Devon (West Exe School) – Días 1, 2 e 3

Bo día chuvioso a todas/os☔,

Comezando xa esta aventura que temos por diante, aquí estamos para informar das novas da nosa rapazada no seu paso polo condado de Devon! 🗞️✨

Día 1 (luns):

Dedicamos este día enteramente al traslado hasta nuestra base para estas semanas: Exmouth!🏴󠁧󠁢󠁥󠁮󠁧󠁿 Como su nombre indica, está situado en la desembocadura del río Ex 🏞️(sur de Inglaterra).

Partimos del aeropuerto de Vigo hacia London Stansted ✈️ y al llegar tuvimos que esperar un poquito hasta que nos recogió el bus🚌 hacia nuestro destino final. Salimos a las 17:45 de Londres y, luego de dos horas y cuarto de camino, hicimos una parada de descanso por 40 minutos. Las/os niñas/os aprovecharon para coger snacks, ir al baño, e incluso tocar el piano🎹.

Tras el descanso, retomamos camino por dos horas y media hasta Exmouth. Allí cada estudiante fue recogido/a por su host family y rumbo a casa para descansar después de un largo día!

Día 2 (martes):

Comezamos o día en The Strand ás 8:30, onde está situado o memorial ós/ás caídos/as da veciñanza de Exmouth durante a IIGM. Hoxe ó ser o primeiro día foron traídos pola familias ata o meeting point. Logo, Matt e Jo déronlles a charla de benvida e empezamos a orientación.

Pasamos por Magnolia Centre (onde están as tendas e comercios), a Marina, o seafront con estética victoriana…

Fixemos unha parada en The Ocean debido á intensidade da choiva e tomamos un chocolate quente para entrar en calor! ☕ Ademais, aproveitaron para xogar ó billar e nas recreativas.

Logo, voltamos a través dos Manor Gardens (estética victoriana, onde se respira moita paz ademais) ata a academia de Hello! Exmouth.

Fixemos un descanso para xantar e así coller forzas para as primeiras clases de inglés. Pola tarde, tiveron tres clases con mini breaks entre elas. E ata aquí o noso primeiro día nesta vila. 💤💤💤

Día 3 (mércores):

Tuvimos por la mañana la actividad diaria y hoy tocaba… 🥁🥁🥁

FOOT GOLF! ⛳ Y, diréis… ¿Foot Golf? ¿Qué es eso? Pues los ingleses no pierden el tiempo y, han mezclado el fútbol y el golf, creando algo curioso.

A algunos/as se les ha dado mejor, y a otros/as peor, pero lo importante han sido las risas que se han hecho en el transcurso de la competencia. En algún hoyo, ha habido gente que ha necesitado 34 golpes, 34, pero ¡han ido reduciendo este número con la práctica! 🤞🏻

Por la tarde, luego de la pausa para la comida, han ido a las clases de inglés en la academia, han tenido tres con sus breaks entre ellas. Y, ¡esto es todo por el día de hoy!

Seguiremos informando! Estade atentas/os!📢

Esta son eu, cada vez que algún dos/as vosos/as fillos/as tiraba a pelota! JAJAJA

Unha aperta,

a moni Paula.

Devon (West Exe School) – Presentación monitora

Bo día chuvioso a todos/as☔,

Preséntome, chámome Paula e teño 27 anos. Son do norte do norte (Sismundi, Cariño), máis alá do muro🐺. Son profe de inglés e músico, e estudei no CMUS Profesional de Vigo e o grao de Linguas estranxeiras na UVigo.

Este é o meu terceiro ano como monitora do Pilivigo e serei quen acompañará á vosa rapazada durante a súa estancia en Devon. Intentarei que poidan gozar ó máximo desta experiencia e irei relatando as súas aventuras nestes 20 días a través deste blogue.

Unha aperta,

a moni Paula.

Liverpool (The Belvedere Academy) – Día 19 e 20

Bo día a todas/os✨,

Aquí estamos un día máis para informarvos das últimas novas🗞️ destas raparigas os últimos días na cidade de Liverpool 🇬🇧✨. Imos aló!

Día 19 (Xoves):

Después de las clases tuvimos graduación 🎓 en la academia de LILA* y fiesta con las buddies con pizza 🍕 y refrescos! Bailaron canciones del Just Dance y jugaron al futbolín.

Día 20 (Venres):

Hoy nos volvemos, empezamos nuestro día a la 1:15 de la mañana para recogernos en nuestras casas y dirigirnos al aeropuerto de Leeds.

Allí cogimos el vuelo a las 6:30 al aeropuerto de Porto (OPO) y luego bus a Vigo.

E ata aquí chega a nosa aventura por terras inglesas, coas súas subidas e baixadas. Espero que crearan moitos recordos positivos nesta experiencia ✨

Foi un pracer!

Unha aperta,

a moni Paula.

Liverpool (The Belvedere Academy) – Días 17 e 18

Buenas noches (lluviosas) a todas/os🌧️,

Aquí estamos un día más para informaros de las novedades🗞️🗞️🗞️ de las chicas en los últimos días en la ciudad de Liverpool 🇬🇧. ¡Vamos allá!

Día 17 (Martes):

Por la mañana, han ido a clase y algunas incluso han sido profes de español por un día con las niñas pequeñas del cole.👩🏼‍🏫

A la tarde, hoy de actividad extraescolar tocaba… clase de Yoga! 🧘🏽‍♀️🧘🏻‍♀️ Hemos ido a LILA* para recibir una clase introductoria de yoga y meditación, para relajarnos un poco y soltar tensiones.✨

Todas han participado e intentado hacerlo lo mejor posible, aunque muchas no podían contener la risa en los momentos de meditación. ¡Ha sido genial!

Luego, han tenido un poco de tiempo libre antes de volver a sus casas para la cena y descansar.

Día 18 (Miércoles):

Por la mañana a primera hora, han tenido una sesión amena junto a sus buddies sobre cultura general de España e Inglaterra y para finalizar se pusieron a prueba con unos trabalenguas (tongue twisters). Luego, tuvieron otras dos clases y el recreo más el descanso para el almuerzo.

De camino a la actividad, cogimos un minibús el cual iba completo solamente con nosotras. Fueron un poco las risas 😂

Por la tarde, tocó visita al Museum of Liverpool de la mano de nuestro guía Kyle. En este museo se explica la historia de Liverpool en todos los ámbitos (musical, cinematográfico, deporte…). Las chicas tuvieron que buscar las respuestas a la lista de preguntas que les había propuesto Kyle para luego decidir el equipo ganador. Los premios eran cosas típicas de aquí (sausage roll, pastas del te…), yummy.🤭

¡Había videojuegos antiguos!👾🕹️

Había incluso una cabina de karaoke 🎤

Resultó ser un museo bastante interactivo y ameno.Y, ¡esto es todo por el momento! ¡Seguiremos informando!📣📣📣

Unha aperta,

a moni Paula.

Liverpool (The Belvedere Academy) – Días 14, 15 e 16

Bo día a todas/os☔,

Aquí estamos un día máis para informarvos das últimas novas🗞️ destas raparigas nesta fin de semana e comezo da última na cidade de Liverpool 🇬🇧✨. Imos aló!

Día 14 (Sábado):

Hoxe é día de excursión!

E o destino é… 🥁🥁🥁 Conwy e Llandudno! Ímonos a Wales!🏴󠁧󠁢󠁷󠁬󠁳󠁿

Quedamos pola mañá no monumento a Queen Victoria para atoparnos con Simone, a nosa guía desta excursión, e subir ó bus que estaba contratado.

Polo camiño, Simone fíxolles un quizz sobre Wales (como, por exemplo, que é o que máis abonda: xente, ovellas ou vacas; a resposta correcta era ovellas, hai sobre 12 millóns aquí!🐑🐑🐑), tivemos dúas gañadoras: Lucía Regueiro e Iris. Despois, foinos dando información sobre o castelo e a vila de Conwy. Logo dunha hora e media de traxecto, chegamos á nosa primeira parada: Conwy Castle!🏰

Deixamos que exploraran durante 45 minutos o castelo, subindo ós torreóns e gozando das vistas panorámicas. Ás 12:15 fumos ó centro da vila para dispoñernos a xantar ó lado do porto.

Logo dunha hora, continuamos camiño para Llandudno! 🛟🐰📖 Aquí, nesta cidade de estética victoriana, dise que foi onde pasou as vacacións de verán a nena, Alice Liddell, na que supostamente Lewis Carroll se inspirou ó escribir Alice in Wonderland. É por isto que se poden atopar referencias a esta obra por toda a cidade.

Tiveron dúas horas para explorar o North Shore Pier🎡 (que é o máis longo de Gales), buscar as figuras e referencias do conto, e tomar algo.

Tras dúas horas de viaxe en bus🚌, chegamos de novo a Liverpool, onde cada grupo volveu coa súa host family para cear e descansar.

Día 15 (Domingo):

Este día non houbo actividades, e foi de relax. 💤💤💤

Día 16 (Luns):

Un luns máis, volta á rutina! Pola mañá tivemos as clases en The Belvedere Academy e pola tarde tocou… 🥁🥁🥁 St. John’s Beacon! 📻

Subimos ata riba de todo da torre do centro da cidade para aproveitar as vistas 360º.

Logo, aproveitando fumos ata a Biblioteca Central de Liverpool.

E isto é todo por agora! Seguiremos informando!📣📣📣

Unha aperta✨,

a moni Paula.

Liverpool (The Belvedere Academy) – Días 12 e 13

Bo día a todas/os🌞,

Un día máis aquí para informarvos do día a día das nosas rapazas🗞️🗞️🗞️. Estamos tendo sorte co tempo, levamos un par de días con algo de sol! Imos aló!📻

Día 12 (Xoves):

Despois da mañá de clases, dirixímonos hacia a actividade de pola tarde, hoxe toca…🥁🥁🥁 tour polo Baltic Triangle!🧱

Hoxe tiñamos connosco a Kyle para que nos guiase a través deste barrio alternativo de Liverpool. Despois dunha introdución da historia deste lugar, propúxolles un concurso de fotos con dúas categorías: a mellor foto e a máis divertida! 📸

Tamén aproveitamos para ir ó mercado vintage que había: Red Brick Market!

Despois das compritas, decidíronse as gañadoras que levaron chuches e chocolate como premio 🏆

Día 13 (Venres):

Hoxe toca…🥁🥁🥁 visita ó Anfield 🏟️  e tamén vimos o museo do Liverpool FC ⚽⚽⚽

E isto sería todo por agora! Seguiremos informando! 📣📣📣 Que teñades boa fin de semana✨

Unha aperta,

a moni Paula.

Liverpool (The Belvedere Academy) – Días 9, 10 e 11

Bo día a todas/os🌞,

Aquí estamos un día máis para informarvos das novidades🗞️ destas rapazas nestes días do seu paso pola cidade de Liverpool✨. Imos aló!

Día 9 (Luns):

Hoxe é o noso primeiro día en The Belvedere Academy!🪻 Déronlles un aperitivo de benvida mentres lles facían unha pequena introdución do funcionamento do centro. Logo, foron asignando as buddies (estudantes que están encargadas de axudalas dentro do instituto) ás nosas rapazas.

Pola tarde, toca… un tour sobre a historia da música e cine en Liverpool!🎙️🎬 Partimos da estatua conmemorativa dos Beatles no porto.

Rematamos o tour no Cavern Club🎸 (famoso por ser onde se iniciaron os Beatles e por contar coas actuacións de grandes músicos/as e bandas). Nese momento, había música en directo e estiveron explorando o local.

Día 10 (Martes):

Despois das clases no instituto The Belvedere Academy, dirixímonos a actividade diaria, e hoxe toca… Escape room!🕵🏻‍♀️🕵🏽🕵🏼‍♀️

Dividíronas en catro equipos de 5 e cada equipo tivo unha temática diferente, case todas remataron a tempo.

As primeiras en rematar tiñan a de axentes secretos.👩🏼‍💻

Logo, foron as do circo maldito.🤡🎪

Seguidas das da temática pirata…☠️

E, por último, as da apocalipse zombie…🧟‍♀️🧟‍♀️

Día 11 (Mércores):

A actividade de hoxe tras as clases é… visita do Maritime Museum!🛟⚓

Contamos coa guía Hannah para levarnos a través de dúas plantas: unha sobre o Titanic e outra sobre o Lusitania. Dividimos ás rapazas en equipos para que recolectaran diferentes respostas sobre ambas temáticas e aquelas con máis acertos gañaron un premio (chuches e chocolatinas)!

Estas eran parte das preguntas🧭: Aquí todas as chiquitas ó rematar a nosa visita!

E isto é todo por agora! Seguiremos informando!📣📣📣

Unha aperta✨,

a moni Paula.

Liverpool (The Belvedere Academy) – Días 7 e 8

Bo día a todas/os🌞,

Aquí estamos un día máis coas novidades🗞️🗞️ destas rapazas durante a fin de semana. Espero que tiverades unha boa finde, a nosa estivo ben entretida con dous daytrips 🚌. Imos aló!

Día 7 (Sábado):

Hoxe toca excursión a…🥁🥁🥁 CHESTER!🏰

Quedamos no monumento a Queen Victoria coa nosa guía do día, Simone, unha rapaza moi agradable, para coller o bus camiño Chester. Durante a viaxe de bus, Simone fíxolles un Quizz sobre a historia da cidade.

O noso punto de partida alí foi o anfiteatro romano ( este é o máis grande ó descuberto de Gran Bretaña) que podería albergar ata 10.000 espectadores!

A próxima parada foi o Roman Garden que está ó lado do anfiteatro, nel teñen réplicas de artefactos descubertos en Chester.

Continuamos polas Chester Walls (xa que esta cidade é a que ten as murallas mellor conservadas de Inglaterra) ó lado River Dee.

Luego, pudieron observar The Rows que consisten nunha serie de galerías cubertas de orixe medieval (s. XIII) características dos edificios das catro principais rúas do centro de Chester.

Por último, antes de ter tempo libre vimos o Eastgate Clock🕰️ (construído no 1899 para celebrar o Xubileo de Diamante da raíña Victoria).

Día 8 (Domingo):

Hoxe toca excursión a…🥁🥁🥁 NEW BRIGHTON!🛟

O tempo estivo un pouco revolto, typical British weather.☔ Quedamos na estación para coller o metro ó noso destiño. 25 minutos de viaxe despois, chegamos aló!

Vimos parte do arte urbano, xa que hai moitos murais nesta zona con diversas temáticas. Tamén, puidemos observar unhas cantas sereas do Mermaid Trail🧜🏻‍♀️🧜🏻‍♀️🧜🏻‍♀️ que está inspirado na lenda local da The Black Rock Mermaid que supostamente apareceuselle no século XVIII a un mariñeiro desta zona.

Tamén puideron ver o diferente que son as praias aquí!🏖️

Logo, no tempo libre aproveitaron para estar nos recreativos e xantar.

E isto sería todo da fin de semana! Seguiremos informando! 📣📣📣

Unha aperta,

a moni Paula.

Liverpool (The Belvedere Academy) – Días 5 e 6

Boas noites a todas/os🌃,

Aquí estamos un día máis para informarvos das novidades🗞️ destas rapazas nestes días do seu paso pola cidade de Liverpool✨. Imos aló!

Día 5 (Xoves):

Comezamos outro día na academia de LILA* , as rapazas estiveron facendo os seus proxectos na sala común Strawberry Fields (si, todas as aulas están nomeadas en relación a The Beatles🎸), podendo elixir música (en inglés, obviously) para escoitar mentres traballan.

Despois da pausa do xantar, dirixímonos á actividade diaria de pola tarde e hoxe tocaba… 🥁🥁🥁 The Beatles Story!🎙️

Este museo inmersivo conta dende os comezos ata a separación dos Beatles, pasando por tódalas etapas da carreira musical dos seus integrantes. Ás rapazas gústoulles poder aprender máis sobre a historia deste emblemática banda.

Despois disto, volta coas súas respectivas host families para cear e descansar para o próximo día.😴

Día 6 (Venres):

Hoxe estiveron rematando os seus proxectos para logo presentalos diante da clase. Tiñan que inventar un país imaxinario e construír o edificio máis emblemático del. Moita creatividade🖍️🎨 teñen estas rapazas… Había de todo! Nun dos países había dragóns🐉 como medio de transporte público.

And the winners of the contest are…🥁🥁🥁

Despois do xantar, toca actividade e hoxe é… Quirky Quarter! 

Este é un lugar peculiar con esceas máis peculiares e divertidas aínda (cambios de perspectivas, upside down…).😵‍💫

E isto é todo polo momento. Seguiremos informando!📣📣

Unha aperta,

a moni Paula.

Liverpool (The Belvedere Academy) – Días 3 e 4

Bo día a todas/os,

Estamos aquí (nós co British rainy weather ☔) un día máis para informar das novidades 🗞️🗞️ das nosas rapazas estes días. Imos aló!

Día 3 (Martes):

Comezamos a mañá na academia de LILA* 🏫coas clases de inglés: 3 sesións de 60 minutos con pausas de 10 para despexarse un pouco.

Logo, ás 12:20 tivemos a pausa para comer e algo de tempo libre antes de dirixirnos á actividade do día. Hoxe tocaba… 🥁🥁🥁 The Royal Liver 🏢! (o primeiro rañaceos de Europa!)

Primeiro, recibimos as instrucións de seguridade, ademais dunha pequena introdución da historia deste emblemático edificio.

 

Ó rematalo, comezamos a subir ata os pisos máis altos para admirar a panorámica🏙️ da cidade co río Mersey e a península de Wirral.

Os reloxos da torre son máis grandes ca os do Big Ben e comezaron a funcionar na época de King George V.

Puidemos observar a Bertie, un dos dous Liver Birds que protexen a cidade de Liverpool. Bertie mira cara a cidade e Bella cara o mar. Conta a lenda que se botasen a voar, Liverpool afundiría no río Mersey.

Logo seguimos subindo para ter unha experiencia inmersiva dentro da torre do reloxo da historia da cidade.

Día 4 (Mércores):

Un día máis nesta ✨chamativa cidade✨, comezamos coas clases na academia. Pola tarde, tiñamos un tour por… Liverpool Anglican Cathedral (a máis grande de UK) e Metropolitan Cathedral of Christ the King (catholic)! Entre elas son bastante diferentes en estructura e estilo arquitectónico.

Hoxe tiñamos de guía a Kyle, para explicarnos as curiosidades de ambos sitios. Partimos do arco de entrada a Chinatown.⛩️

Primeiro, estivemos na anglicana que é a máis grande de Gran Bretaña. Tardouse 75 anos en construírse e ten o Whispering Arch.


O Whispering Arch en cuestión👇🏻👇🏻

Logo, continuamos o camiño hacia a metropolitana, que ten unha estrutura bastante peculiar (como de carpa🎪).

E isto é todo polo de agora, seguiremos informando!📣

Unha aperta,

a moni Paula.