CASTLEDERMOT – 3 Outubro – Nathalie’s Birthday

Non nos aburridos en Colaiste Lorcain. Un día patido de baloncesto, outro misa, pois hoxe rugby. Partido televisado do mundial de rugby entre Irlanda e Rusia, 35-0. E nos encantados aunque non teñamos nin idea de como se xoga. Esperamos que o ‘Sports day’ se celebre antes do noso regreso a casa, o cal suspendeuse o venres pasado pola choiva. Tamén é certo chover non choveu, que vimos de Galícia e non nos asusta catro pingueiras.

A metade do descanso da comida entrou Marcos cunha tarta de cumpleanos e as súas 15 velas correspondentes, 15 anos. E como non, cantámoslle o Happy BirthdayNathalie en perfecto castelán. Iso sí, cando lle pedimos que pedise un desexo de cumpleanos, por pouco nolo conta, shhhh cala, que senón non se fai realidade.

Como non hai fotos (pero si vídeo), temos que mostrar ás sobras, ou dito doutra maneira a vergoña do galego.

Pola tarde conseguimos un aula para ver unha peli, Marcos cunhas muffins, e a peli “Frozen”. Ata ahí todo perfecto. Pois non. A calidade de Frozen era mala e tivemos que ver outra, “Hope Springs Eternal“. Non terminou aquí a cousa, cando xa levábamos unha hora de peli, a pantalla quedouse branca, a pesar de que o son seguise. Polo cal tivemos que rematar de ver os 20 minutos finais nun perfecto castelán de sudamérica.

Non quedou ahi a cousa, unha de nós ao sentarse despois de voltar do toilet caeuse da silla, tanto ela é algunha de nós rachamos de risa.

CASTLEDERMOT – 2 Outubro – Terapia de Grupo

A verdade que hoxe pola mañá súper hiper tranquila, mirade para a foto, é o máis salientable que sucedeu. Adiviñade que son? Tranquila mamá, ando a paus contra as mesas, pero é cousa miña.

Pero sen dúbida a que maior sorrisa esbozou foi Uxía, ten un papo que o pisa, a partir de mañá escaquea unha clase ao día para adestrar a bádminton. E o colmo de tódolos colmos é que hai dous rapaces no instituto que tamén xogan ao bádminton a gran nivel. Esta pendente a que llos presente mañá a profe de E.F, e nolas demáis estaremos atentas, a ver se son guapos.

Xa pola tarde a actividade foi sentarnos xuntas e facer terapia de grupo. Dicirvos país e nais algunha de nós quedaría outro mes máis. E iso que aínda quedan 12 días para rematar o programa.

Ao rematar a terapia de grupo xa fomos a tomar unha para celebrar.

Malpensad@s!!

Tomar unha de chocolate, galletas, patatillas, e ata unha de nós xeado. Temos un papo que nolo pisamos, enchernos antes de cear jajaja. 

 

CASTLEDERMOT – 1 Outubro – Mass & Charades

Hoxe comenzamos o día un pouco parviñas, que se ven o furacán! Que vai a pasar conosco? Vamos a saír voando!!

Voando non, pero a pé nós tocou ir a igrexa ao lado do instituto. A unha celebración da misa na cal asiste todo o centro, alumnado e profesorado, nun acto que fan unha vez ao comezo de curso.

Na misa ao comezo o director Mr. Gaughran entre outras cousas mencionoulle ao alumnado de “Show respect and do your best” (Mostra respecto e da o mellor de ti mesm@). Ao longo da misa ademais da intervención de alumnado e profesorado nás lecturas, destacar o coro e a música en directo das mozas do centro, cá dirección da mestra de música (no órgano).

Xa pola tarde antes das actividades fomos outra vez ao súper, que estabamos famélicas.

A actividade de hoxe é Charades, representar con mímica unha palabra. A cal representaba unha de nós e outras dúas tiñan que adiviñala. A verdade que a algúnha non se nos deu mal, especialmente ás fáciles.

Nesta foto vemos a Valería, representar Spicy (picante) para que adiviñen Spice girls.

E nesta outra, a Antía que cun só xesto consegeu que adiviñaran Disney Channel.

CASTLEDERMOT – 30 Setembro – Carlow

Qué gozada poder botar unha hora mais na cama, aunque só sexa ver para o teito.

Ás 10 ao chegar ao meeting point (punto de encontro) atopámonos con dous minibuses para Carlow para nós. Estaba claro que houbo unha equivocación e fixeran unha doble reserva. Lóxicamente fomos nun só.

Cal era o plan para hoxe en Carlow? Non había plan, soamente tiña que ser un plan acordado por todas.

Primeiro visita ao centro comercial, onde algunhas fixemos as primeiras compras, e onde aproveitamos para comer, antes da seguinte actividade.

Como non era de esperar a seguinte actividade era ir de compras ao Penneys, por terceiro día consecutivo. Por decir a verdade Marcos plantexase falar con Newlink para que fagan un escrito solicitando a Primark que abran unha tenda en Vigo asinado por  900 adolescentes, e que o noso alcalde nos apoie. Pero despois lle entran as dúbidas, e que vai a ser de nós @s monitores/as, se o Primark é como un parque infantil onde telos controlados e atopalos a tódalas horas. Pero danos igual queremos un Primark en Vigo xa!

A estrela do día foi Ania, a súa primeira vez nun Primark/Penneys. E tampouco resistiu comprar un fantástico paraugas por tan só 5€, mais ca nada porque chove en Irlanda, xa foi moita sorte estés días que non nos choveu.

Xa fóra do Penneys Manuela adquiriu o último disco de Lana del Rey “Norman f****** Rockwell” por un bo prezo.

O seguinte plan foi ir a bolera, aunque non todas tíñamos ganas, bueno mais ben é que o Penneys déixounos en números vermellos. Pero o problema real foi que a bolera quedaba a media hora a pé e estaba a chover (e lóxicamente había que voltar para collelo bús ás 5. Así que despois de varios minutos houbo que chegar a un non acordo de que quedaban no centro comercial e ían a bolera Ania, as Lucías, Pilar e Susana.

Na bolera chegamos algunhas mais outras e outras menos molladiñas e có obxetivo de xogar ás pistolas láser. Un 3 contra 2, pasámolo xenial nin conta da música nos demos. Estaba visto que Ania ía sacar a mellor puntuación.

E para rematar ao saír Pilar levou un susto, que lle desaparecera a carteira, menos mal que estabámos sóas. Despois de tanto buscar entre todas, deixaraa enriba da mesa do billar. ‘A cebeza non para amiguiña’.

E veña lume de carozo a recollelas demáis, e a collelo autobús de volta a Casteldermot.

CASTELDERMOT – 29 Setembro – Parque Nacional e shopping

Hoxe que nos toca?

National Heritage Park & Wexford Town

Xa comenzamos ben a maña, autobús mais grande, activity leader novo, e novo de iogurín, Joe. Non vexades como nos revolucionamos algunhas con el, da que se salvou por ter moza.

O traxecto  de menos dunha hora en bus, e benvidas ao Parque Nacional de Heritage. Primeiros vimos un vídeo introductorio do parque Nacional duns 15 minutos. Para a continuación ver cómo é.

O guía viña ca súa roupa de época, o sea pasando frío, bueno non para el, pero para nós si.

Vikingas

Cousas que puidemos aprender ao longo do tempo/historia. A habilitidade de fai séculos, inclusive de fai miles de anos. A estructura dos fogares, a súa alimentación e a caza, a relixión, sistemas de recollida de alimentos, os enterros, un muiño de pedra, etc…

Para o remate entramos na tenda do parque, e algunhas picamos comprando. Pero nada comparado ao da tarde en Pennyes (o Primark).

Cando chegamos a Wexford tivemos dúas horas libres, shoooppppping. No Penneys estábamos metidas todas as do PILI Vigo.

Tamén deunos para ir a outras tendas, ata o remate do tempo libre.

Comentar que Wexford é unha cidade pequena na costa no sudeste de Irlanda, con porto mariñeiro.

CASTELDERMOT – 28 Septembro – Bicycle & Waterford

Ao fin chega o día. EXCURSIÓN.

Greenway + Waterford city.

Tachán resulta que Greenway é unha ruta en bicicleta, pois a verdade non sabemos cómo dicilo bonito, pero NON, aquí somos unhas inadaptadas que non sabemos montar en bicicleta. Así que sete de trece fómonos a Dungarvon, destino final da ruta. Fomos en autobús con Marian a outra monitora de Carlow, e pasámolo xenial, mellor cás das bicis jejeje. Vimos a poboación, cafeta, etc…

As que fixemos a ruta fixémola co grupo de Carlow, Roberto (monitor de Carlow), Marcos e Víctoria, a activity leader. A ruta consistía en pouco mais de vinte kilómetros, cunha parada para o almorzo. Excedémonooooooooooooos en tempo, chegamos tarde e pagámola con pouco tempo libre en Waterford.

Pero voltando á ruta, pasámolo ben, recordamos en cómo se montaba en bici, nós non caímos, ás de Carlow sí, ei, tranquilidade… están todas ben, bueno non peor do que xa viñan.

Despois do almorzo parece que a comida nos deu mais enerxía, e que fixemos a segunda parte con mais alegría, que non veloces. Eh, non confundir o touciño cá velocidade. Algunhas vistas da costa moi chulas.

Como xa o dixemos, chegamos tarde a Waterford e pouco tempo estivemos nela, xa que tivemos que collelo bus de volta para estar á nosa hora na casa. Unhas compras rápidas, por exemplo, catro paquetes de pañuelos a 1€, e o tempo irlandés que fai que a metade esteamos acatarradas.

Así que ducha quente, cea, Ibuprofeno, e pa’ cama, que chove. E non deamos queixa que comezou ao rato de chegar a Dungarvon, polo cal non caiu nin gota enriba nosa na ruta en bicicleta.

CASTELDERMOT – 27 Septembro – Dancing & Café

Marcos es un pesado!! Déixanos en paz!!

Clase pa’rriba, clase pa’baixo e ala foi a mañan voando, e con ela a primeira semana de clase, non menos certo é que acabar hoxe as clases á 1.20 p.m. axuda moito.

A comer e cumplir con Marcos, xa que onte lle dixemos de que queríamos bailar e facelo nós. Ahí nos puxemas no patio cunha canción de Rosalía, xa coreografías doutras veces, e logo improvisando con otras cancións do nos gusto. A cara de Marcos era un poema por non dicir outra cousa, medía hora mais tarde a metade estábamos sentadas, ou vendo pós rapaces que estaban a adestrar no ximnasio. A ver tamén tedes que comprender que estamos na idade do pavo, aunque a Marcos iso pouco lle importa, cando dí que hai que marchar, pois hai que marchar. Menudo amargado.

Fumos a facer a parada obligatoria no super, e a algunha iluminada de nós ocorreuselle propor ir ao café de enfrente, e ala fumos (tamén puidosenos ocorrer antes de ir ao super).

Si moi ben, pero a verdade o noso non é estar paradas, á medía hora liscamos para acabar no parque. Xogo que propullo Marcos foi adiviñar un verbo previamente propósito polo grupo, o cal tiña que adiviñar algunha de nós como voluntaria, por exemplo, caso de hoxe, o verbo durmir, a persoa voluntaria (fóra do círculo) que facer preguntas de si ou non para adiviñala palabra, utilizando outro verbo gracioso/embarazoso en sustitución deste.

Para acabar no parking, onde nos veñen a recollelas familias para llevarnos á casa e cear.

CASTLEDERMOT – 26 Setembro – Fútbol gaélico e basket

Hoxe as de 5year tócanos educacion física, é por iso e porque pola tarde tócanos fútbol gaélico que todas vimos con chandal.

Iso sí atopámonos cá grata sorpresa que escaqueamos a mitade de E.F., por motivo que houbo encontro de baloncesto entre o equipo dá escola contra outro de afora, gañamos por 39 puntos, que malleira. Aunque algúnha estabamos máis atenta a algún xogador que ao partido, cousas nosas.

En clase de E.F. tocounos xogar a baloncesto, bueno a Antía non, que non lle gusta, pero con iso de que houbo partido quedouse Marcos e deu toques de balón (fútbol) con Antía e algunha máis.

Bueno  dicir que Uxía non tiña claro que facer cá pelota, ver como colle un rebote ofensivo debaixo da canasta onde ten que encestar, estar soa e avanzar en sentido oposto en vez de encestar non ten valor.

Xa pola tarde fomos ao campo de rugby que hai aquí no centro. Para dar os nosos primeiros pasos no fútbol gaélico. Para os que non conezades este deporte é típico irlandés, e está en auxe en Galicia, de feito hai unha liga galega con 7 equipos femininos, entre elas o Keltoi Vigo. Pero máis importante é mencionar ca nosa selección galega participou no campionato do mundo este verán sendo as europeas mellor clasificadas, terceiras.

Cousas básicas deste deporte son: A puntuación, gol en portería vale 3 puntos, meter a pelota entre paus, 1 punto; os pases con golpeo da pelota dende a man, e có pé (saltando a pelota dende a man); se a pelota esta no chan non se pede collela cá man, hai que levantala có pé antes; e para avanzar cá pelota cada catro pasos hai que facer un solo (golpear a pelota có pé) e/ou un bote no chan.

A verdade para ser a primeira vez non estivo mal, sin ser porque non temos punteira, polo menos corremos, como galiñas sen cabeza.

CASTLEDERMOT – 25 Setembro – Who I am?

Vamoooooooos!!!

Segundo día de clase, e xa nos dan os horarios do resto de días da semana. Xa temos resolta a duda de cando temos que levar o chandal para P.E. (E.F.) e podemos respirar máis tranquilas e Marcos tamén.

Polo demáis ben, situando as aulas para ir ás clases. A consecuencia de que sexamos as novas estrelas do centro, fai que a subdirectora Ms. Wafer nos dera a benvida ao centro nas redes sociais e desexándonos unha estancia proveitosa e agradábel.

Algunhas dás asignaturas descoñecidas para nós son Home economics;  Business; Carrers; Wood work.

Xa pola tarde fixemos unha compra rápida, aprovisionamento de comida para levar unha dieta equilibrada, vaia, o que vén sendo galletas, chocolate e refrescos. Unha vez rematada a compra. Buscamos un parque para estar todas xuntas, bueno, máis cá un parque é unha zona verde.

Cometido da tarde xogar a Who I am? (Quén son?) Sentadas en círculo Marcos nos colocaba un papel co nome dunha personaxe famosa sen que cada unha de nós soupésemos cál é a personaxe que nós tocou. Para adiviñar a personaxe íamos facendo preguntas de tal xeito que as demáis só podían responder con yes ou non.

Iso sí, non tíñamos nin idea que Pablo Casado teña coleta e que church traducido a castelán fose Casado e non Iglesias. Como nós é esta *****, como faga así nas eleccións xerais do 2024 é capaz de gardar o sobre dentro da papeleta. Jajajaja.

Pero bueno algunha de nós sufrimos para adiviñar, Susana non, foi a primeira en adiviñar a súa personaxe, Cleopatra, debe de ser que como as dúas son divas, están conectadas.

E para cantar tamén nós deu: “I’m a Barbie girl in a Barbie world / Life is plastic, it’s fantastic…”, que non se diga que non temos cultura musical dos 90.

CASTLEDERMOT – 24 Setembro – “¿Tenemos que llevar chandal?”

Como estás?, Que tal coa túa familia?, A túa habitación como é?, Entendes a túa  familia cándo che falan? Estas e outras preguntas son as que  nós facemos á chegada ao noso novo centro “Colaiste Lorcain”. As sensacións son positivas, bueno, tampouco tanto, temos vergoña para comunicarnos e necesitamos aínda uns días  para lanzáronos e talk in English with them.

Á primeira hora veu o director a recibirnos, e a continuación veu Nicky, o CEO da empresa irlandesa que xestiona a nosa instancia aquí. Veu a falarnos para darnos uns consellos e normas do centro e Irlanda, como somos responsables vamos a facer todo ben. Ao finalizar voltou o director para darnos o horario do día de hoxe, onde puidemos escoller as opcionaias. Bueno dividironos previamente por idades 2nd year (14 anos) e 5th year (15anos).

Todo isto na aula de reunións para @s nais e pais. Non hai mellor aula que nos poidesen asignar, e non o décimos por nós, senón por Marcos. A volta de cada clase, íamos a esa aula, a romperlle a cabeza, todas falandolle á vez. Claro cómo é o único adulto que nos entende, bueno… cando non se lle dá por facer que só entende inglés.

E na hora da comida, qué? Marcos imos fóra a comer para socializar c@s de aquí. -A todo isto que aínda non volo dixemos o centro é mixto, hai rapaces.- A Marcos se lle iluminaron os ollos, debeu pensar en tranquilidade, pois nin dous minutos e xa estabamos alí as 13 de volta con el, e falando polos cóbados nin no mercado do Berbés ou Calvario había tanto rum rum.

Xa nos esquezíamos, “Tenemos que llevar el chandal?” Está foi a pregunta que máis veces fixemos no grupo pola tarde, para saber se ao día seguinte había que levar chandal ao centro, se creasemos un Hashtag da pregunta sería número 1 en Castledermot. 

To be continúe… / Continuará