FLINTSHIRE 21.09 Venres lectivo

Boas!! Por fin é venres!!!

Hoxe foi un día bastante normal, xa que tivemos clase de 9:00 a 15:00. Coma sempre, xantamos xuntos na cantina e quedamos alí ao remate das clases para xuntarnos todos e ir a coller o bus para a nosa actividade da tarde.

Xa que todo o grupo estaba ansioso por ver algunhas tendas fomos a un área comercial que hai pola zona, onde puideron visitar diferentes tendas e lugares para comer. Ao remate da actividade marchamos todos para casa, xa que mañá imos de excursión a Chester todo o día e necesitamos as pilas ben cargas!!!

Un saúdo e bo fin de semana!

FLINTSHIRE 20.09 Dia pasado por auga

Hoxe foi o noso segundo dia de clases. De novo asistimos a todo tipo de clases: matemáticas, ciencias, historia, ximnasia, … e ao mesmo tempo relacionámonos cos nosos buddies e os seus amigos!

Aqui podedes velos na hora do xantar na cantina do colexio, onde se reunen tódolos estudiantes durante o lunch break de 45 minutos.

Ao rematar as clases, a pesar de que chovía moito, fixemos a nosa actividade a toda prisa a pesar da chuvia. Consistía en dividirse en grupos e pasar unha serie de probas, que consistían en ir sacando fotos a determinadas cousas que íamos atopando polo noso camiño, como por exemplo: un acivro, típico do nadal nos países anglosaxóns, unha foto dos membros do noso equipo saltando, facendo a forma dunha “A”…

Rematamos a actividade nun café onde puidemos beber e comer algo e despois foron recollidos polas súas familias de acollida ou colleron o bus ata casa.

Deixovos aquí unhas fotos da actividade de onte!!

Estas son algunhas das buddies dos nosos estudiantes

 

Un dos grupos facendo a letra “A”

FLINTSHIRE 19/09 – Primeiro día de clase

Hoxe foi o noso primeiro día de clase en Argoed High School. Todas e todos quedamos marabillados co colexio, é enorme! Teñen aulas para talleres de cociña, talleres con madeira, …

Todas e todos coñeceron aos seus buddies, aos que acompañaron a tódalas súas clases de hoxe. Asistiron a clase de galés, español, matemáticas, bioloxía, …

Xantamos todos xuntos durante a pausa, para poder falar de como nos foi o día e despois volveron a asistir ás clases ata as 15:10 que rematou a xornada escolar. A esa hora fixemos unha ruta de orientación para que cada unha e cada un saiban qué bus ten que coller e cal é a súa parada, e fixeron as rutas acompañados ou por min ou polas nosas dúas coordinadoras.

Moitos de nos ceamos hoxe ás 18:00, xa que aquí levan uns horarios un pouco diferentes!

FLINTSHIRE 18/09 – VIAXE DE IDA

Onte foi un día moi intenso! Voamos de Vigo a Madrid unha hora ante do previsto, debido a cuestións meteorolóxicas. Unha vez en Madrid tivemos que cambiar da T2 á T4, apurando moito coas nosas maletas. Pero finalmente todo saíu ben e ás 17:00 (hora local) chegamos ao aeroporto de Manchester.

Dende alí leváronnos en autobús ata o noso instituto, Argoed High School. Chegamos ás 20:00 e cada un marchou coa súa familia de acollida!

Na foto podedes ver aos dous grupos que voamos xuntos (Prestatyn e Flintshire) á nosa chegada ao aeroporto de Manchester.