Bath, days 1 & 2

Hello everybody!

Falamos xa desde Bath. Desculpade este pouco de radio silence, pero é que aínda arrastrabamos algo de cansancio dos días previos. Como sabedes, venres atopámonos todas e todos en Peinador para comezar esta aventura.

Tras despedirnos de todas e todos vós, subimos ao primeiro avión. O destino? O aeroporto de Madrid, onde aproveitamos para comer algo antes de coller o seguinte voo. Atrasados os reloxos unha hora, chegábamos a Heathrow preto das 19.00. Porén, aínda tivemos que agardar un chisco a polas maletas, así que non nos atopariamos co noso guía local até case as 20.00. Deixamos algo de tempo para que todas e todos mercasen un petisco para antes do camiño, e emprendimos o rumbo no noso coach.

Por diante quedaba aínda algo máis dunha hora e media de traxecto até por fin chegarmos ao town centre de Bath. Alí agardaban por nós as host families, e as rapazas e rapaces foron marchando ás que serán as súas casas durante estas tres semanas. Após un día longo, tocaba descansar…

Porque sábado era día da primeira full day excursion. Volvímonos ver todas e todos na estación de buses de Bath, desde onde fomos coller de novo o coach. Desta vez, seguimos un pouco máis cara ao oeste da illa e, cruzando unha ponte bastante máis longa que a de Rande, entramos en Gales para ir visitar a súa capital: Cardiff.

O bus deixounos preto do city centre e, cun ollo posto nas nubes do ceo, atravesamos un parque até chegar á primeira parada na cidade: o Cardiff Castle.

Un conxunto formado por un castelo medieval e unha mansión de estilo gótico vitoriano. Aínda non acabáramos de contemplar todo o exterior cando comezou a choviscar un pouco, polo que tivemos que buscar acubillo nunha das galerías.

Por sorte, volveu saír o sol (desta vez, para quedar todo o día), así que puidemos continuar coa visita sen maior demora. Entramos primeiro a ver a mansión, onde as rapazas e rapaces desfrutaron vendo as diferentes estancias (preguntádelle cal foi a súa favorita, pero sospeito que a arab room) e cadros. Até atoparon ao expresidente Rajoy nunha fotografía! E unha vez o vimos todo, volvimos saír fóra aos xardíns.

Tocaba subir agora ao Keep do castelo e, con cuidadiño de non resbalar en ningún dos tramos de escaleiras, fomos chegando á cima de todo, onde desfrutamos das vistas de gran parte da cidade. Tras sacaren as fotos pertinentes, baixamos outra vez aos xardíns, onde nos achegamos a diferentes pezas de atrezzo antes de deixar o castelo atrás. 

O seguinte punto da nosa visita á cidade foi o Cardiff Market. Un edificio de estilo vitoriano que, a primeira vista e polo contido, ben podería pasar polo noso antigo Mercado do Progreso. Deixandolles un chisco de tempo libre, as rapazas e rapaces puideron botar unha ollada por todo o que o mercado lles ofrecía. Entre tendas de vinilos, de libros antigos e postos de comida para levar, algunhas e algúns xa colleron café e algunha que outra provisión (e con razón, que o brownie que colleron varias tiña unha pinta espectacular).

A continuación camiñamos un chisco máis até atopar un bo meeting point no que reunirnos máis tarde. Porquecomo era hora de comer, deixamos ao grupo free time para tomar as súas packed lunches e explorar un pouco a zona. Aproveitaron e mercaron algunha cousiña, foron até o estadio do Cardiff, atopáronse con varios concertos na rúa…

Xa ás tres, encontrámonos de novo onde nos separáramos, e fomos todas e todos até o Cardiff National Museum a visitar as diferentes partes da súa colección: dinosaurios, minerais, arte contemporánea… En definitiva, un bo xeito de ocupar a última horiña na capital galesa.

Ao saírmos do museo, collemos o coach de novo e, tras unha hora e media de traxecto, chegamos a Bath, onde nos despedimos até o luns. Porque domingo, ademáis de descanso, toca día coa host family. Xa veremos cal é o plan de cada familia, pero iso queda para a próxima entrada.

See you!