VIAXE A SOUTHWOLD, ST FELIX SCHOOL 29/10/2023- Presentación Belén e Lara

Ola familias! Xa queda menos para irnos a St Felix School e antes de emprender esta aventura imos presentarnos un pouquiño:

Chámome Belen, teño 26 anos e estudei Bioloxía e educación ambiental. Son unha apaixonada da natureza, dos bichos, de viaxar e do mar. Debido a isto levo 2 anos sendo monitora de campamentos de verán tanto por Galicia coma no estranxeiro.

Ademáis, de cativa tamén me fun de intercambios e o recordo como unha das experiencias más máxicas da miña adolescencia. Antes da viaxe as emocións están desatadas, todo son nervios e inquedanzas pero non vos preocupedes, as monitoras imos estar con vós para todo o que precisedes! Estamos desexando que desfrutedes tanto coma o fixemos nós 🙂 Só vos pedimos unha cousa: GAÑAS, gañas de aprender, de participar, de desfrutar, de colaborar, de pasalo ben…. e ser un grupazo!

Facede a maleta, non esquezades nada importante e durmide moito que o venres toca madrugón.

Un saúdo e vémonos no aeroporto

 

Ola! son Lara, teño 24 anos e vou ser outra das vosas monitoras en Southwold!

Son de Chapela, un “pobo” xusto o ladiño de Vigo (pero ollo! é Redondela!). Son graduada en Interpretación textual pola Escola de Arte Dramático de aquí de Vigo. Teño traballado con nenas dando clases de teatro, sendo monitora en campamentos e organizando eventos para dinamizar centros culturais.

Contando un pouco máis de mín, non é a primeira vez que viaxo a Reino Unido con programas deste tipo, xa van varias e estou encantada de repetir!
É obvio que me encanta viaxar, o teatro e tamén a música (canto e toco diferentes instrumentos), os animais, adoro ir de rutas polo monte e probar diferentes deportes, a danza… En xeral todo o que teña que ver coa arte e a natureza. Aínda que tamén teño o meu lado “friki” cos videoxogos. Demasiadas cousas no pouco tempo que teño!

Estou moi emocionada por acompañarvos nesta experiencia e agardo que esteades con tantas ganas coma di Belén!! (e con menos nervios!)

Vai ser unha experiencia chulísima e imos pasalo súper ben!

 

E unha vez contado todo isto sobre nós, xa queda menos para coñecernos todos e todas  e iniciar a nosa experiencia no Reino Unido, últimos preparativos e xa estamos voando!

Aquí adxuntamos algunhas fotos nosas para que nos coñezades mellor.

Belén:

Lara: