TWICKENHAM TURING HOUSE SCHOOL- Are we ready???

Ola familias!!

Xa queda menos para comezar a nosa viaxe a Twickenham e agardo que esteades igual de emocionadas ca min. Antes de emprender esta aventura vou presentarme un pouquiño:

O meu nome é Lara Álvarez, teño 26 anos e son de Chapela (ollo! que é Redondela, non Vigo).

Estudei arte dramático e logo fixen un posgrao/erasmus sobre danza contemporánea en Porto. Sempre tiven moita relación co inglés e é por iso que levo traballando 5 anos en viaxes deste tipo, indo ó extranxeiro con todas as idades.

Encántame viaxar, xunto coa música é unha das miñas grandes paixóns. Descubrir lugares novos, e sobretodo se están rodeados de natureza. Logo tamén me gusta facer rutas, probar deportes novos, xogar a videoxogos, cociñar, etc. Un pouco de todo, vamos!

Vou adxuntar un par de fotiños para que me miredes a cara:

 

Estou desexando comezar este PiliVigo con este grupiño, estou segura de que o imos pasar incríblemente ben e que será unha experiencia da que non nos imos esquecer. Vou estar sempre para todo o mundo e todo o que precisen, sempre poderedes confiar en min.

Vémonos en breves!!!

Non vos esquezades nada, documentación, cargadores…! E a trasnochar!

 

Unha aperta moi grande, <3