuridade, negro absoluto é fantástico.

A única pega é que a temperatura como era de esperar non foi agradable. Pero o horroroso é a humidade, especialmente aquela que se filtra polos chan conxelando a algunha de nós os pés.

Ao remate dirixímonos a Kilkenny.

O castelo de Kilkenny e o seu xardín, Rose garden, foi o primeiro que visitamos antes de disfrutar do tempo libre. Kilkenny é un lugar fantástico, o suficientemente grande como para disfrutar dela durante horas, rúas acolledoras, río, cafés e tendas.

Sen embargo tamén nos deu tempo a relaxarnos e falar das nosas cousas na zona verde do castelo antes do regreso a Castledermot.

CASTLEDERMOT – 5 Outubro – Hoxe Dublín

Hoxe levantámonos ilusionadas. Imos a Dublín.

A actividade antes do tempo libre, que é o que realmente queremos, é visitalo EPIC – The Irish Emigration Museum.

Para isto nos entregan un pasaporte, nada mais apropiado para explicar a emigración, é mais tendo en conta que dende un país pequeno coma Irlanda, haxa tanta xente no mundo con antepasados irlandeses.

En cada unha das salas íamos vendo algo que os e as emigrantes de Irlanda aportaron aos lugares onde estiveron e ao mundo. Música, danza, deportes, deportistas, escritorxs, actores/actrices, traballadorxs e demáis personaxes. E en cada unha das salas íamos pondo un selo ata completar a visita, e porque non? Comprar algo na tenda ao final.

A continuación leváronos ao punto de encontro para quedar ás 4.00 p.m. e dende ahí comezar o tempo libre e disfrutar dá cidade e das compras. E sí, por fin a aproveitar o tempo, case 3 horas. Tampouco dan para moito pero non está mal dadas as circunstancias. O malo foi a continua choiva, que nalgunha de nós nos calou.

  1. Tendas, compras, souvenirs, fotos, roupa, colas, recordos, maquillaxe, risas, presas, mais compras, indecisión, amigas, Disney, soños… Todo nunha tarde, pero tamén esperanza, esperanza de voltar algún día. E se chove que choiva.

CASTLEDERMOT – 4 Outubro – Chating

T.G.I.F. – Thank God Is Friday – Grazas a Deus é venres.

A verdade que a mañan de hoxe foi moi tranquila, tamén é certo que rematando ás clases ás 13.20h parece que non fixeramos a metade cá outros días.

Ao rematar as clases Nathalie foi a celebrar o seu cumpleanos cá súa host family e con Antía, Iria e Valeria. O que ven sendo un día de integración cunha familia daquí.

As demáis quedamos na aula para as visitas das nais e dos pais ata pouco antes de que marchase o personal de limpieza do centro. Nesas case dúas horas comezamos dándolle ao pico. (Avisamos que estamos decididas de sabotear o vó para quedarnos durante meses acá). Unha cousa levou a outra e acabamos cunha botella xirando no centro da mesa (preguntas e respostas). Imaxinádevos que ata Marcos puxo os auriculares conectados á tablet para non escoitar nada de nada.

Aunque as seguintes imaxes non son do ben que o pasábamos, senón de escarallarnos de risa con e non de Pilar. Tivo un problema de cálculo cá cadeira.

A saída fomos a dar unha volta a , de mais de media hora por Castledermot. Comezamos na gasolineira preta ao instituto e rematamos na outra gasolineira que está na outra punta do pobo.

E na cal quedámonos durante unha hora, xa que tiña cadeiras e mesa no interior. Desta conversa que tivemos non vos contamos nada xa que nin a Marcos lle contamos nada. O cal creemos que foi a dar un paseo. Regresando para levarnos ao punto onde veñen a recollernos as nosas host families.