COSTESSEY 06/10 – Visita á Catedral

Bos días!

Estamos a xoves, e xa se comeza a notar que cada vez vai quedando menos. Hoxe tivemos unha visita á outra catedral de Norwich, a de San Xoán Bautista.

img-20161006-wa0003-compressed

A Catedral é un edificio fermosísimo, cuns xardíns que se prestaron a mar de ben para sacar unhas fotos de grupo, que aínda que estaba escuro o tempo aguantounos un pouquiño…

E así, despois de unha mañá de aulas, e unha tarde de visita cultural pasamos un dos nosos últimos días no Reino Unido. Mañá volveremos con unha tarde de deportes e pasado, a tan esperada visita a Londres.

Até xa!

img_9558-compressed

COSTESSEY 05/10 – Sport at Ormiston Academy

Bo día a todos!

Hoxe si que estamos oficialmente na nosa última semana, así que despois de estar toda a mañá no instituto pasamos no centro tamén a tarde. Iso si, xa ao aire libre e e sen clases!

20161005_153049-compressed

Ao igual que na semana pasada, houbo un grupo que preferiu xogar ao fútbol con algún compañeiro inglés e o outro grupo neste caso puido asistir a unha clase de Zumba coa nosa monitora Silvia.
20161005_151651-compressed

Para moitas era a primeira vez, e saíron encantadas da experiencia, e iso que ao comezo houbo algún que outro problema co son, pero ao final puidemos realizar unha clase completa sen máis problemas.

sam_3555-compressedE así foi como pasamos o noso último mércores no instituto, xogando e divertíndonos. Mañá volveremos con máis novidades,
Stay tuned!

20161005_153106-compressed

Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

COSTESSEY 04/10 – Bowling and Student Disco

Bos días familias!

Chegou o día máis esperado da semana! O día de irmos de festa cos nosos compañeiros, buddies e novos amigos do instituto. Mais o primeiro é o primeiro, e neste caso é unha mañá de clase. Iso si, este día fíxose levadeiro, xa que tiñamos unha tarde do máis completa.

img-20161005-wa0048-compressed

Ás 4 da tarde máis ou menos chegamos á boleira, onde puidemos xogar unha partida e co tempo que nos sobrou, aproveitamos para aproveitar as instalacións e xogar unhas partidas ao hockey de mesa, ou ao billar entre outros.

img-20161004-wa0008-1-compressed

Iso si, unha vez rematado o tempo, correndo para casa para arranxarnos e cear que ás 19.30 tiñamos que estar listos e na discoteca The Talk.

20161004_201634-compressed

Alí puidemos pasarmos dúas horas e media bailando éxitos tan memorables como a Macarena, o Aserejé ou máis cancións míticas, aínda que para ser xustos tamén tivemos moita música actual coa que pasamos moi boa noite. E así demos fin á que foi a última noite de discoteca da viaxe… Xa se nos nota a morriña na voz e aínda non rematou, verdade? Haberá que aproveitar o máximo posible estes últimos días!

Saúdos dende Costessey! Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

COSTESSEY 03/10 – Quiz at The English Experience

Hi there!

Tras pasarmos o domingo coas familias e compañeiros, demos a benvida á recta final da nosa experiencia en Costessey.

20161003_160801-compressed

Nesta mañá de aulas decidimos colarnos nunha de Perf Arts para deleitarvos con unhas fotografías dos vosos fillos ‘bailando’ ballet. A moitos sabemos que lle gusta pero outros… digamos que fan o que poden!

img-20161003-wa0018Unha vez rematadas as clases, saímos cara a cidade para realizar un pequeno concurso en The English Experience, que é a compañía coa que estamos no Reino Unido. Alí viñeron os nosos compañeiros de Norwich e contestamos a unhas preguntas sobre cultura xeral inglesa e vocabulario.
20161003_161130-compressedIso si, mañá será o día grande, xa que temos Disco e Boleira, así que seguide atentos… E ata mañá!

Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

COSTESSEY 01/10 – Excursión por Norwich medieval

Ola a todos!

Despois de pasarmos o día de onte cos nosos compañeiros e sabendo que mañá tamén teremos o día máis ou menos libre, aproveitamos para facer un tour pola parte máis antiga e fermosa.

img-20161001-wa0067

Aproveitamos para ir sacando mil fotos, xa que aínda que non o pareza, esta aventura xa está rematando… A visita levounos por moitos dos edificios históricos con visita á Catedral de Norwich, alí tivemos que facer un pequeno ‘quiz’ onde aprendemos máis sobre o edificio.

img-20161001-wa0120

Á saída, aproveitamos para tomar o ‘lunch’ nos arredores da catedral, que como facía bo tempo apetecía comer ao aire libre… Seguido disto, demos un paseo pola ribeira con un par de horas para ir de compras ou simplemente tomar algo cos amigos. Mañá teremos o día libre, mais o luns volveremos con un ‘quiz’ en The English Experience cos compañeiros de outro grupo.

Un saúdo e ata luns! Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

 

COSTESSEY 29/09 – City Search por Norwich con premio para o gañador!

Ola desde Costessey!

Xa estamos a xoves, e xa se vai notando a cousa… Mañá teremos a tarde libre para poder pasala cos nosos amigos pola cidade, mais hoxe toca actividade!

Sobre as 3 da tarde, hora xa habitual para as actividades de tarde, encontrámonos no Forum onde nos deron unhas follas para cumprimentar con datos curiosos sobre a cidade que tiñamos que procurar polos paneis informativos ou preguntándolle a xente da rúa (así aproveitamos para practicar o inglés tamén) e o que máis respostas tivese e máis cedo chegase gañaba… chocolate! Mais como sempre, o importante non é o premio, senón o ben que o pase un coa actividade.

A foto dos gañadores:
img-20160929-wa0001
Agora si, despedímonos até o sábado coa excursión polo Norwich medieval. Un saúdo a todos!

COSTESSEY 28/09 – Xogos en The Open Drop-In Centre

Bo día a todos!

Hoxe dou fe de que a maioría de nós veu bastante máis canso que o resto dos días ao instituto, máis con 15 anos se non se aguanta unha noite de baile cos amigos, a ver cando!

sam_3466-compressed
Despois de unha mañá de clases e de poñernos ao día cos nosos compañeiros do instituto sobre a noite de onte, dirixímonos ao centro para pasarmos unha tarde de xogos.

img-20160928-wa0012-compressedAlí puidemos xogar ao billar, tocar a batería, xogar ao ping-pong, futbolín ou mesmo sumerxernos nunha piscina de bolas (15 anos si, pero a ver quen se resiste!).

sam_3469-compressed
Despois de dúas horas saímos dirección ás nosas respectivas casas para unha boa cea e descansar, que despois de onte, facía boa falta!

 

Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

COSTESSEY 27/09 – Visita ao Castelo e Disco!

Bos días familias!

img-20160927-wa0021

Hoxe tivemos un día do máis animado, despois de unha mañá de clases, saímos dirección á cidade para facer unha visita cultural ao Castelo de Norwich. Alí pasámolo como ananos disfrazándonos, sacando fotos e coñecendo máis sobre a historia da nosa cidade.

img-20160927-wa0010Mais a visita tivo que ser corta, xa que todos queriamos marchar cedo para ter tempo de cear e arranxarnos, xa que ás 19.30 tería lugar a que se converteu xa na mellor actividade das realizadas por agora, a noite de discoteca.
20160927_200734-compressed
Pasámolo todos xenial, xa que foi a única actividade que fixemos todos os grupos que estamos pola zona xuntos, os de Norwich, Costessey, Hellesdon e Thorpe. E por se fósemos poucos, tamén viñeron os nosos buddies e máis amigos do instituto. As dez da noite chegaron demasiado pronto, mais estamos seguros de que mañá pola mañá imos agradecer non ter ficado até máis tarde.

E mañá continuaremos cunha tarde de xogos, así que até máis ver!
img-20160927-wa0036

Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

COSTESSEY 26/09 – Sport at Ormiston Academy

Ola a todos!

Despois do tan esperado día de descanso coas nosas familias e compañeiros, demos comezo a un novo día na Ormiston Academy.

Despois das clases e tras poñernos a roupa de deporte, dispuxémonos a gozar dunha tarde de deporte no centro.

img-20160926-wa0035-compressed

Comezamos con moitas ganas, uns quixemos xogar ao fútbol no campo do instituto e outros optamos por lanzarmos uns tiros á canastra con máis ou menos sorte, mais polo menos aproveitamos para rirmos e falar coas compañeiras.

Mais xusto na metade da actividade, cando mellor o estabamos a pasar, tivemos que rematar antes por mor do clima, mais sendo galegos un pouco de auga non nos asusta o máis mínimo, así que recollemos todo e fomos para casa, que así tamén aproveitamos para pasarmos unha horiña mais coñecendo as nosas familias. Mañá máis e de seguro que mellor!

sam_3412-compressed

Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

 

COSTESSEY 24/09 – Excursión a Cambridge

Bos días familias!

Hoxe tivemos a tan esperada excursión á cidade de Cambridge. Ás 9 da mañá collemos o autobús para unha hora e media despois chegarmos ao destino.

img-20160924-wa0024

Por se non o sabedes, Cambridge é a segunda universidade máis antiga do mundo, só por detrás de Oxford, e nela estudaron personaxes tan importantes como Newton, Stephen Hawking ou Lord Byron. E por se iso non fora pouco, non foron nada menos que 14 os Primeiros Ministros que saíron desta universidade!

Aos rapaces encantoulles esta cidade tan chea de vida e historia, e coas horas libres das que dispuxemos aproveitamos para perdernos polas súas rúas e cafetarías, e sacar unha chea de fotos para que non se nos esqueza nada cando cheguemos a casa. Ademais que sei de boa tinta, que non fun a única a que nalgún College lle parecía estar no medio de algún filme de Harry Potter!
img-20160924-wa0072
Mañá, ao ser o noso día libre, aproveitaremos para estar coas familias e dispoñer dun pouco tempo para nós, que xa nos imos merecendo un respiro de tanta actividade! Un saúdo a todos e luns volveremos con máis novidades.

Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.