Bo día a todas/os☔,
Aquí estamos un día máis para informarvos das últimas novas🗞️ destas raparigas nesta fin de semana e comezo da última na cidade de Liverpool 🇬🇧✨. Imos aló!
Día 14 (Sábado):
Hoxe é día de excursión!

E o destino é… 🥁🥁🥁 Conwy e Llandudno! Ímonos a Wales!🏴

Quedamos pola mañá no monumento a Queen Victoria para atoparnos con Simone, a nosa guía desta excursión, e subir ó bus que estaba contratado.
Polo camiño, Simone fíxolles un quizz sobre Wales (como, por exemplo, que é o que máis abonda: xente, ovellas ou vacas; a resposta correcta era ovellas, hai sobre 12 millóns aquí!🐑🐑🐑), tivemos dúas gañadoras: Lucía Regueiro e Iris. Despois, foinos dando información sobre o castelo e a vila de Conwy. Logo dunha hora e media de traxecto, chegamos á nosa primeira parada: Conwy Castle!🏰





Deixamos que exploraran durante 45 minutos o castelo, subindo ós torreóns e gozando das vistas panorámicas. Ás 12:15 fumos ó centro da vila para dispoñernos a xantar ó lado do porto.


Logo dunha hora, continuamos camiño para Llandudno! 🛟🐰📖 Aquí, nesta cidade de estética victoriana, dise que foi onde pasou as vacacións de verán a nena, Alice Liddell, na que supostamente Lewis Carroll se inspirou ó escribir Alice in Wonderland. É por isto que se poden atopar referencias a esta obra por toda a cidade.


Tiveron dúas horas para explorar o North Shore Pier🎡 (que é o máis longo de Gales), buscar as figuras e referencias do conto, e tomar algo.

Tras dúas horas de viaxe en bus🚌, chegamos de novo a Liverpool, onde cada grupo volveu coa súa host family para cear e descansar.
Día 15 (Domingo):
Este día non houbo actividades, e foi de relax. 💤💤💤
Día 16 (Luns):
Un luns máis, volta á rutina! Pola mañá tivemos as clases en The Belvedere Academy e pola tarde tocou… 🥁🥁🥁 St. John’s Beacon! 📻

Subimos ata riba de todo da torre do centro da cidade para aproveitar as vistas 360º.

Logo, aproveitando fumos ata a Biblioteca Central de Liverpool.


E isto é todo por agora! Seguiremos informando!📣📣📣
Unha aperta✨,
a moni Paula.