Norwich – Presentación monitores

Ola a todas!! Eu son Inés, unha das monitoras que vai ir con vós a Norwich. 

Actualmente estudo imaxe para o diagnóstico e mediciña nuclear, e os findes durante o curso e nas vacacións traballo como monitora nunha ludoteca. 

Fai seis anos tiven a sorte de participar neste programa como destinataria e non puiden resistir a oportunidade de vir coma monitora cando se me presentou a oportunidade.  Espero que desfrutedes estas tres semanas  tanto coma o fixen eu naquel entonces.

Ola a todas e todos! Eu son Ismael, o monitor que xunto a Inés acompañará aos rapaces nesta gran aventura. Estudei a carreira de Linguas estranxeiras e actualmente traballo na recepción dun parque infantil, pero ante a posibilidade de formar parte deste proxecto non dubidei nin un momento en formar parte del.

Seguro que estades tan ansiosos coma nos a poucas horas de que comece esta gran aventura.

Vémonos dentro de nada no aeroporto!!