Bos días familias!
Último día de aulas, de Costessey, de Norwich, de Buddies… Ais, que día o de hoxe!
O día comezou xa dun xeito especial, xa que Enrique estaba de aniversario! Así que como non puido ser menos, mercamos unha torta e cantamos o seu correspondente Cumpleaños Feliz e Happy Birthday, e como xa nos emocionamos, até puxemos velas nas albóndigas!
Despois dunha mañá de aulas acercáronse dous membros do Concello e un de Newlink, a organización que nos trouxo aquí, e tras unhas palabras comezou a despedida oficial. Para comezar, leron unhas palabras Enrique, Andrea, Jordi e Irene sobre a súa experiencia tanto no instituto como en Norwich.
E despois diso comezou a entrega de certificados para os rapaces e os seus buddies. E unha vez rematado todo isto? Festa! Comemos, bailamos, bebemos refrescos e sacamos as últimas fotos.
Norwich e Ormiston Victory Academy, grazas por acollernos a todos así de ben. Nais e pais, parabéns polos fillos, que se portaron xenial e foi un verdadeiro pracer coñecelos a todos e pasar estas tres semanas con eles. E rapaces, se algún de vós o le, obrigadísima pola experiencia.
Unha aperta e que todo vos vaia ben.