Bo día a todas/os🌞,
Aquí estamos un día máis coas novidades🗞️🗞️ destas rapazas durante a fin de semana. Espero que tiverades unha boa finde, a nosa estivo ben entretida con dous daytrips 🚌. Imos aló!
Día 7 (Sábado):
Hoxe toca excursión a…🥁🥁🥁 CHESTER!🏰
Quedamos no monumento a Queen Victoria coa nosa guía do día, Simone, unha rapaza moi agradable, para coller o bus camiño Chester. Durante a viaxe de bus, Simone fíxolles un Quizz sobre a historia da cidade.
O noso punto de partida alí foi o anfiteatro romano ( este é o máis grande ó descuberto de Gran Bretaña) que podería albergar ata 10.000 espectadores!
A próxima parada foi o Roman Garden que está ó lado do anfiteatro, nel teñen réplicas de artefactos descubertos en Chester.
Continuamos polas Chester Walls (xa que esta cidade é a que ten as murallas mellor conservadas de Inglaterra) ó lado River Dee.
Luego, pudieron observar The Rows que consisten nunha serie de galerías cubertas de orixe medieval (s. XIII) características dos edificios das catro principais rúas do centro de Chester.
Por último, antes de ter tempo libre vimos o Eastgate Clock🕰️ (construído no 1899 para celebrar o Xubileo de Diamante da raíña Victoria).
Día 8 (Domingo):
Hoxe toca excursión a…🥁🥁🥁 NEW BRIGHTON!🛟
O tempo estivo un pouco revolto, typical British weather.☔ Quedamos na estación para coller o metro ó noso destiño. 25 minutos de viaxe despois, chegamos aló!
Vimos parte do arte urbano, xa que hai moitos murais nesta zona con diversas temáticas. Tamén, puidemos observar unhas cantas sereas do Mermaid Trail🧜🏻♀️🧜🏻♀️🧜🏻♀️ que está inspirado na lenda local da The Black Rock Mermaid que supostamente apareceuselle no século XVIII a un mariñeiro desta zona.
Tamén puideron ver o diferente que son as praias aquí!🏖️
Logo, no tempo libre aproveitaron para estar nos recreativos e xantar.
E isto sería todo da fin de semana! Seguiremos informando! 📣📣📣
Unha aperta,
a moni Paula.