Ola de novo familias! Temos moito que contar i e que esta semana comezamos a nosa integración no instituto!
LUNS

Chegamos a estación, todxs estaban lindísimxs co uniforme. Súper formais e preparadxs para integrarse co alumnado. A verdade é que é moi fácil levar uniforme e non pensar en que roupa queres levar….
Unha vez alí, coñecemos ó vice-director que nos axudará en todo o que precisemos e a Hellen, a administrativa que se encarga de organizar todo. Menudo amor!
Déronnos unha breve introdución e presentáronnos ós nosxs buddies, as persoas coas que iriamos a todas as clases.

aquí están todxs, nós e xs buddies!

Comezamos a nosa aventura, un pouco abrumadxs co tamaño do colexio e a cantidade de alumnxs, pero con moitas ganas.
Foi díficil entendelo todo e seguir o ritmo pero xa somos practicamente preofesionais en disimular…
Comimos o lunch na cafetería da escola e despois da última clase puxemos rumbo a Kingston para a nosa actividade.
Hoxe tocaba Photo Scavenger Hunt. Tiñan que ir arredor da cidade sacando fotos de diferentes cousas. A equipa máis rápida gañaba 3 puntos e a máis creativa tamén, e logo se había empate había unha proba extra.
Estas son algunhas das cousas que pedimos (a ver cales vos parecen máis creativas!)
Foto con algún tipo de gorro, foto cunha parella, foto nunha ponte, foto cun traballador dun establecemento, foto con patos, foto cunha escultura e o seu significado, foto facendo a V de vigo, foto facendo unha forma, etc







OS GAÑADORES FORON: MARIO, MATEO, JAVI E BORJA!

Foron os únicos capaces de completar todas as fotos adecuadamente e ser os primeiros en chegar! (Había unha foto un pouco tricky!)
MARTES

cantas fotos de Mateo durmindo en sitios podemos conseguir?
Segundo día de instituto e xa lle estamos pillando o truco a coller buses e chegar ata o instituto.
Temos clases como ciencia, física, arte, ingles, drama e tamén temos unha que nos emociona moito: ESPAÑOL!
Voltamos a Kingston para ter unha tarde libre despois de tantas horas de clases!

MÉRCORES:

Outro día máis collendo o noso bus de confianza ata o instituto!
Chegamos alí e tivemos mooooitas clases ás que atender. Aínda que houbo algunhas remolonas, conseguimos entrar e desfrutar de diferentes clases.
No lunch tiñamos Roasted dinner! Unha comida típica inglesa que consiste en verduras, con carne e patacas ó forno cunha salsa chamada gravy.
Soa ben verdade? Pois odiáronna! Están claramente supensos como ingleses.

Despois da última clase embarcámonos de volta a Kingston para ir ata Wimbledon! Alí iamos visitar un famoso templo budista.
Precisabamos este remanso de paz que había nese sitio!





mirade que escultura máis realista, morrimos de medo

Unha vez rematamos no templo fomos ata o centro a que tiveran tempo libre de ir por Wimbledon.
XOVES:
Outro día de instituto máis pero este é diferente! I e que as últimas horas ían darnos clase de cociña! Estivemos todo o día agardando ese momento. Aínda que unha cousa guai dese día foi que a profesora de español de 1º de bacharelato levou a 8 voluntarios para traducir cousas de español a inglés e facer un speaking con elxs sobre política, economía, medioambiente… Axudaron un montón!
Unha vez comido o lunch comezamos a nosa tarde de cociña. Iamos facer a típica Victorian sponge cake. Moi inglesa para tomar co té.


Non vos vou mentir, houbo algunhas mellores e outras… peores. Pero estaban todas ben ricas!!

Unha vez rematamos e comimos a tarta ata morrer, gardamos os anacos que nos sobraban para compartir coas familias (ou comer máis pola noite jeje)
Fomos ata o centro e aínda lles quedou un tempeciño para dar un paseo antes de ir a casa!
VENRES:
Último día da semana!!!! Vaise notando o esforzo de escoitar todo tempo inglés porque si que estabamos cansas. Pero iso non nos parou de acudir a todas as clases, dende educación física ata drama, pasando por inglés, ciencias, etc.

organicei unha clase improvisada de arte. Consuelo pintaba a Paz e Paz a Consuelo. Gústanvos!?
E ata botamos un partido de baloncesto do break! Un pouco inxusto porque o principio eramos eu e Consuelo (a outra monitora) contra todas as demáis! Pero menos mal que despois Lucas e Martina uníronse ó noso grupo!
Teño que dicirvos que lles gañamos!
Hoxe no lunch había fish and chips, algo moi típico dos venres nas escolas, pero moitxs, como non tiñan moita fame ou lles daba medo o pescado, colleron uns paninis de pepperoni, que boa pinta tiñan a verdade!
Voltamos cara Kingston porque tocaba poñerse creativas, iamos facer Tote Bags!!! Non vos quero estropear a sorpresa porque algunhas son para agasallarvos… pero quedaron moi moi chulas! Houbo xente que decidiu pintarnos a min e á outra monitora… Non nos fai xustiza jajajaja!


Aquí hai verdadeirxs artistas!!! Lucas, Javi, as Martinas, as Danielas, Laura, Claudia, Alessandra, Cayetana, London… Menudo traballazo.


Algunhas levaron rotus para casa para rematar os últimos detalles, xa que a facían que quedase perfecta!
Deron paseíño por Kingston porque aínda non era tarde e foron para casa a descansar e prepararse para o sábado.
SÁBADO:
Último día de excursión! Imos de novo a London por última vez.

Collimos tren rápido e chegamos á nosa estación de confianza, Waterloo! De aí tiñamos que coller o metro para ir directas a un dos museos máis afamados de Reino Unido: O V&A Museum.
Sen embargo polo camiño deu a casualidade que pasabamos por Fulham Broadway, parada coñecida de metro para ir ó estadio do Chelsea!
E alá que fomos, quixemos darlles a sorpresa de que puideran ver como era o Stamford Bridge por fora e poder entrar na tenda.

fotazas cedidas por Alvarito do estadio:

Sofía e Lucas mercaron a típica bufanda preciosa do Chelsea e Javi tamén mercou algo sorpresa para algún de vós jeje
Unha vez rematada a visita fomos cara o museo e tivemos unha hora e media para poder exploralo todo, dende a colección de xoias carísimas, ata as armas xaponesa, a colección de Burberry, as vidrieras e esculturas renacentistas ou, o meu favorito, os cadros paixasísticos de Turner e Constable.





Saímos con moita fame do museo e nos diriximos a un dos barrios máis famosos de todo London: Nothing Hill. Este non é só coñecido pola película se non que tamén alberga un dos mercadillos máis coñecidos da cidade xunto ó de Camden. Este é o Portobello Market, coñecido por ter tanto comida coma antigüedades ou roupa vintage.

Fixeron mil compras e fotos nas típicas casiñas de cores. Foi unha moi boa tarde!!!



domingo toca día libre!!!!!!
Vémonos familias, agardamos que esteades a botarnos moito de menos!
Unha aperta,
xs turistxs!