FLINTSHIRE 1.10 Obradoiro de cociña

Boas!! Hoxe estreamos novo mes!!

As nosas primeiras horas deste luns foron un pouco perezosas, fai un pouco de frío, empezamos unha semana de clases… pero co paso das horas xa nos fomos despertando e animando todos, porque a nosa actividade de hoxe despois da escola foi cociñar!! Sopesamos todo tipo de recetas porque non tiñamos nin idea, ata que non chegamos alí non nolo dixeron!

Resultou ser un “obradoiro” para facer e decorar magdalenas! (Cupcakes, non son o mesmo, pero bastante similares).

Divididas en parellas, primeiro mezclamos os nosos ingredientes (azucar, margarina e fariña) para facer a nosa mezcla, e, unha vez feita, dividímola nos diferentes moldes e as metimos no forno 12 minutos!

Unha vez fora e un pouco frías, puxemonos mans á obra para decoralas! Todo un espectáculo!

Aquí vos deixo algunhas fotos de todo o proceso:

Isto foi todo por hoxe!!

29.09 Excursion a Snowdonia

Boas!!

Hoxe imos de excursion!! Desta vez tocou Snowdonia, un parque natural de Gales. As 9:00 recolleronnos no bus e fomos ata Prestatyn a buscar ao outro grupo e a sua monitora.

Ao chegar tivemos media hora de tempo libre e despois fomos a facer unha pequena caminata bordeando un rio, que durou un pouco mais de media hora. Un sitio precioso!

Despois volvimos a montar no autobus e recorrimos unha estrada entre duas montanhas na que se nos cruzou un rebanho de ovellas e tivemos que esperar 10 minutos a que pasaran todas! Despois chegamos a unha vila ao borde dun lago onde comimos e tivemos algo de tempo libre para pasear e ver o lugar

A nosa seguinte parada foi “Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch”, o lugar co nome mais longo do mundo!

Fixemos unha ultima parada nunha praia, onde as rapazas e rapaces estiveron xogando nun parque ata que chegou a hora de marchar.

E isto foi todo por hoxe!

FLINTSHIRE 28.09 PISCINA EN CHESTER

Boas!!

A nosa manha de hoxe, coma o resto dos dias da semana consistiu en ir a clase dende as 9:10, comendo todos xuntos na Cantina durante a pausa. Durante as suas clases libres comezamos a traballar nun poster sobre Galicia, onde ilustraremos e relataremos os aspectos que mais nos gustaria descatar da nosa terra. Por agora estivemos traballando sobre a nosa lingua, os monumentos e parques naturais, pasando pola nosa gastronomia e detendonos no Celta de Vigo. Mais concretamente falamos sobre a Catedral de Santiago, a Torre de Hercules, as Illas Cies, os celtas e os castros, Rosalia e Castelao, os principais paises aos que emigraron os galegos ao longo da historia, onde se situan as diferentes cidades e lugares que nos gustaria que conheceran…

Se tedes alguna idea, por favor, dicidenola!!

A nosa actividade de hoxe pola tarde consistiu en ir a piscina. Pero non a unha calquera! Fomos ata Chester todos xuntos no autobus e, cal foi a nosa sorpresa ao chegar a piscina? Tinha un tobogan enorme!!! Todas e todos o pasaron en grande!! Deixovos a continuacion un par de fotos de Chester e da piscina para que a vexades!

Isto e todo por hoxe!!

FLINTSHIRE 27.09 DRAMA WORKSHOP

Boas!!

Hoxe, coma sempre, estivemos toda a manha na escola e aproveitamos a boa temperatura e o sol para pasar algo de tempo no patio! Ao rematar de comer na cantina, por exemplo, baixamos a unha mesa ao sol para falar mentras non tocaba volver a clase.
A nosa actividade de hoxe pola tarde foi “Drama workshop” (taller de teatro) vinheron unha profesora e un profesor, xunto con algunhas alumnas inglesas que se quixeron sumar a actividade! Todos xuntos fixeron diferentes exercicios de improvisacion, expresion corporal, xogos e, por suposto, teatro! A verdade e que foi moi divertido, todos o pasamos moi ben e rimos moito!
Aqui podedes velos en plena accion!
Manha imos ata Chester porque nos toca piscina como actividade da tarde!
Isto foi todo por hoxe!

FLINTSHIRE 26.09 Dia internacional das linguas

Boas!! Hoxe na escola celebramos o Dia internacional das linguas!

Pola mañá, coma sempre, acudimos a clase e rematamos as 15:00. Estos días veu un pouco de bo tempo e podemos disfrutar dun pouco de sol durante o recreo e a hora de xantar!
A nosa actividade da tarde consistiu en axudar no centro cos preparativos, xa que tamén era o dia de portas abertas para que os pais poidan coñecer as instalacións e decidir se traeran as suas fillas e fillos a este centro cando chegue o momento. Para isto, algunhas axudamos a preparar comidas de diferentes países para o departamento de linguas:  queixo francés, embutido de español, queixo italiano, croissants franceses…
Outros axudaron a transformar a aula de ciencias na aula de pocións do profesor Snape (Harry Potter) como se estiveramos na súa mazmorra: preparamos pocións para poñer en tubos de ensaio nas mesas, colocamos telas de araña, enchemos un caldeiro con chucherias…
Despois, 6 das nosas estudantes quedáronse para axudar as profesoras de idiomas coas actividades preparadas para as portas abertas, como xogos de identificar a procedencia da comida, xogos de colorear ou sopas de letras con palabras en español!
Isto e todo por hoxe!

FLINTSHIRE 25.09 Spanish assembly e tarde de deportes

Boas!

Hoxe tivemos un comezo de día interesante: ás 8:45 un membro do concello de Mynydd Isa veu a coñecer ao noso grupo e fixeron unha pequena presentación sobre Vigo ¡diante de case todos os alumnos! A verdade é que foron moi valentes!

Durante o resto da mañá atenderon ás súas clases coma sempre e xantamos todos xuntos na cantina. A nosa actividade da tarde estivo centrada nos deportes! No mesmo recinto do instituto o grupo xogou un acalorado partido de baloncesto xunto co entrenador e despois todos aprendimos a xogar ao dodgeball, a variante inglesa do brilé. É moito máis complicada porque se xoga con varios balóns e pódese volver ao xogo despois de eliminado se consigues coller un balón. Creo que non collimos de todo o xogo, pero pasámolo moi ben, que é o importante!

¡Isto é todo por hoxe!

FLINTSHIRE 24.09

Boas!! Comezamos unha nova semana en Flintshire!!

A partir de hoxe as e os estudantes asisten a clase en parellas, así están sempre acompañadas e poden participar dun xeito máis cómodo nas clases. Nas súas horas libres están a traballar nuns pequenos encargos para o Día Europeo das Linguas, que celebraremos no instituto o mércores!

A nosa actividade de hoxe pola tarde consistiu nun paseo pola natureza, concretamente por un parque chamado Wepre Park. Neste hai un río, pontes de madeira, cascadas e ata as ruinas dun castelo dende o cal puidemos disfrutar as vistas dende a altura. Un lugar perfecto para pasear e airearnos un pouco despois de toda a mañá no colexio!

FLINTSHIRE 23.09 DÍA COAS FAMILIAS

Boas!!

Hoxe foi un día sen actividades no que seguramente todos puidemos durmir un pouco máis que o resto da semana. Algúns das e dos estudantes quedaron para comer, a outros os levaron de excursión e outros simplemente quedaron na casa a descansar para comezar con forza a semana que temos por diante!!

Seguirei informándovos de tódalas nosas aventuras por Gales!

Graciñas por ler!

FLINTSHIRE 22.09 EXCURSIÓN A CHESTER!

Boas!! Hoxe tocou excursión de día completo a Chester!!

Xa ás 9:00 fomos recollidos polo noso bus, no que xa viña o grupo de Prestatyn para visitar Chester con nós. Chegamos a Chester ao redor das 10:00 e emprendimos a nosa fría visita. Comezamos con xogo de pistas no que, por grupos, tiñamos que resolver un asasinato. Cada pista estaba estratétixamente colocada en diferentes puntos de interés histórico e turístico da cidade: a muralla romana que a rodea, a ponte na que Daniel Defoe exerceu de espía, o río Dee, o concello, …

Aquí podedes ver aos dous grupos na muralla romana:

Ao completar a actividade tiveron tempo libre para coñecer a cidade ao seu aire, e, a medida que foi avanzando o día tamén se fixo máis cálido! Iso sí, choveu e deixou de chover varias veces! No que respecta ao tempo sentímonos como na casa!! (cuns cantos gradiños menos)

Aquí podedes ver unha foto do grupo no lugar máis icónico de Chester, o reloxo erixido en honra aos 60 anos de reinado da raíña Victoria:

Aquí unhas fotos da cidade, encantounos! A verdade é que é preciosa.