FIRST DAYS OF HIGH SCHOOL- Twickenham

Ola de novo familias! Temos moito que contar i e que esta semana comezamos a nosa integración no instituto!

LUNS

 

Chegamos a estación, todxs estaban lindísimxs co uniforme. Súper formais e preparadxs para integrarse co alumnado. A verdade é que é moi fácil levar uniforme e non pensar en que roupa queres levar….

 

 

 

 

 

Unha vez alí, coñecemos ó vice-director que nos axudará en todo o que precisemos e a Hellen, a administrativa que se encarga de organizar todo. Menudo amor!

Déronnos unha breve introdución e presentáronnos ós nosxs buddies, as persoas coas que iriamos a todas as clases.

aquí están todxs, nós e xs buddies!

 

Comezamos a nosa aventura, un pouco abrumadxs co tamaño do colexio e a cantidade de alumnxs, pero con moitas ganas.

Foi díficil entendelo todo e seguir o ritmo pero xa somos practicamente preofesionais en disimular…

Comimos o lunch na cafetería da escola e despois da última clase puxemos rumbo a Kingston para a nosa actividade.

 

Hoxe tocaba Photo Scavenger Hunt. Tiñan que ir arredor da cidade sacando fotos de diferentes cousas. A equipa máis rápida gañaba 3 puntos e a máis creativa tamén, e logo se había empate había unha proba extra.

Estas son algunhas das cousas que pedimos (a ver cales vos parecen máis creativas!)

Foto con algún tipo de gorro, foto cunha parella, foto nunha ponte, foto cun traballador dun establecemento, foto con patos, foto cunha escultura e o seu significado, foto facendo a V de vigo, foto facendo unha forma, etc

 

 

 

    

OS GAÑADORES FORON: MARIO, MATEO, JAVI E BORJA!

Foron os únicos capaces de completar todas as fotos adecuadamente e ser os primeiros en chegar! (Había unha foto un pouco tricky!)

 

MARTES

cantas fotos de Mateo durmindo en sitios podemos conseguir?

Segundo día de instituto e xa lle estamos pillando o truco a coller buses e chegar ata o instituto.

Temos clases como ciencia, física, arte, ingles, drama e tamén temos unha que nos emociona moito: ESPAÑOL!

Voltamos a Kingston para ter unha tarde libre despois de tantas horas de clases!

MÉRCORES:

 

 

Outro día máis collendo o noso bus de confianza ata o instituto!

 

 

 

Chegamos alí e tivemos mooooitas clases ás que atender. Aínda que houbo algunhas remolonas, conseguimos entrar e desfrutar de diferentes clases.

No lunch tiñamos Roasted dinner! Unha comida típica inglesa que consiste en verduras, con carne e patacas ó forno cunha salsa chamada gravy.

Soa ben verdade? Pois odiáronna! Están claramente supensos como ingleses.

Despois da última clase embarcámonos de volta a Kingston para ir ata Wimbledon! Alí iamos visitar un famoso templo budista.

Precisabamos este remanso de paz que había nese sitio!

mirade que escultura máis realista, morrimos de medo

 

Unha vez rematamos no templo fomos ata o centro a que tiveran tempo libre de ir por Wimbledon.

XOVES:

Outro día de instituto máis pero este é diferente! I e que as últimas horas ían darnos clase de cociña! Estivemos todo o día agardando ese momento. Aínda que unha cousa guai dese día foi que a profesora de español de 1º de bacharelato levou a 8 voluntarios para traducir cousas de español a inglés e facer un speaking con elxs sobre política, economía, medioambiente… Axudaron un montón!

Unha vez comido o lunch comezamos a nosa tarde de cociña. Iamos facer a típica Victorian sponge cake. Moi inglesa para tomar co té.

Non vos vou mentir, houbo algunhas mellores e outras… peores. Pero estaban todas ben ricas!!

 

Unha vez rematamos e comimos a tarta ata morrer, gardamos os anacos que nos sobraban para compartir coas familias (ou comer máis pola noite jeje)

Fomos ata o centro e aínda lles quedou un tempeciño para dar un paseo antes de ir a casa!

VENRES:

Último día da semana!!!! Vaise notando o esforzo de escoitar todo tempo inglés porque si que estabamos cansas. Pero iso non nos parou de acudir a todas as clases, dende educación física ata drama, pasando por inglés, ciencias, etc.

organicei unha clase improvisada de arte. Consuelo pintaba a Paz e Paz a Consuelo. Gústanvos!?

E ata botamos un partido de baloncesto do break! Un pouco inxusto porque o principio eramos eu e Consuelo (a outra monitora) contra todas as demáis! Pero menos mal que despois Lucas e Martina uníronse ó noso grupo!

Teño que dicirvos que lles gañamos!

Hoxe no lunch había fish and chips, algo moi típico dos venres nas escolas, pero moitxs, como non tiñan moita fame ou lles daba medo o pescado, colleron uns paninis de pepperoni, que boa pinta tiñan a verdade!

Voltamos cara Kingston porque tocaba poñerse creativas, iamos facer Tote Bags!!! Non vos quero estropear a sorpresa porque algunhas son para agasallarvos… pero quedaron moi moi chulas! Houbo xente que decidiu pintarnos a min e á outra monitora… Non nos fai xustiza jajajaja!

Aquí hai verdadeirxs artistas!!! Lucas, Javi, as Martinas, as Danielas, Laura, Claudia, Alessandra, Cayetana, London… Menudo traballazo.

   

Algunhas levaron rotus para casa para rematar os últimos detalles, xa que a facían que quedase perfecta!

Deron paseíño por Kingston porque aínda non era tarde e foron para casa a descansar e prepararse para o sábado.

SÁBADO:

Último día de excursión! Imos de novo a London por última vez.

Collimos tren rápido e chegamos á nosa estación de confianza, Waterloo! De aí tiñamos que coller o metro para ir directas a un dos museos máis afamados de Reino Unido: O V&A Museum.

Sen embargo polo camiño deu a casualidade que pasabamos por Fulham Broadway, parada coñecida de metro para ir ó estadio do Chelsea!

E alá que fomos, quixemos darlles a sorpresa de que puideran ver como era o Stamford Bridge por fora e poder entrar na tenda.

fotazas cedidas por Alvarito do estadio:

Sofía e Lucas mercaron a típica bufanda preciosa do Chelsea e Javi tamén mercou algo sorpresa para algún de vós jeje

Unha vez rematada a visita fomos cara o museo e tivemos unha hora e media para poder exploralo todo, dende a colección de xoias carísimas, ata as armas xaponesa, a colección de Burberry, as vidrieras e esculturas renacentistas ou, o meu favorito, os cadros paixasísticos de Turner e Constable.

 

Saímos con moita fame do museo e nos diriximos a un dos barrios máis famosos de todo London: Nothing Hill. Este non é só coñecido pola película se non que tamén alberga un dos mercadillos máis coñecidos da cidade xunto ó de Camden. Este é o Portobello Market, coñecido por ter tanto comida coma antigüedades ou roupa vintage.

Fixeron mil compras e fotos nas típicas casiñas de cores. Foi unha moi boa tarde!!!

domingo toca día libre!!!!!!

Vémonos familias, agardamos que esteades a botarnos moito de menos!

Unha aperta,

xs turistxs!

End of the first week, London and free day!!- Twickenham

Ola familias!! Chegamos un pouco tarde de todas as cousas que estivemos a facer!

VENRES:

 

 

Tivemos o noso último día de academia e tristes despedímonos de Pam como profesora, pero menos mal que ía seguir estando con nós nas actividades e no highschool!

 

 

 

 

 

Despois puxemos rumbo cara Richmond para poder coller un barco e desfrutar de unha viaxe relaxante polo río Thames. Nun dos barrios máis ricos da zona e, como nos enteramos tamén nós ese día, lugar de residencia de Tom Holland e Zendaya!!!

 

Estabamos desexando cal era a súa casa.

Logo tivemos un chisco de tempo libre xa en Kingston e de volta a casa para prepararse para mañá.

 

 

 

 

 

SÁBADO

uniforme de ir a london preparado

 

Voltamos outra vez ao noso querido London para seguir descubrindo cousas novas. Esta vez fomos pola beira do Thames visitando as pontes máis emblemáticas. Polo camiño deunos tamén para ver o Globe, o teatro do famoso dramaturgo Shakespeare.

E rematamos o paseo no famoso Tower Bridge.

risoto do mercado

Paramos a comer nun mercado, o Borough Market, moi popular entre os turistas por contar con comida de todas as partes do mundo. Algúns deron un paseo pero preferiron tomar o packed lunch e outros non se puideron resistir as delicias que alí había.

Pola tarde fomos a un dos museos máis importantes de Europa e case do mundo entero: O British Museum.

Con reliquias de todas as partes do mundo, tivemos a sorte de ver momias, un partenón de Atenas, a pedra Rosetta, pedras preciosas, esculturas do imperio chino, etc. Unha barbaridade!!

Unha vez visto o que puidemos no tempo que tivemos, dirixímonos a casa. A maioría  a facer algo moi importante: ver o partido Inglaterra- España. Estando aquí… que menos que velo! E gañamos!

boa noite!!

Aquí vos deixamos algunhas fotiños que sacaron en London

DOMINGO

Tocaba día libre! E se vos digo a verdade, a maioría durmiron todo o que puideron! Sen embargo houbo algunhas madrugadoras (como Daniela, Martina, Lucas, London, Laura e Claudia) que querían ver o máximo de cousas. Foron ata un xardín botánico xaponés e visitaron Hampton Court, menudos sitios preciosos!!!

Outras visitaron o centro de Twickenham (como Sofía, Cayetana, Alessandra e Daniela). Algúns dos rapaces quedaron para xogar o fútbol, outras persoas foron polo centro de Kingston… Pero vos aseguro que todxs o pasaron incríbel!

Que vos manden fotiños!!!

E ISTO E TODO POR AGORA!

Vémonos no seguinte blog.

Unha aperta grande,

xs turistas!

 

 

 

First days at the academy in Kingston- Twickenham (Turing)

Ola ola familias! Aquí seguimos na nosa aventura, que vai moi rápida e intensa!

Imos contarvos que fixemos esta semana, nos nosos primeiros días de academia e actividades!

LUNS:

cando tes frío calquera solución é boa

Erguémonos pola mañá ben cedo para dirixirnos á estación de tren, o noso punto de encontro para ir todxs xuntxs ata a universidade.

Alí chegamos, despois de moito tráfico e autobús, a coñecer as nosas aulas e profes. A Pam xa a coñeciamos pero a Helen aínda non.

Tiveron clases ata as 12:30 e dalí saímos cara Kingston para comer e ter un chisco de tempo libre.

 

 

 

Tocaba cine despois e a peli era: SPIDERMAN! Moitxs xa a viran, pero nada mellor para poder enterarse do que estaba a pasar sen ter que ter un C1 en inglés.

Coñecimos á nosa nova activity leader, Consuelo, medio polaca medio mexicana e moi Londinensa, que estará connosco en gran parte das actividades.

Ó saír do cine fomos directas a casa, que se nos fixera tardísimo e ó día seguinte tiñamos clase.

MARTES

Xa controlado o camiño, fomos ata a universidade de novo. Alí nas aulas estiveron tanto con Pam e Helen practicando, sobretodo, o speaking!

Unha vez rematamos clases, fomos comer e despois á bolera!!!! Acompañáronnos Consuelo e Pam e foi moi guai!

 

Na bolera tamén hai Arcades, así que ó rematar aínda xogaron un anaco máis ó billar, as carreiras ou a algún xogo de sorte.

Despois puideron ter máis tempo libre para explorar a cidade, estaban dexesándooo.

Logo a casa a cear e a descansar para poder estar a tempo ó día seguinte, que estes buses van lles da a gana, parecen vitrasas!!

MÉRCORES:

unhas boas folclóricas sempre levan abano

 

 

O mércores comezou o día con case todo o mundo controlando todo o tema do transporte e chegando ás clases sen problema. Foron clases ata as 12:30 e logo tiveron un pouco de tempo para comer o lunch onde quixeran en Kingston.

 

 

 

 

 

Algúns decidiron cambiarse de roupa porque pola tarde fixemos rounders e football. O football foi gobernado polos rapaces, que xogaron ata cansarse. Logo gran parte do grupo probou a xogar a rounders, aínda que, excepto a algunhas poucas, déuselles fatal!

Rematamos e tiveron tempo libre antes de ir a casa.

unha das esculturas que hai pola cidade de Kingston

XOVES:

autobús camiño ó centro, gústalles ir apretadxs

 

 

Levabamos esperando este día un tempo, i é que hoxe volviamos a London! Tivemos clases pola mañá e saímos antes para poder coller o tren e chegar ó centro, acompañadxs por Consuelo e Pam.

 

 

 

 

 

 

Primeiro fomos a estación de King’s Cross a recoller as Oyster persoais, coa súa cara e todo! E logo decidimos volver a Candem para explorar máis a rúa principal e seguir conseguindo gangas!

metro de london be like:

mario decidiu poñer un careto así que aquí o tedes

 

unhas xoias de candem personalizadas a xogo

Disfrutámolo un montón!!! Collimos o tren de volta a casa e algúns aínda quedaron con enerxía para xogar un pouco ó fútbol antes de ir a casa.

E isto e todo familias!!! Agardamos que vós estedes disfrutando polo menos a metade do que nós.

Unha aperta enorme,

as turistas!

 

First days!!- Twickenham (Turing)

Ola ola familias! Aquí estamos co primeiro blog para contarvos o que fixemos nestes primeiros días (que foi moito!!)

VENRES: A CHEGADA

Como ben sabedes, saímos moi moi cedo cara ó aeroporto e chegamos tamén moi moi cedo. Despois de conseguir facturar as nosas maletas collimos o noso voo e durmimos todo o que podiamos.

Aterramos en Stansted e alí coñecimos a Pam, a directora local e a que será a nosa profesora e acompañante durante toda a estancia. É majisima e temos a sorte de que fala un pouco de español! Así que se non a entenden, non teñen excusa porque llo pode traducir.

Estabamos cansas pero preparadas para chegar ó centro de Kingston Upon Thames, a town na que nos imos aloxar e imos facer gran parte das actividades!

 

 

This is Kingston!

Dimos unha volta polas rúas principais e despois fomos ata o parque a ver os cervos, que grandes e bonitos! Mentres algúns xogaban ó fútbol na herba, outras xogaban a xogos de cartas, bailaban tiktoks ou simplemente descansaban.

Dous Frank de la Jungla ensinándonos os cervos

Avistando o porvir destas semanas

Logo fomos o meeting point para que cada un emprendese camiño cara a súa nova casa e familia para toda a nosa estancia!

Un bo final dun día longo!

SÁBADO: FIRST TIME IN LONDON

Reunimonos cedo na estación e coñecimos a Vincent, quen sería o noso guía no lugar máis esperado: LONDON!

Collimos un tren ata o centro, acompañadxs de Vincent e Pam e chegamos á estación de Waterloo.

Tiveron a sorte de reunirse cos amigos doutro destino na estación!

Os futuros pianistas deleitáronnos 

 

De aí comezamos o noso tour pasando por The Vaults, un caleixón subterráneo che de grafitis e demáis arte urbana. Tivemos a oportunidade de ver un artista en directo pintando un anaco de parede.

Continuamos cara o London Eye e dende aí cruzamos o río Thames para poder ver o Big Ben no seu máximo explendor (aínda que agora sabemos que en realidade chámase Elizabeth Tower). Sacaron mil fotos!!

Paseamos polos xardíns de St’ James Park, onde case se levan dúas ocas ata casa e onde vimos esquíos a montón e chegamos a Buckinham Palace! (ese día non estaba o rei na casa, desgraciadamente).

O último camiño, onde vimos a última escultura de Banksy chulísima, foi cara Leicester Square. Alí tiveron tempo libre para coñecer máis rincóns da cidade e poder mercar cousas. Aquí vos deixo fotiños que sacaron.

  

Despois volvimos ata a estación collendo o noso primeiro metro e de aí a casiña, que mañá tocaba seguir explorando a cidade.

voltas a casa entretidas

 

SÁBADO: MUSEUM AND CAMDEN TOWN

O sábado foi un día completísimo!

Emprendimos rumbo cara London para poder ir a un dos museos máis importantes, o Natural History Museum! 

 

 

Collimos metros e fixémonos expertxs en aguantar o equilibrio neles e chegamos ata o museo, onde flipamos co tamaño que tiña. E puxémonos a exploralo, dende os osos de dinosaurio ata a balea xigante ata as pedras preciosas enormes. Menudo sitio!

Unha vez rematado o museo estabamos cansísimxs pero o que viña agora ía ser aínda mellor: Camden!

podíase ver o cansancio ó saír do museo

Amy Winehouse coa bandeira española!

Levámolos ata as rúas principais e deixámoslles que exploraran, advertidos de que era o paraíso do regateo.

Conseguiron reloxes a metade de precio, camisetas que foron gangas e máis agasallos rebaixados para a familia. Foi tan exitoso que quizáis temos que volver…

Pásamolo xenial pero había que volver a casa para cear porque o día seguinte comezaban as aulas de inglés!!

menuda camiseta familias…

 

 

 

 

 

 

 

 

Collimos os nosos últimos metros e tren e chegamos a Kingston para descansar.

Ata a próxima familias!

No seguinte blog contarémosvos como foron os primeiros días de academia e actividades.

Querémosvos moito e agardamos que non nos botedes moito de menos…

Unha aperta,

os turistas!

TWICKENHAM TURING HOUSE SCHOOL- Are we ready???

Ola familias!!

Xa queda menos para comezar a nosa viaxe a Twickenham e agardo que esteades igual de emocionadas ca min. Antes de emprender esta aventura vou presentarme un pouquiño:

O meu nome é Lara Álvarez, teño 26 anos e son de Chapela (ollo! que é Redondela, non Vigo).

Estudei arte dramático e logo fixen un posgrao/erasmus sobre danza contemporánea en Porto. Sempre tiven moita relación co inglés e é por iso que levo traballando 5 anos en viaxes deste tipo, indo ó extranxeiro con todas as idades.

Encántame viaxar, xunto coa música é unha das miñas grandes paixóns. Descubrir lugares novos, e sobretodo se están rodeados de natureza. Logo tamén me gusta facer rutas, probar deportes novos, xogar a videoxogos, cociñar, etc. Un pouco de todo, vamos!

Vou adxuntar un par de fotiños para que me miredes a cara:

 

Estou desexando comezar este PiliVigo con este grupiño, estou segura de que o imos pasar incríblemente ben e que será unha experiencia da que non nos imos esquecer. Vou estar sempre para todo o mundo e todo o que precisen, sempre poderedes confiar en min.

Vémonos en breves!!!

Non vos esquezades nada, documentación, cargadores…! E a trasnochar!

 

Unha aperta moi grande, <3