4 de Decembro, Christmas Quiz!!!!

THORPE ST ANDREWS

Un novo dia ten lugar en Thorpe St Andrew School! Comezamos as clases e destacamos as de Ciencias que nos gustan especialmente! Son moi practicas. Fixemos circuitos con canicas e foi moi interesante e divertido.

En clase de Etica tivemos debate sobre a felicidade, fixeronnos reflexionar sobre as cousas que nos fan mais felices, os valores, os bens materiais. Tamen estivo moi ben.

E en linguas modernas, concretamente na clase de aleman atrevemonos coa traduccion dun texto. Supuxo todo un reto!

E chegada a tarde O Christmas Quiz agardaba por nos en The English Experience!

Por sorte para nos xa que estivemos quentes, xa que as temperaturas aqui estan sendo algo baixas, sobre as 4. Ellen e mais Nadia deronnos uns cuestionarios que tinamos que responder sobre o nadal con preguntas como as seguintes

– Cal e a cor do nariz de Rudolf?

– Os tres nomes dos renos do Christmas father?

Serviunos para familiarizarnos co vocabulario e a costume inglesa sobre o Nadal.

E como o quiz o fixemos en parellas, a ganadora foi a formada por Breogan e Sofia, parabens especiais para vos e a todos os demais pola vosa participacion. Well done!!!

28 de Novembro: Xornada de Cine!!!

THORPE ST ANDREWS

Ola a todos e todas! Hoxe rematamos a nosa etapa na escola The English Experience co broche final das nosas presentacións poñendo en práctica os coñecementos adquiridos nestes tres primeiros días.

Cada grupo atendendo o seu nivel amosou as súas habilidades na conversa inglesa de maneira orixinal e divertida.

Sports AcademyDiamonds AcademyAo finalizar as clases imos todos ao cine ver unha peli, puidemos escoller entre varias opcións a que máis nos gustase: algúns fomos a ver The hunger games, outros The imitation game e o último grupo Paddington.

tarde de cineE mañá estreamos a finde coa esperadísima excursión a Londres. E parece que o bo tempo vainos acompañar durante todo o día 🙂