Martes 22 Septiembre – Guilford

Hoxe foi un día de nervios… pero comeza a aventura!!! collemos as maletas e armamosnos na nosa sudadera de Vigo.! O noso equipo é pequeno… só somos 14 pero con ganas como 50!! Fixemos equipazo!!! Ala imos aínda que os kilos da maleta son xustos…

grupo completo

De emarque en embarque deu tempo a comer e relaxarnos falando e sacando fotos do grupo! Pero sen perder a noción do tempo! Chegamos sen retraso ningún e ala en Londres xa nos esperaba Suzie e ALex os compañeiros de Guilford. Dende alí nos levaron con Paul… que nos levaría ata a nosa cidade e coas novas familias!! para poder descansar e estar preparados para o día de maña! esta aventura xa deu comezo e iremos contandovos o ben que o pasamos!!

con Suzie
Ata maña e boas noites!!