Volve Ashford en National Vigographic!
Retransmitindo desde o condado de Kent para as familias de Vigo. Este grupo volve a carga despois dun domingo pasado por auga. Iso sí, no afternoon púdose ver un fermoso arco da vella desde as casas de acollida.
As/os estudantes volveron as clases e tamén as excursións. O luns 24 xogaron aos bolos divididos por equipos:
Depois Paul e Jill, actuais teachers e tour guides, leváronos ata Designer Outlet, un centro comercial diseñado para facer as compras, tomar un café ou levar as nenas/os a xogar no Playground.
Por suposto que non foi a primeira vez que viñeron e pode que tampouco a última.
O martes comezaron as clases cambiando as dinámicas e os exercicios xa que o alumnado, dividido en dous grupos, non estaban super interesados/as en ter soamente clases de inglés ou, polo menos, coas propias lessons. Cousa rara que boten de menos bioloxía, historia, matemáticas, etc, pero así é. Así que acabaron cantando e facendo novos proxectos.
Despois do lunch dirixímonos ata o pobo costeiro de Broadstairs. E unha vez máis esas sentences de Paul quedaránnos no recordo para toda a vida: “Listen..listen…listen”, “Closer…closer…closer, I dont gonna bite you” ou “Be careful crossing roads”.
Alí camiñamos pasando por distintos comercios e pola casa onde se criou Charles Dickens ata que chegamos á praia. Mentres uns xogaron ao fútbol outros deron unha volta pola zona.
O mércores foi un día de clases e de tempo libre pola tarde. Para darlle emoción nos breaks polas mañás organizouse uns torneos de futbolín, ping-pong e FIFA, que son os pasatempos entre clase e clase. Foi emocionante ver como participaron e xogaron deportivamente. A final de cada xogo realizaouse o venres. Velaquí como nos prepararamos para as finais.
O xoves volvemos de excursión a Canterbury. Desta vez para visitar a maxestuosa e histórica Catedral e para ter tempo libre para visitar os fermosos lugares que amosa esta cidade de encanto.
Foi unha pena ver que, como moitos edificios antiguos, estaban reparando unha das entradas da vella muralla que rodea a Catedral de Canterbury así como a propia catedral. Igualmente podemos observar e respirar un entorno cheo de historia, relatos e arquitectura medieval.
O venres 28, esta mesma mañá, xogáronse as finais dos torneos durante o break do lunch.
Hoxe terán algo de tempo libre aínda que moitas xa saben que en nada volven as clases en Vigo e hai deberes que rematar. Aquí están a gusto sen certas preocupacións académicas. Están a coñecer máis sobre Inglaterra e a vida nesta rexión de Gran Bretaña. Xa nos queda menos dunha semana para estar de volta e regresar a Galicia.
Volveremos cunha morea de fotos!