Presentación monitores – Ashford

MOI BOAS A TODOS/AS, FAMILIAS!

Somos Ismael e Alberto, os monitores que vos imos acompañar ao longo destas 3 semanas por terras británicas. Con esta presentación esperamos que saibades un pouco de nos antes de coñecernos.

Eu son Ismael e teño 25 anos. Estudei a carreira de Linguas Estranxeiras, na que desenvolvín o meu nivel de inglés e na que aprendín algo de alemán. En canto ao mundo laboral sempre estiven rodeado de rapaces. Cando estudaba na carreira gañábame a vida dando clases particulares de inglés. Fai 3 anos participei por primeira vez no proxecto Vigo en inglés, do cal gardei un bo recordo, pero non tiven a ocasión de repetir debido á Covid. Este último ano estiven traballando como recepcionista nun parque infantil, pero en canto vin a opción de volver a formar parte deste programa non o dubidei nin un segundo.
Esta será a cuarta vez que forme parte do Vigo en inglés como monitor, pero afróntoo con tantas ganas e ilusión como a primeira.

En cuestión de horas verémonos no aeroporto, non podo esperar a que por fin nos coñezamos! Déixovos aquí unha foto do mes pasado coa sudadeira do Vigo en inglés para que me recoñezades no aeroporto con máis facilidade. Vémonos pronto!

 

Moi boas!

Eu son Alberto e serei un dos vosos monitores de Vigo en Inglés durante estas AMAZING THREE WEEKS. Este é o Blog polo que seguiredes esta aventura!
TIC TOC, TIC TOC, TIC TOC… Aínda que hoxe en día máis ben é TIKTOK, TIKTOK 😉

Imos falar un pouco de min para presentarme como é debido. Teño 26 años anos e estudiei a carreira de Educación Primaria. Tamén son Monitor de ocio e tempo libre e fixen diferentes cursos relacionados co mundo educativo, ambiental e social. Acabo de participar nunha edición do Vigo en Inglés e estou collendo forzas para esta.

Como podedes ler falo galego, tamén castelán e inglés e algo de francés. O inglés é un idioma que, como xa sabedes, serve de catapulta para transportarnos e achegarnos a outros países, culturas, relixións, etc. Esta experiencia serviranos a todos/as a mellorar en moitos ámbitos da nosa vida cotiá. É unha experiencia que será interesante xa sexa por ser a primeira vez que se sae ao estranxeiro ou porque se estará cunha familia de acollida coa que hai que comunicarse noutro idioma. A cuestión é que será unha viaxe fantástica!


Soy un chico inquieto y, al igual que vosotros/as, también se pasan nervios antes y durante el proceso de un viaje como este. Durante las próximas semanas seremos un grupo unido que compartiremos, aprenderemos y disfrutaremos de una experiencia inolvidable. Cuidaré de este grupo lo mejor posible. No os preocupéis por nosotras/os, estaremos mejor que vosotras/os. ¿Ya habéis buscado Ashford y toda la zona en Google Maps?

Por último, deciros que no os olvidéis de llevar lo indispensable: pasaporte, permiso paterno, DNI, tarjeta sanitaria europea y, sobre todo, muchas ganas de iros a Reino Unido y hablar inglés. Venid con la sudadera de Vigo en Inglés y mascarilla. ¡Ya no queda nada para que esto empiece!

Dear students, welcome to the journey of your lives! Don´t forget to bring everything you
need. Prepare yourself and practice daily expressions in ‘inglis’. We´ll wait for you at the
airport,

SEE YOU ALL SOON!
VIVA VIGO!