Remata a experiencia en Peterborough

Bo día familias!

Subimos esta derradeira entrada do blog para pechar ciclos e deixar documentado esta final da viaxe.

Quédanos por contar o último domingo en familias. Algúns rapaces puideron visitar cidades e aldeas próximas e outros preferiron volver ao centro de Peterborough a gozar destes últimos momentos. Ademais, esta semana había a gran Fun Fair, unha festa xigante con moitas atraccións e postos nos que poder pasar horas moi divertidas. 

Despois de probar cada maquiniña, como había fame, xuntámonos case todos nunha cea chea de momentos graciosos. Para rematar o día volvemos á feira para ver os fogos artificiais, pero resulta que foran o sábado! Mesmo así, a noite rematou con moita alegría e entusiasmo.

Coma o domingo fora un día longo, o luns pegáronse un pouco as sabas, pero todo o alumnado foi moi responsable e deu chegado a tempo para o primeiro período de clases no instituto. Hoxe foi unha mañá especial porque se realizou o acto de despedida para cada estudiante e cada buddy. Entregáronse diplomas e pins do colexio e as estudantes intercambiaron as últimas palabras e risas cos seus colegas ingleses. 

Con bastante mágoa por estar rematando esta fantástica experiencia, todo o alumnado foi en bus ata o centro da cidade a ultimar compras e pasar a tarde, tranquilos pero xuntos.

A viaxe remata coma comezou e o martes 29 todo o mundo se sube no bus no horario indicado e chegamos ao aeroporto. Tras un bo anaco de espera que cos xogos e dinámicas entre amigos ata se nos fixo curto, chegamos a Madrid. Despois de comer e descansar, collemos por fin o avión que nos trouxo de volta a vigo onde vós, familiares, acollestes aos rapaces con moitísima efusividade e agarimo.

Grazas por lernos.

Ata a próxima!

Tais e Aritz

 

(Poniendo el broche final a la experiencia en Peterborough

¡Buenos días, familias!

Publicamos esta última entrada en el blog para cerrar la experiencia y dejar constancia del final del viaje.

Aún nos queda contaros cómo fue ese último domingo con las familias anfitrionas. Algunos alumnos visitaron pueblos y localidades cercanas, mientras que otros prefirieron volver al centro de Peterborough para disfrutar de estos últimos momentos. Además, esa semana estaba instalada en la ciudad una gran feria de atracciones: un evento enorme con multitud de juegos y puestos donde pudieron divertirse durante horas.

Tras probar todas las atracciones y abrir el apetito, la mayoría nos reunimos para cenar y compartir momentos muy divertidos. Para terminar el día, volvimos a la feria para ver los fuegos artificiales, ¡solo para descubrir que habían tenido lugar el sábado! Aun así, la noche terminó de maravilla, llena de alegría y entusiasmo.

Como el domingo había sido un día largo, el lunes por la mañana pudieron dormir un poco más; sin embargo, todos los alumnos fueron muy responsables y lograron llegar puntuales a la primera clase en el colegio. Fue una mañana especial, ya que se celebró una ceremonia de despedida para cada alumno y su compañero inglés (*buddy*). Se entregaron diplomas y distintivos escolares, y los estudiantes compartieron unas últimas palabras y risas con sus compañeros ingleses.

Con cierta tristeza por ver cómo llegaba a su fin esta experiencia fantástica, los alumnos tomaron el autobús hacia el centro para terminar sus compras y pasar la tarde juntos en un ambiente relajado.

El viaje terminó tal como empezó: el martes 29, todos subieron al autobús a la hora prevista y se dirigieron al aeropuerto. Tras una espera que se pasó volando gracias a los juegos y actividades entre amigos, llegamos a Madrid. Después de comer y descansar un poco, finalmente embarcamos en el avión que nos trajo de vuelta a Vigo, donde vosotros —sus familias— recibisteis a los alumnos con tanto cariño y afecto. Gracias por leernos.

¡Hasta la próxima!

Tais y Aritz)

Venres de bolera e sábado de Londres!

Bo día! 

As estudantes pasaron a mañá do último venres nas clases cos seus compañeiros e despois de comer collemos un par de buses para chegar á bolera. Unha vez alí, divididos en equipos de seis ou sete, botamos unhas divertidas partidas con moitos plenos, semiplenos e tamén lanzamentos pola quenlla, pero o importante é participar.

Coma nesa nave había tamén moitas máquinas recreativas, o alumnado aproveitou tamén para probar sorte nalgunhas delas, xogar a minixogos e intercambiar logo o conseguido por diferentes agasallos. Tamén había mesas de billar nas que se lle puxo fin a unha velada moi intensa e divertida.

E chega por fin á esperada e última viaxe a Londres.

Todo o mundo colle o tren moi emocionado polas diferentes actividades que realizaremos ao longo do día.

Nada máis chegar á cidade, dirixímonos a Camden Town, lugar onde era necesario visitar todos os postos de roupa, comida e artículos aleatorios. Para maior comodidade, cada estudante puido escoller os lugares aos que prefería ir con total liberdade. Así, divididos por grupos, gozaron de ata dúas horas de tempo libre para curiosear e tamén xantar.

Despois de todo isto, collemos outro metro ata Leicester Square. Fixemos un pequeno roteiro para explicar onde estaban as tendas máis emblemáticas do barrio e aproveitar tamén para visitar Trafalgar Square e China Town. Despois e novamente separados por grupos, os estudantes tomaron camiños distintos para achegarse ás tendas da súa preferencia e mercar os últimos detalles para vós, así que disto non especificaremos moito máis…

Compras listas e con tempo dabondo aínda, decidimos coller un último metro ata o Tower Bridge. Alí fixemos a nosa última foto grupal deste longo e bonito día. Cansos de tanto camiñar pero aínda contentos por estar onde estabamos, collemos o tren de volta a Peterborough para volver a casa.

Un placer escribir para vós, deica logo!

 

(¡Bolos el viernes y Londres el sábado!

¡Buenos días!

Los estudiantes pasaron la mañana del viernes en clase con sus compañeros. Después de almorzar, tomamos un par de autobuses hacia la bolera.

Una vez allí, divididos en equipos de seis o siete personas, jugamos partidas muy divertidas en las que hubo muchos strikes, spares e incluso alguna que otra bola que acabó en el canal; pero lo importante es participar.

Como el recinto también contaba con muchas máquinas recreativas, los alumnos aprovecharon para probar suerte, jugar a minijuegos y canjear sus ganancias por diversos premios. También había mesas de billar, donde pusimos el broche final a una salida muy intensa y divertida.

Y, por fin, llegó la esperada última excursión a Londres.

Todos subieron al tren, entusiasmados por las diversas actividades planeadas para el día. Al llegar a la ciudad, nos dirigimos a Camden Town, un lugar de visita obligada por sus puestos de ropa, comida y todo tipo de artículos variados. Para mayor comodidad, cada estudiante tuvo libertad para elegir exactamente adónde quería ir; divididos en grupos, disfrutaron de hasta dos horas de tiempo libre para curiosear y almorzar.

Después, tomamos el metro hasta Leicester Square. Dimos un breve paseo para señalar las tiendas más emblemáticas del barrio y también visitamos Trafalgar Square y Chinatown. Luego, volviendo a dividirse en grupos, los estudiantes siguieron sus propios caminos para visitar las tiendas que preferían y comprar los últimos regalos para vosotros; así que no entraremos en demasiados detalles sobre eso…

Una vez terminadas las compras y con tiempo de sobra, decidimos hacer un último trayecto en metro hasta el Tower Bridge. Allí nos tomamos la foto de grupo final de este largo y maravilloso día. Cansados ​​de tanto caminar, pero felices de estar donde estábamos, tomamos el tren de regreso a Peterborough para volver a casa.

Ha sido un placer escribir para vosotros; ¡hasta pronto!)                                  

Xa vai quedando menos :( 

Bo día familias! Escribimos por aquí novamente para contarvos o que pasou nestes últimos dous días.

 

Ambos comezaron con intensas horas de clase no instituto, o alumnado cada vez coñece mellor aos estudantes ingleses e xa case non se perden nestas enormes instalacións!

A tarde do mércores consistiu nunhas partidas ao hockey sobre a herba, nos patios do mesmo instituto. Divididos en equipos de 6 participantes, enfrontáronse uns contra outros ata obter un gañador final. Como só podían xogar dous grupos simultaneamente, as demais persoas mentres esperaban puideron xogar ao volei e ao fútbol.

O xoves a actividade realizouse no centro de Peterborough. Fixeron unha competición de fotografías e vídeos nos lugares de interés da cidade. Descubriron as conexións entre a catedral de aquí e España, falaron coa xente local para preguntarlles por costumes e aficións e mesmo entraron nalgunha tenda moi británica a buscar produtos novidosos. Ao rematar todas as misións, un xurado moi estrito outorgou os puntos pertinentes a cada equipo. Finalmente dous equipos empataran! Por sorte, había premios suficientes para que cada integrante deses dous grupos se fixese co seu propio colgantito inglés moi rechamante.

 

 

 

(Ya estamos llegando a la recta final 🙁

¡Buenos días, familias! Les escribimos de nuevo para contarles lo que ha sucedido en los últimos dos días.

Ambas jornadas comenzaron con clases intensivas en el colegio; los alumnos están conociendo mejor a sus compañeros ingleses y ¡ya casi no se pierden por las enormes instalaciones!

La tarde del miércoles la dedicaron a jugar al hockey sobre hierba en las instalaciones del colegio. Divididos en equipos de seis, compitieron entre sí hasta determinar un ganador absoluto. Como solo podían jugar dos grupos a la vez, los demás jugaron al voleibol y al fútbol mientras esperaban.

El jueves, la actividad se desarrolló en el centro de Peterborough. Participaron en un concurso de fotografía y vídeo centrado en los lugares más emblemáticos de la ciudad. Descubrieron vínculos entre la catedral local y España, hablaron con los habitantes de la zona sobre costumbres y aficiones, e incluso entraron en algunas tiendas muy británicas en busca de productos únicos. Una vez completadas todas las misiones, un jurado muy estricto otorgó puntos a cada equipo. ¡Al final, hubo un empate entre dos equipos! Afortunadamente, había premios suficientes para que todos los miembros de esos dos grupos se llevaran a casa su propio y llamativo colgante inglés.)

Comeza outra semana en Peterborough

Bos días de novo, familias.

O luns 21 o alumnado xa está máis que acostumado ao horario inglés e ás súas dinámicas. Poñen o uniforme case sen pensalo e atópanse con cada buddy coma se levasen neste colexio toda a vida. Se ben é certo que siguen comparando estas clases e espazos cos de Galicia. De seguro esta experiencia estalles a permitir ser máis conscientes dos diferentes tipos de ensino arredor do mundo.

Pero non todo vai ser acudir ás clases! Pola tarde mantéñense as actividades extraescolares para seguiren gozando dun pouco de tempo xuntos.

Hoxe tocou xogar ao bingo. Cantar e anotar os números en inglés tivo o seu aquel, e coma @s gañador@s recibían agasallos, todo o mundo estivo realmente atento e emocionado.

Despois de tres disputadas partidas, separámonos en grupos. Algúns achegáronse a un supermercado preto do colexio para conseguir provisións e outros preferiron volver ao centro da cidade e seguir disfrutando da vida e horarios ingleses.

 

O martes, despois do instituto toda a mañá, pola tarde pasaron un bo anaco xogando aos dardos virtuais no centro de Peterborough. Divididos en equipos, os estudantes loitaron pola victoria con moito ímpeto. Ademais, aproveitaron para botar tamén unhas divertidas partidas ao billar.

Para rematar o día, parte do alumnado decidiu ir ver un partido de fútbol do equipo da cidade. Animaron dende as gradas e quizais grazas a isto Peterborough gaña 3-1! Por sorte os xogadores quedaron encantados e achegáronse a eles ao rematar para falar con eles e asinarlles camisetas.

E ata aquí por agora. Vémonos na seguinte!

 

 

 

(¡¡¡Comienza otra semana en Peterborough!!!

¡¡¡Buenos días de nuevo familias!!!

Para el lunes 21, los estudiantes ya se habían habituado perfectamente a los horarios y rutinas inglesas. Se ponían el uniforme casi de forma automática y se reunían con sus compañeros asignados (buddies) como si hubieran asistido a esa escuela toda la vida, aunque seguían comparando las clases y las instalaciones con las de Galicia. Sin duda, esta experiencia les está ayudando a comprender mejor los diferentes enfoques educativos que existen en el mundo.

¡Pero no todo fue asistir a clase! Por la tarde continuaron las actividades extraescolares, lo que les permitió disfrutar de tiempo juntos.

Hoy tocó jugar al bingo. Cantar y marcar los números en inglés resultó un reto divertido y, como había premios para los ganadores, todos estaban muy concentrados y entusiasmados.

Tras tres rondas muy reñidas, el grupo se dividió. Algunos fueron a un supermercado cercano para abastecerse, mientras que otros prefirieron volver al centro de la ciudad para seguir disfrutando del ambiente inglés y del ritmo local.

El martes, tras pasar la mañana en la escuela, dedicaron gran parte de la tarde a jugar a los dardos virtuales en el centro de Peterborough. Divididos en equipos, los estudiantes compitieron con intensidad por la victoria. También aprovecharon para jugar unas divertidas partidas de billar.

Para terminar el día, algunos estudiantes decidieron ir a ver un partido del equipo de fútbol de la ciudad. Animaron desde la grada y, tal vez gracias a ese apoyo, ¡el Peterborough ganó 3-1! Por suerte, los jugadores se mostraron encantados con el público y se acercaron tras el partido para charlar y firmar camisetas.

Esto es todo por ahora. ¡Hasta la próxima!)

Segunda finde, a Cambridge!

Bo día a todo o mundo!

Levantámonos o sábado 19 con enerxía para coller un tren a Cambridge. O primeiro que fixemos ao chegar foi camiñar ata a Round Church, o segundo edificio máis antigo desta cidade!

Vista a igrexa, emprendemos camiño ata o lugar onde se collían as barcas de punting e separámonos en tres embarcacións con tres rápidos pertiguistas ou condutores. Percorremos o río Cam admirando a natureza, universidades e edificios do arredor.

Tras isto xa todas nós estabamos algo famentas así que chegamos ao Corpus Clock e gozamos de case dúas horas de tempo libre para tomar o xantar e descubrir a cidade. O alumnado empregou esta investigación para mercar algúns recordos para amigos e familia. Ademais, atopáronse cun curioso rapaz que tocaba a guitarra dentro dun cubo de basura, que orixinal!

Para continuar co día achegámonos ata a universidade na que estudou Isaac Newton, o Trinity College e sacamos algunhas fotos.

Coma aínda tiñamos moito tempo antes de volver, pasámonos polo museo Fitzwilliam, onde había esculturas, cerámica, pinturas…

Ao rematar a visita, @s estudantes dividíronse por grupos novamente. Algúns visitaron unha tenda vintage con roupa de fútbol (Football Finery). Outres decidiron coñecer lugares máis recónditos da cidade e chegaron a un parque cun mercado e infinidade de produtos. Habíaos tamén que estaban cansos de tanto andar e decidiron achegarse á estación de tren a descansar.

As 18:00 saía o tren de volta, e nesta viaxe deunos tempo a intercambiar anécdotas e intereses con xente autóctona de Peterborough.

O domingo 20 a todo o mundo lle veu moi ben descansar pola mañá. Moi tranquilos, almorzaron e pasaron tempo coas súas respectivas familias. Pola tarde algúns dos estudantes xuntáronse no centro da cidade e pasaron un agradable anaco en compañía.

Así remataba esta fin de semana, cansos pero moi contentos.

 

 

 

(Segundo fin de semana: ¡rumbo a Cambridge!

¡Buenos días a todos!

El sábado 19 nos despertamos llenos de energía para tomar el tren hacia Cambridge. Lo primero que hicimos al llegar fue caminar hasta la Round Church (Iglesia Redonda), ¡el segundo edificio más antiguo de la ciudad! 

Tras visitar la iglesia, nos dirigimos al embarcadero y nos repartimos en tres barcas, cada una con un experto barquero encargado de guiarnos. Navegamos por el río Cam mientras admirábamos el paisaje, las universidades y los edificios de los alrededores.

Después, como ya empezábamos a tener hambre, fuimos hacia el Corpus Clock y disfrutamos de casi dos horas de tiempo libre para almorzar y explorar la ciudad. Los estudiantes aprovecharon este rato para comprar recuerdos para sus amigos y familiares. Incluso se encontraron con un joven muy curioso que tocaba la guitarra dentro de un contenedor de basura; ¡qué original!

Para continuar con el día, visitamos el Trinity College —donde estudió Isaac Newton— y nos tomamos algunas fotos.

Como aún disponíamos de bastante tiempo antes de regresar, hicimos una parada en el Museo Fitzwilliam para ver las esculturas, cerámicas, pinturas y otras obras.

Tras la visita, los estudiantes volvieron a dividirse en grupos. Algunos visitaron una tienda vintage especializada en artículos de fútbol (Football Finery). Otros decidieron explorar zonas menos conocidas de la ciudad y encontraron un parque con un mercado que ofrecía una gran variedad de productos. También hubo quienes, cansados ​​de tanto caminar, optaron por dirigirse a la estación de tren para descansar.

El tren de regreso salió a las 18:00 h, lo que nos dio tiempo durante el trayecto para compartir anécdotas y hablar sobre intereses comunes con gente local de Peterborough.

El domingo 20, todos agradecieron mucho la oportunidad de descansar por la mañana. Desayunaron tranquilamente y pasaron tiempo con sus familias anfitrionas. Por la tarde, algunos estudiantes se reunieron en el centro de la ciudad y pasaron un rato agradable juntos.

Así terminó el fin de semana: cansados, pero muy felices.)

 

Chegamos a Peterborough!

Ola de novo a todas as familias!

Comeza este mércores 16 con todo o alumnado vestido moi elegante co uniforme do colexio inglés. Despois dunha charla xeral, a cada persoa asignóuselle un buddy para guialo por todo o instituto e ao que poder acompañar en cada clase. Un compañeiro, un primeiro amigo. A partir dese momento fíxose moito máis sinxelo conectar coa xente máis amable de cada clase, preguntarlles pola súa vida e costumes neste país ou simplemente botar unhas risas.

Aquí as clases son bastante distintas ás de Vigo, as instalacións son enormes e fan moooitas clases e exercicios prácticos, fanse experimentos e mesmo cociñan!

Os estudantes comen cada día no instituto e así completan esta experiencia inglesa. E pola tarde seguimos mantendo as nosas actividades. Este mércores tocou baloncesto e aproveitamos para xogar nas propias instalacións.

Como rematamos bastante cedo algunhas persoas aproveitaron para achegarse ao centro da cidade e visitar algúns dos supermercados ingleses máis coñecidos.

O xoves, entre as clases da mañá, as estudantes foron sorprendidas cun simulacro de incendios! Afortunadamente todas e todos saíron moi rápido das clases e chegaron ao lugar seguro sen ningún problema.

Tras isto, xa pola tarde, tod@s el@s tiveron a sorte de ser seleccionad@s para participar no famoso programa Quién quiere ser millonario. Así, divididos en 5 equipos de 5, enfrontáronse duramente por ver quen de todos coñecía máis información sobre a cultura, costumes e idioma inglés.

O equipo 1 (Gipsy Kings) foi o gañador e levouse un riquísimo agasallo!

Por último, o venres, para rematar a semana e despois de acudir, por suposto, ás clases matinais, o alumnado puido gozar dunhas partidas ao minigolf nun espazo chulísimo ambientado no espacio exterior, na noite e no seu brillo. O gañador masivo deste torneo foi Víctor, pero desta, meu pobre, non había premio :(. Para compensalo, case todo o mundo quedou a cear no centro comercial!

E con isto, vémonos na próxima!

 

 

 

(¡Hola de nuevo a todas las familias!

El miércoles 16; comenzamos en nuestro nuevo colegio de secundaria. Los estudiantes lucían muy elegantes con sus uniformes escolares ingleses. Tras una charla informativa general, a cada uno se le asignó un compañero guía (buddy) para orientarse por el centro y acompañarles a todas las clases: un igual, un primer amigo. A partir de ese momento, resultó mucho más fácil conectar con los alumnos más simpáticos de cada clase, preguntarles sobre sus vidas y las costumbres locales, o simplemente compartir unas risas.

Las clases aquí son muy distintas a las de Vigo; las instalaciones son enormes y hay muchísimas lecciones y ejercicios prácticos: ¡realizan experimentos e incluso cocinan!

Los estudiantes almuerzan en el colegio todos los días, completando así la auténtica experiencia inglesa.

Por la tarde, continuamos con nuestras actividades. Este miércoles tocó baloncesto, y aprovechamos para jugar allí mismo, en las instalaciones del colegio. Como terminamos bastante pronto, algunos alumnos aprovecharon para ir al centro de la ciudad y visitar algunos de los supermercados ingleses más famosos.

El jueves, en plena clase matutina, ¡los estudiantes se vieron sorprendidos por un simulacro de incendio! Afortunadamente, todos evacuaron las aulas con rapidez y llegaron a la zona de seguridad sin contratiempos.

Más tarde, tuvieron la suerte de ser seleccionados para participar en el famoso concurso “¿Quién quiere ser millonario?”. Divididos en cinco equipos de cinco personas, compitieron intensamente para demostrar quién sabía más sobre cultura, costumbres e idioma ingleses. ¡El equipo 1 (los “Gipsy Kings”) ganó y se llevó un premio delicioso!

Por último, el viernes —para cerrar la semana y tras asistir a sus clases matutinas, claro está—, los estudiantes disfrutaron de unas partidas de minigolf en un escenario de temática espacial genial, con ambiente “nocturno” y elementos que brillaban en la oscuridad. Víctor fue el gran ganador del torneo, pero esta vez —pobre chico— no hubo premio :(.

Para compensarlo, casi todos se quedaron a cenar en el centro comercial.

¡Y con esto nos despedimos hasta la próxima!)

Últimos días en Saint Neots

Ola, familias! Continuamos coa nosa aventura!

O luns 14 o alumnado volta ás clases despois desta finde tan especial. Xa están totalmente acostumados aos profesores e mesmo a levantarse cedo!

Ao saír aproveitamos para facer unha parada no supermercado e mercar algúns snacks, pois á unha da tarde comezaba a nosa sesión no cine! Tivemos a sorte de ter a sala completa para nós e puidemos comer o packed lunch e os snacks mentres mirabamos Practical Magic 2.

           

Despois disto as estudantes tiveron tempo libre para seguir coñecendo St Neots e algúns aproveitaron para cearen xuntos.

O martes 15 foi o último día nas clases de integración. Todas e todos botaremos moito de menos aos profesores destes días, pois encaixaron moi ben nas necesidades do grupo.

Despois de moitas apertas e agasallos, saímos comer ao mesmo parque dos días anteriores. Alí fomos recollidos pola líder inglesa, que nos levou a facer patinaxe e a xogar ao fútbol. O alumnado gozou dunha tarde deportiva moi divertida!

Para rematar o día e tamén esta primeira semana, cada rapaz e rapaza tivo que coller a equipaxe e montar no tren ata Peterborough para ser recollidos polas novas familias. Despedíronse das familias en St Neots con moita mágoa, pero seguros de que ían atopar xente moi agradable e amable coa que compartir vivenda estas próximas dúas semanas!

Deica logo!

 

 

(¡¡Buenas familias!! ¡¡¡Continuamos con nuestra aventura!!!

El lunes 14, los estudiantes regresaron a clase tras un fin de semana muy especial. ¡Ya se habían acostumbrado por completo a los profesores, e incluso a madrugar!

Al terminar las clases, aprovechamos para pasar por el supermercado y comprar algunos aperitivos, ¡ya que nuestra sesión de cine comenzaba a la 1:00 p. m.! Tuvimos la suerte de contar con toda la sala para nosotros solos, así que pudimos comer nuestros almuerzos y aperitivos mientras veíamos *Practical Magic 2*.

Después, los estudiantes tuvieron tiempo libre para seguir explorando St Neots, y algunos aprovecharon para cenar juntos.

El martes 15 fue el último día de clases de integración. Todos echaremos mucho de menos a los profesores de estos días, ya que supieron entender y atender perfectamente las necesidades del grupo.

Tras muchos abrazos e intercambio de regalos, fuimos a comer al mismo parque que los días anteriores. Allí nos recogió el coordinador inglés para llevarnos a patinar sobre hielo y jugar al fútbol. ¡Los estudiantes disfrutaron de una tarde deportiva muy divertida!

Para cerrar el día —y esta primera semana—, cada estudiante tuvo que recoger su equipaje y tomar el tren hacia Peterborough, donde les recogerían sus nuevas familias anfitrionas. Se despidieron de sus familias de St Neots con un toque de tristeza, pero confiados en que conocerían a personas muy agradables y amables con quienes compartir hogar durante las próximas dos semanas.

¡Hasta pronto!)

Excursión a Londres e día coas familias

Bo día!

O sábado 12 levantámonos cediño para coller o tren ata Londres. Todas estabamos moi emocionadas por todos os sitios que visitaríamos ese día e a cancelación do primeiro tren non conseguiu baixarnos o ánimo!

Collemos o seguinte e baixamos na estación King’s Cross para comezar o noso roteiro. Nada máis saír á rúa atopámonos co London Eye e aproveitamos para facer unha das nosas fotos de grupo.

Continuamos co paseo e chegamos aos Victoria Embankment Gardens: Whitehall Gardens, onde o guía nos explicou algunhas curiosidades.

Tras esta parada, atopámonos por fin co enorme Big Ben, torre do Westminster, e por suposto fotografiámolo dende diferentes perspectivas.

O roteiro rematou no Buckinham Palace, onde miramos uns moi serios gardas e nos impresionamos co xigante monumento da raíña Victoria.

Unha vez saciada a nosa sede turística e algo cansos de tanto camiñar, sentamos a comer no St James’s Park e o alumnado puido aproveitar o tempo libre para facer algunhas compras e fotografar aos esquíos próximos.

Acto seguido collemos o metro ata o Natural History Museum e quedamos marabillados coa magnitude dos animais alí preservados.

Acabóusenos o tempo de curiosear e chegou o momento de volver a casa, exhaustos e tamén moi contentos despois deste longo día cheo de emocións.

Rematado o sábado chega o domingo! Día coas familias. Cada estudiante tivo a sorte de realizar diferentes actividades propostas polos seus pais e nais de acollida. Ademais, algúns deles aproveitaron a tarde para xuntarse e xogar un divertido partido de fútbol nun campo da cidade.

 

 

 

(¡Buenos días!

El sábado 12 nos levantamos tempranito para coger el tren hasta Londres. Todas estábamos muy emocionadas por todos los sitios que visitaríamos ese día y la cancelación del primer tren no consiguió quitarnos el ánimo.

Cogimos el siguiente y bajamos en la estación de King’s Cross para comenzar nuestra ruta. Nada más salir a la calle nos encontramos con el London Eye y aprovechamos para hacer una de nuestras fotos de grupo.

Continuamos con el paseo y llegamos a los Victoria Embankment Gardens: Whitehall Gardens, donde el guía nos explicó algunas curiosidades.

Tras esta parada, nos encontramos por fin con el enorme Big Ben, la torre del Westminster, y, por supuesto, lo fotografiamos desde diferentes perspectivas.

La ruta terminó en el Buckingham Palace, donde observamos a unos guardias muy serios y nos impresionamos con el gigantesco monumento de la reina Victoria.

Una vez saciada nuestra sed turística y algo cansados de tanto caminar, nos sentamos a comer en St James’s Park y el alumnado pudo aprovechar el tiempo libre para hacer algunas compras y fotografiar a las ardillas que había cerca.

Acto seguido, cogimos el metro hasta el Natural History Museum y quedamos maravillados con la magnitud de los animales allí conservados.

Se nos acabó el tiempo de curiosear y llegó el momento de volver a casa, exhaustos, pero también muy contentos después de este largo día lleno de emociones.

¡Terminado el sábado, llega el domingo! Día con las familias. Cada estudiante tuvo la suerte de realizar diferentes actividades propuestas por sus padres y madres de acogida. Además, algunos de ellos aprovecharon la tarde para reunirse y jugar un divertido partido de fútbol en un campo de la ciudad.)

Primeiros días da viaxe – St Neots (Peterborough)

Moi boas a todos!

O día 8, coa cancelación do voo e tras un longo tempo de espera, chegamos a un hotel ben xeitoso no que conseguimos durmir algunhas horas.

O dia seguinte, moi cansos pero coa atitude positiva, gozamos dun almorzo estilo buffet a gusto de todos. Os rapaces aproveitaron o tempo libre para xogar e divertirse nas instalacións exteriores do hotel, algún incluso probou a piscina! 

A mañá rematou rápido e mentres comiamos no buffet hotel recibimos con agrado a sorprendente nova de que tiñamos voos para esa mesma tarde, de modo que preparamos toda a equipaxe e saímos correndo cara o aeroporto.

Despois deste caótico comezo de viaxe, chegamos por fin ao noso destino St Neots onde fomos recibidos polas nosas familias de recollida.

O día 10 comeza a nosa aventura inglesa. Separados en dous grupos, os rapaces aproveitaron a mañá nas clases de integración cos profesores e saíron a coñecer o mercado da cidade. Ao rematar, dirixímonos ao río para comer e xogar a algúns deportes tradicionais deste país.

Tras isto, percorremos parte da cidade ata chegar a unha típica tetería inglesa na que o alumnado probou o auténtico té acompañado dos famosos scones.

Ao rematar, tivemos un chisco de tempo libre para camiñar tranquilamente por St Neots antes da quedada coas familias.

O día 11 de setembro, despois de practicar fonética e gramática nas clases da mañá, volvemos ás mesiñas de picnic a carón do río para recargar forzas para a tarde que nos esperaba.

    

Unha vez rematado o xantar, dirixímonos á seguinte parada, aproveitando para ver as rúas desta cidade.

Sobre as dúas e media chegamos ao que se converteu no noso lugar favorito: o parque de camas elásticas! Tanto nenos coma monitores pasamos un bo anaco saltando, facendo volteretas e xogando nese espazo tan divertido.

Ao moi pouco tempo (ou iso nos pareceu) recordáronnos que xa rematara a nosa quenda e pasamos uns minutos refrescándonos na súa cafetería.

Despois deste descanso, o noso guía levounos a algunhas tendas de comida e bebida nas que mercar todo o que nos apetecese.

Con isto finalizaba a nosa xornada e cada un de nós utilizou o medio de transporte conveniente para volver a casa, exhaustos pero moi contentos despois deste día tan movido e diferente!

Seguimos con moitas ganas de continuar esta aventura! E por suposto de seguir informando por aquí do que fagamos!

 

 

(¡Muy buenas a todos!

El día 8, tras la cancelación del vuelo y después de un largo tiempo de espera, llegamos a un hotel muy agradable en el que conseguimos dormir algunas horas.

Al día siguiente, muy cansados pero con actitud positiva, disfrutamos de un desayuno tipo buffet al gusto de todos. Los chicos aprovecharon el tiempo libre para jugar y divertirse en las instalaciones exteriores del hotel. ¡Incluso alguno se animó a probar la piscina!

La mañana pasó rápidamente y, mientras comíamos en el buffet del hotel, recibimos con agrado la sorprendente noticia de que teníamos vuelos para esa misma tarde, así que preparamos todo el equipaje y salimos corriendo hacia el aeropuerto.

Después de este caótico comienzo de viaje, llegamos por fin a nuestro destino, St Neots, donde fuimos recibidos por nuestras familias de acogida.

El día 10 comienza nuestra aventura inglesa. Separados en dos grupos, los chicos aprovecharon la mañana en las clases de integración con los profesores y salieron a conocer el mercado de la ciudad. Al terminar, nos dirigimos al río para comer y practicar algunos deportes tradicionales de este país.

Después, recorrimos parte de la ciudad hasta llegar a una típica tetería inglesa, donde el alumnado probó el auténtico té acompañado de los famosos scones.

Al terminar, tuvimos un poco de tiempo libre para pasear tranquilamente por St Neots antes de encontrarnos con las familias.

El día 11 de septiembre, después de practicar fonética y gramática en las clases de la mañana, volvimos a las mesas de picnic junto al río para reponer fuerzas de cara a la tarde que nos esperaba.

Una vez terminado el almuerzo, nos dirigimos a la siguiente parada, aprovechando para conocer las calles de esta ciudad.

Sobre las dos y media llegamos a lo que se ha convertido en nuestro lugar favorito: ¡el parque de camas elásticas! Tanto los niños como los monitores pasamos un buen rato saltando, haciendo volteretas y jugando en ese espacio tan divertido.

Al poco tiempo (o eso nos pareció), nos recordaron que nuestro turno ya había terminado y pasamos unos minutos refrescándonos en su cafetería.

Después de este descanso, nuestro guía nos llevó a algunas tiendas de comida y bebida, donde pudimos comprar todo lo que nos apetecía.

Con esto finalizaba nuestra jornada y cada uno de nosotros utilizó el medio de transporte que le correspondía para volver a casa, ¡agotados pero muy contentos después de un día tan intenso y diferente!

¡Seguimos con muchas ganas de continuar esta aventura! Y, por supuesto, ¡de seguir informando por aquí de todo lo que vayamos haciendo!)

Tais e Aritz – Introdución monitores – Tais y Aritz – Presentación monitores

ÍMONOS A PETERBOROUGH!

¡VÁMONOS A PETERBOROUGH!

Ola familias, rapazas e rapaces! Como estades? Que ganas temos de coñecervos! 😊 Agardamos que estedes estupendamente e non pasa nada se tamén estades algo nervioses. 

¡Hola, familias, chicas y chicos! ¿Cómo están? ¡Nos hace mucha ilusión conocerlos! 😊 Esperamos que estén muy bien, y no pasa nada si también se sienten un poco nerviosos.

 

Somos Tais e Aritz, os vosos monitores durante as próximas 3 semanas en Peterborough e imos facer unha pequena introdución para que nos coñezades un chisco máis 😊.

Somos Tais y Aritz, vuestros monitores para las próximas tres semanas en Peterborough, y vamos a hacer una breve presentación para que podáis conocernos un poco mejor 😊.

 

Este de aquí abaixo son eu, Aritz. Son de Pamplona e estou graduado en Educación Primaria con mención en Educación Física. Estou cursando un máster de innovación educativa e o meu obxectivo é ser profesor. Os meus grandes pasatempos son practicar e ver deporte. Competín en natación, pádel e fútbol e actualmente tamén me gusta ir ao ximnasio. Viaxar é a miña debilidade, encántame coñocer xente e culturas novas, descubrir sitios… Meus pais transmitíronmo dende pequeno e tiven a sorte de viaxar moito ao longo da miña vida. A miña experiencia máis incrible foi un erasmus en Santiago de Chile. Estou seguro de que esta experiencia convosco non me decepcionará!

Ese de ahí abajo soy yo: Aritz. Soy de Pamplona y tengo el título de Maestro en Educación Primaria con especialidad en Educación Física. Actualmente estoy cursando un máster en innovación educativa y mi objetivo es dedicarme a la enseñanza. Mis principales aficiones están relacionadas con el deporte, tanto practicarlo como verlo; he competido en natación, pádel y fútbol, ​​y últimamente también disfruto yendo al gimnasio. Viajar es mi pasión: me encanta conocer gente nueva, descubrir culturas y lugares distintos… Mis padres me inculcaron este amor por los viajes desde pequeño y he tenido la suerte de viajar mucho a lo largo de mi vida. Mi experiencia más increíble fue un intercambio Erasmus en Santiago de Chile. ¡Estoy seguro de que esta experiencia con todos vosotros no decepcionará!

 

E esta de abaixo agora son eu, Tais, de Vigo; así que xa pasei por esta experiencia como rapaza e se repito de monitora é que non estará tan mal! Estudei Bioloxía pero en realidade sempre fixen un pouco de todo, gústanme a natureza e os deportes, pero tamén son moito de ler tranquilita, cociñar ou debuxar. Afortunadamente, coma Aritz, tamén viaxei bastante ao longo da miña vida e estou convencida de que nesta ocasión será igual de agradable e memorable 🙂

Y la persona de aquí abajo soy yo: Tais, de Vigo. Ya he vivido esta experiencia como participante, así que, si vuelvo como monitora, ¡es porque debe ser algo genial! Estudié Biología, pero en realidad siempre he hecho un poco de todo; me encantan la naturaleza y el deporte, aunque también disfruto mucho de los momentos de tranquilidad leyendo, cocinando o dibujando. Afortunadamente, al igual que Aritz, he viajado bastante a lo largo de mi vida y estoy convencida de que esta vez será igual de divertida e inolvidable 🙂

 

Estamos moi ilusionados por compartir con vós esta experiencia que de seguro que estará chea de aprendizaxes, novas amizades, momentos divertidos e, por suposto, moitas anécdotas que recordar. O noso propósito principal é que o alumnado goce ao máximo e se sintan acompañados e seguros todo o tempo, e para que as familias poidan sentirse partícipes desta aventura utilizaremos este blog! 

Estamos encantados de compartir esta experiencia con vosotros; será, sin duda, una vivencia llena de aprendizaje, nuevas amistades, momentos divertidos y, por supuesto, muchas historias memorables. Nuestro objetivo principal es que los estudiantes disfruten al máximo y se sientan seguros y respaldados durante todo el viaje; ¡utilizaremos este blog para que las familias también se sientan parte de la aventura!

 

Preparádevos porque estas tres semanas pasarán voando. Teredes clases, actividades, excursións, tempo para coñecer Peterborough (esperemos que non vos dea tempo a perdervos!) e moitas oportunidades para poñer en práctica o voso inglés. Quizais sintamos esa morriña galega da que tanto se fala pero estaremos ocupades adaptándonos ás distintas costumes e tentando descubrir se o clima inglés é tan impredecible coma o noso… 😄

¡Preparaos, porque estas tres semanas pasarán volando! Habrá clases, actividades, excursiones, tiempo para explorar Peterborough (¡esperemos que sin perdernos!) y muchas oportunidades para poner en práctica vuestros conocimientos de inglés. Puede que sintamos un poco de *morriña* (esa nostalgia de casa tan gallega), pero estaremos ocupados adaptándonos a nuevas costumbres y descubriendo si el tiempo en Inglaterra es tan impredecible como el nuestro… 😄

 

Recordade revisar ben as maletas antes de saír da casa, que non nos falten estes imprescindibles: pasaporte coa ETA, permiso paterno orixinal e suadoiro de Vigo en Inglés vermella posta (a xogo coa nosa azul). 

Recordad revisar bien las maletas antes de salir de casa; aseguraos de llevar lo esencial: el pasaporte con la ETA, el formulario original de autorización paterna y vuestra sudadera roja de “Vigo en Inglés” (para ir a juego con las nuestras, que son azules).

 

Vémonos o día 8 no aeroporto! 👋🏼

¡Nos vemos en el aeropuerto el día 8! 👋🏼