Bo día!
As estudantes pasaron a mañá do último venres nas clases cos seus compañeiros e despois de comer collemos un par de buses para chegar á bolera. Unha vez alí, divididos en equipos de seis ou sete, botamos unhas divertidas partidas con moitos plenos, semiplenos e tamén lanzamentos pola quenlla, pero o importante é participar.


























Coma nesa nave había tamén moitas máquinas recreativas, o alumnado aproveitou tamén para probar sorte nalgunhas delas, xogar a minixogos e intercambiar logo o conseguido por diferentes agasallos. Tamén había mesas de billar nas que se lle puxo fin a unha velada moi intensa e divertida.






E chega por fin á esperada e última viaxe a Londres.
Todo o mundo colle o tren moi emocionado polas diferentes actividades que realizaremos ao longo do día.


Nada máis chegar á cidade, dirixímonos a Camden Town, lugar onde era necesario visitar todos os postos de roupa, comida e artículos aleatorios. Para maior comodidade, cada estudante puido escoller os lugares aos que prefería ir con total liberdade. Así, divididos por grupos, gozaron de ata dúas horas de tempo libre para curiosear e tamén xantar.




Despois de todo isto, collemos outro metro ata Leicester Square. Fixemos un pequeno roteiro para explicar onde estaban as tendas máis emblemáticas do barrio e aproveitar tamén para visitar Trafalgar Square e China Town. Despois e novamente separados por grupos, os estudantes tomaron camiños distintos para achegarse ás tendas da súa preferencia e mercar os últimos detalles para vós, así que disto non especificaremos moito máis…






Compras listas e con tempo dabondo aínda, decidimos coller un último metro ata o Tower Bridge. Alí fixemos a nosa última foto grupal deste longo e bonito día. Cansos de tanto camiñar pero aínda contentos por estar onde estabamos, collemos o tren de volta a Peterborough para volver a casa.





Un placer escribir para vós, deica logo!
(¡Bolos el viernes y Londres el sábado!
¡Buenos días!
Los estudiantes pasaron la mañana del viernes en clase con sus compañeros. Después de almorzar, tomamos un par de autobuses hacia la bolera.
Una vez allí, divididos en equipos de seis o siete personas, jugamos partidas muy divertidas en las que hubo muchos strikes, spares e incluso alguna que otra bola que acabó en el canal; pero lo importante es participar.
Como el recinto también contaba con muchas máquinas recreativas, los alumnos aprovecharon para probar suerte, jugar a minijuegos y canjear sus ganancias por diversos premios. También había mesas de billar, donde pusimos el broche final a una salida muy intensa y divertida.
Y, por fin, llegó la esperada última excursión a Londres.
Todos subieron al tren, entusiasmados por las diversas actividades planeadas para el día. Al llegar a la ciudad, nos dirigimos a Camden Town, un lugar de visita obligada por sus puestos de ropa, comida y todo tipo de artículos variados. Para mayor comodidad, cada estudiante tuvo libertad para elegir exactamente adónde quería ir; divididos en grupos, disfrutaron de hasta dos horas de tiempo libre para curiosear y almorzar.
Después, tomamos el metro hasta Leicester Square. Dimos un breve paseo para señalar las tiendas más emblemáticas del barrio y también visitamos Trafalgar Square y Chinatown. Luego, volviendo a dividirse en grupos, los estudiantes siguieron sus propios caminos para visitar las tiendas que preferían y comprar los últimos regalos para vosotros; así que no entraremos en demasiados detalles sobre eso…
Una vez terminadas las compras y con tiempo de sobra, decidimos hacer un último trayecto en metro hasta el Tower Bridge. Allí nos tomamos la foto de grupo final de este largo y maravilloso día. Cansados de tanto caminar, pero felices de estar donde estábamos, tomamos el tren de regreso a Peterborough para volver a casa.
Ha sido un placer escribir para vosotros; ¡hasta pronto!)