First days!!- Twickenham (Turing)

Ola ola familias! Aquí estamos co primeiro blog para contarvos o que fixemos nestes primeiros días (que foi moito!!)

VENRES: A CHEGADA

Como ben sabedes, saímos moi moi cedo cara ó aeroporto e chegamos tamén moi moi cedo. Despois de conseguir facturar as nosas maletas collimos o noso voo e durmimos todo o que podiamos.

Aterramos en Stansted e alí coñecimos a Pam, a directora local e a que será a nosa profesora e acompañante durante toda a estancia. É majisima e temos a sorte de que fala un pouco de español! Así que se non a entenden, non teñen excusa porque llo pode traducir.

Estabamos cansas pero preparadas para chegar ó centro de Kingston Upon Thames, a town na que nos imos aloxar e imos facer gran parte das actividades!

 

 

This is Kingston!

Dimos unha volta polas rúas principais e despois fomos ata o parque a ver os cervos, que grandes e bonitos! Mentres algúns xogaban ó fútbol na herba, outras xogaban a xogos de cartas, bailaban tiktoks ou simplemente descansaban.

Dous Frank de la Jungla ensinándonos os cervos

Avistando o porvir destas semanas

Logo fomos o meeting point para que cada un emprendese camiño cara a súa nova casa e familia para toda a nosa estancia!

Un bo final dun día longo!

SÁBADO: FIRST TIME IN LONDON

Reunimonos cedo na estación e coñecimos a Vincent, quen sería o noso guía no lugar máis esperado: LONDON!

Collimos un tren ata o centro, acompañadxs de Vincent e Pam e chegamos á estación de Waterloo.

Tiveron a sorte de reunirse cos amigos doutro destino na estación!

Os futuros pianistas deleitáronnos 

 

De aí comezamos o noso tour pasando por The Vaults, un caleixón subterráneo che de grafitis e demáis arte urbana. Tivemos a oportunidade de ver un artista en directo pintando un anaco de parede.

Continuamos cara o London Eye e dende aí cruzamos o río Thames para poder ver o Big Ben no seu máximo explendor (aínda que agora sabemos que en realidade chámase Elizabeth Tower). Sacaron mil fotos!!

Paseamos polos xardíns de St’ James Park, onde case se levan dúas ocas ata casa e onde vimos esquíos a montón e chegamos a Buckinham Palace! (ese día non estaba o rei na casa, desgraciadamente).

O último camiño, onde vimos a última escultura de Banksy chulísima, foi cara Leicester Square. Alí tiveron tempo libre para coñecer máis rincóns da cidade e poder mercar cousas. Aquí vos deixo fotiños que sacaron.

  

Despois volvimos ata a estación collendo o noso primeiro metro e de aí a casiña, que mañá tocaba seguir explorando a cidade.

voltas a casa entretidas

 

SÁBADO: MUSEUM AND CAMDEN TOWN

O sábado foi un día completísimo!

Emprendimos rumbo cara London para poder ir a un dos museos máis importantes, o Natural History Museum! 

 

 

Collimos metros e fixémonos expertxs en aguantar o equilibrio neles e chegamos ata o museo, onde flipamos co tamaño que tiña. E puxémonos a exploralo, dende os osos de dinosaurio ata a balea xigante ata as pedras preciosas enormes. Menudo sitio!

Unha vez rematado o museo estabamos cansísimxs pero o que viña agora ía ser aínda mellor: Camden!

podíase ver o cansancio ó saír do museo

Amy Winehouse coa bandeira española!

Levámolos ata as rúas principais e deixámoslles que exploraran, advertidos de que era o paraíso do regateo.

Conseguiron reloxes a metade de precio, camisetas que foron gangas e máis agasallos rebaixados para a familia. Foi tan exitoso que quizáis temos que volver…

Pásamolo xenial pero había que volver a casa para cear porque o día seguinte comezaban as aulas de inglés!!

menuda camiseta familias…

 

 

 

 

 

 

 

 

Collimos os nosos últimos metros e tren e chegamos a Kingston para descansar.

Ata a próxima familias!

No seguinte blog contarémosvos como foron os primeiros días de academia e actividades.

Querémosvos moito e agardamos que non nos botedes moito de menos…

Unha aperta,

os turistas!

avatar

Lara Alvarez Alvarez

Un pensamiento en “First days!!- Twickenham (Turing)”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *