FLINTSHIRE 6.10 EXCURSIÓN A LIVERPOOL

Bos días! Hoxe toca excursión!

Tocounos madrugar como calquera outro día e quedamos as 9:00 no instituto (o grupo de Wrexham as 9:00 alí tamén). A esa hora emprendemos o noso camiño cara Liverpool, nun día que parece que vai a ser bastante movido.

Chegamos temprano, sobre as 10:30 xa estábamos alí preparados para o noso día! Dividímonos en dous grupos: uns foron ao estado de fútbol do Liverpool e os outros fomos aos muelles, onde nos atopamos cunha estatua enorme de The Beatles, coa que nos sacamos unha foto de grupo.

 

A continuación déronnos tempo libre, e algunhas de nos aproveitamos para ir a visitar o museo de The Beatles. Prometía ser bastante interesante, e así foi! Estivemos dentro 1h30m (e porque non nos deixaron máis!).

No museo puidemos coñecer a historia dos Beatles grazas a unha audioguía incluída no ticket, que nos foi guiando pola súa historia dende que se coñeceron sendo adolescentes, os seus primeiros concertos, como foron ata Hamburgo, o productor co que firmaron o seu primeiro contrato (ao que eles mesmos chamaban o quinto Beatle) e a historia de como o mundo os coñeceu. Así mesmo, puidemos ver tamén os seus anos de fama e como finalmente se separaron debido a varios factores. A última parte do museo está dedicada á vida e carreira de John Lennon e Joko Ono por unha parte, a posterior carreira de George Harrison e Ringo pola outra, e, por último a Paul McCartney.

Mentras nós estábamos no Museo dos Beatles, outras e outros aproveitaron para visitar o Museo do Titanic ou o Museo de Arte Contemporánea.

Ao saír do museo reunímonos co resto do grupo para comer nunha área un pouco máis comercial, onde tiveron varias horas de tempo libre nas que fixeron compras e puideron pasear e coñecer a zona.

Algunhas fomos a ver un desfile que había na cidade: xigantes!! Figuras enormes, unha dun neno, o pai, a nai, o can… foron os que vimos, pero había máis! Para volver tivemos que cruzar polo medio do desfile, foi un pouco caos para coordinarnos, pero a sorte foi que puidemos ver aos xigantes ben de cerca!!

Despois disto, volvemos no autobús ata Flintshire e cada un de nós marchou para casa a descansar despois dun longo día!!

Claudia

FLINTSHIRE 5.10 PELI E PIZZAS

Bos días! Por fin é venres!

Todos o estaban desexando. Xa se lles nota no corpo e no ánimo que estamos a pouco do fin de semana! Coma tódolos días foron a clase e almorzamos todos xuntos na cantina!

Hoxe rematamos o noso póster! Quedou realmente chulo, todas e todos colaboraron pintando, pegando os recortes, coloreando e facendo os títulos dos nosos apartados.

E por fin, chegou a nosa última actividade antes do fin de semana! Hoxe pola tarde imos a ver una película co proxector nunha aula. Susanne, que nos acompañou todas as tardes durante a nosa viaxe para guiarnos a axudarnos, chegou un pouco máis temprano e cociñou varias pizzas para nos. Ademáis, trouxo zumos para todos e palomitas con toffee para ver a película!

Ao rematar cada un de nós marchou á súa casa a descansar, xa que mañá imos a Liverpool e necesitamos a enerxía!

Xa vos contarei que tal nos foi alí!

Claudia

FLINTSHIRE 4.10 Patinaxe sobre xeo!

Boas!!

Hoxe disfrutamos dun día de relativo bo tempo, en comparación cos anteriores! Pola mañá seguimos a traballar no noso póster durante as nosas horas libres. Coma sempre, comimos todos xuntos na cantina, e na mesa do lado únense algunhas das compañeiras inglesas para falar con nos!

Pola tarde, despois de clase, collimos o bus todos xuntos e fomos ata Queensferry, onde patinamos sobre xeo! Era unha pista enorme onde había profesionais entrenando e, puidemos ver na mesma pista que tamén é un campo de hockey sobre xeo. Era enorme!

Ao principio todass (eu incluída) patinamos pegados á parede, un pouco inseguras, para poder agarrarnos por se caíamos… pero poucas veces pasou! Descubrimos que Antón se desenvolve bastante ben sobre o xeo! Noa e Pablo sorprendéronnos coa súa velocidade! Paula ao principio iba un pouco desconfiada pero, pouco a pouco, foi alonxándose da parede e patinando con moita axilidade!

Houbo algunhas compañeiras ás que lles costou un pouquiño máis, xa que ou ben nunca se puxeran uns patíns ou, polo menos, nunca sobre xeo! Aínda así, desenvolvéronse bastante ben e todas intentamos axudalos e explicarlles para que puideran aprender e perder o medo, e parece que funcionou! A medida que pasou o tempo foron mellorando! Iso si, deberían seguir practicando en próximas ocasións para non esquecer o aprendido!

En canto me deixe subir as fotos (dame erro) ensinareivos as que puiden tomar do grupo, espero que vexades algo, porque coa velocidade que levaban era difícil pillalos!

 

FLINTSHIRE 3.10 Día de compras

Boas!!

A nosa mañá de hoxe consistiu, coma todas, en asistir ás clases e, durante o noso tempo libre, traballar no noso póster, que vai avanzando pouco a pouco! Xa comezamos a imprimir e colorear algunas cousas, asi como a escribir os nosos títulos e textos! Está quedando marabilloso! Cando o rematemos ensinareino por aquí, xa que vai a quedar no corredor do colexio exposto ao lado da clase de linguas!

Hoxe pola tarde fomos ata Broughton, un área comercial para que o grupo dera unha volta por alí e fixera algunhas compras!

E isto foi todo por hoxe!!

 

FLINTSHIRE 2.10 Deporte!

Boas!!

Hoxe comezamos o martes con moita enerxia!! Asistindo ás clases, como tódalas mañás e almorzando todas xuntas na cantina durante o “lunch break”. De vez en cando únense a nos algunhas compañeiras inglesas para charlar con elas un rato!

Esta semana, como xa vos dixen, comezamos a traballar nun proxecto durante as nosas clases libres! Cada persoa ten asignada unha tarea sobre a que terá que investigar un pouco (temos, entre outros, a Torre de Hércules, a Castelao, Rosalia, o galego, o Camiño de Santiago…) con toda esta información imos a crear un póster para que as e os estudantes do centro saiban un pouco de onde vimos!

A nosa actividade de hoxe pola tarde foi deportes, na que ensinamos a xogar a algunhas alumnas inglesas ao brilé, xogamos un partido moi intenso! Foi moi divertido!

Isto é todo por hoxe!

FLINTSHIRE 1.10 Obradoiro de cociña

Boas!! Hoxe estreamos novo mes!!

As nosas primeiras horas deste luns foron un pouco perezosas, fai un pouco de frío, empezamos unha semana de clases… pero co paso das horas xa nos fomos despertando e animando todos, porque a nosa actividade de hoxe despois da escola foi cociñar!! Sopesamos todo tipo de recetas porque non tiñamos nin idea, ata que non chegamos alí non nolo dixeron!

Resultou ser un “obradoiro” para facer e decorar magdalenas! (Cupcakes, non son o mesmo, pero bastante similares).

Divididas en parellas, primeiro mezclamos os nosos ingredientes (azucar, margarina e fariña) para facer a nosa mezcla, e, unha vez feita, dividímola nos diferentes moldes e as metimos no forno 12 minutos!

Unha vez fora e un pouco frías, puxemonos mans á obra para decoralas! Todo un espectáculo!

Aquí vos deixo algunhas fotos de todo o proceso:

Isto foi todo por hoxe!!

29.09 Excursion a Snowdonia

Boas!!

Hoxe imos de excursion!! Desta vez tocou Snowdonia, un parque natural de Gales. As 9:00 recolleronnos no bus e fomos ata Prestatyn a buscar ao outro grupo e a sua monitora.

Ao chegar tivemos media hora de tempo libre e despois fomos a facer unha pequena caminata bordeando un rio, que durou un pouco mais de media hora. Un sitio precioso!

Despois volvimos a montar no autobus e recorrimos unha estrada entre duas montanhas na que se nos cruzou un rebanho de ovellas e tivemos que esperar 10 minutos a que pasaran todas! Despois chegamos a unha vila ao borde dun lago onde comimos e tivemos algo de tempo libre para pasear e ver o lugar

A nosa seguinte parada foi “Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch”, o lugar co nome mais longo do mundo!

Fixemos unha ultima parada nunha praia, onde as rapazas e rapaces estiveron xogando nun parque ata que chegou a hora de marchar.

E isto foi todo por hoxe!

FLINTSHIRE 28.09 PISCINA EN CHESTER

Boas!!

A nosa manha de hoxe, coma o resto dos dias da semana consistiu en ir a clase dende as 9:10, comendo todos xuntos na Cantina durante a pausa. Durante as suas clases libres comezamos a traballar nun poster sobre Galicia, onde ilustraremos e relataremos os aspectos que mais nos gustaria descatar da nosa terra. Por agora estivemos traballando sobre a nosa lingua, os monumentos e parques naturais, pasando pola nosa gastronomia e detendonos no Celta de Vigo. Mais concretamente falamos sobre a Catedral de Santiago, a Torre de Hercules, as Illas Cies, os celtas e os castros, Rosalia e Castelao, os principais paises aos que emigraron os galegos ao longo da historia, onde se situan as diferentes cidades e lugares que nos gustaria que conheceran…

Se tedes alguna idea, por favor, dicidenola!!

A nosa actividade de hoxe pola tarde consistiu en ir a piscina. Pero non a unha calquera! Fomos ata Chester todos xuntos no autobus e, cal foi a nosa sorpresa ao chegar a piscina? Tinha un tobogan enorme!!! Todas e todos o pasaron en grande!! Deixovos a continuacion un par de fotos de Chester e da piscina para que a vexades!

Isto e todo por hoxe!!

FLINTSHIRE 27.09 DRAMA WORKSHOP

Boas!!

Hoxe, coma sempre, estivemos toda a manha na escola e aproveitamos a boa temperatura e o sol para pasar algo de tempo no patio! Ao rematar de comer na cantina, por exemplo, baixamos a unha mesa ao sol para falar mentras non tocaba volver a clase.
A nosa actividade de hoxe pola tarde foi “Drama workshop” (taller de teatro) vinheron unha profesora e un profesor, xunto con algunhas alumnas inglesas que se quixeron sumar a actividade! Todos xuntos fixeron diferentes exercicios de improvisacion, expresion corporal, xogos e, por suposto, teatro! A verdade e que foi moi divertido, todos o pasamos moi ben e rimos moito!
Aqui podedes velos en plena accion!
Manha imos ata Chester porque nos toca piscina como actividade da tarde!
Isto foi todo por hoxe!