Eastbourne (St Catherine’s) – Días 8, 9 e 10

Bo día a todas/os,

Agardo que tiverades unha boa fin de semana, ímosvos contar que tal transcurriu a nosa.

Día 8:

Comezamos o venres coas clases no St. Catherine’s College 🏫, transcurriu a mañá sen incidentes. Logo da pausa para xantar, tiveron tempo libre para facer compras de souvenirs e explorar un pouco máis a cidade pola súa conta.

Día 9:

Temos excursión a… 🥁🥁🥁

Collimos o tren na estación ás 8h40 cun traxecto de hora e media ata Londres. Alí comezamos a ruta coa nosa guía local, Amelia, na estación de London Victoria e collimos o metro 🚇 hacia Westminster.

Vimos o Big Ben, a Abadía de Westminster e a rapazada aproveitou para sacar a típica foto coa cabina telefónica vermella.

Camiñando fumos ó Buckingham PalaceConvent Garden Trafalgar Square. 

Logo, tiveron tempo para xantar, e quedamos en Leicester Square. Continuamos a ruta hacia o London Bridge .

Chegamos á casa sobre as seis e media a Eastbourne.

Día 10:

O domingo tiveron día libre para descansar e estar coa Host Family. 🫂

Sección diaria de Pepe 🃏

¿Será el Gran Benito la traducción al español del Big Ben?

Unha aperta e seguiremos informando,

Paula e Pepe

Eastbourne (St. Catherine’s) – Día 6 e 7

Bo día a todos/as,

Un vez máis por aquí para informarvos do acontecido estes últimos días. ✌🏻

Día 6:

O mércores comezamos o día indo ás clases ó St. Catherine’s College. Logo do Lunch break, fumos en bus  🚐 visitar o Pevensey Castle 🏰, un castelo que ultimamente fixo servizo coma forte de emerxencia na Segunda Guerra Mundial. Deixámosvos algunhas fotos da rapazada explorando os seus recunchos:

Finalmente, volvimos ó centro e cadaquén para a súa casa coa Host Family.

Día 7:

O xoves logo dunha mañá de clases dinámicas e diferentes a España, deixámoslles tempo á rapazada para cambiarse para a nosa aventura diaria. Hoxe, a actividade consistiu nunha andaina de 2 horas para ver o Beachy Head 🌅, famoso polo seus cantís brancos e ondulados.

Sección diaria de Pepe 🃏

Os ingleses ó tomar tanto té, por que non se chaman “ingletes” no canto de ingleses? 🥁

Unha aperta e seguiremos informando,

Paula e Pepe

Eastbourne (St. Catherine’s) – Día 5

Bo día a todas/os,

Hoxe imos contarvos o desenvolvemento do martes. ✌🏻

Día 5:

Comezamos o día indo ó colexio St. Catherine’s, alí reuníronse cos/coas buddies para asistir ás clases. Hai máis variedade que en España, por exemplo, teñen clases de cociña, danza, dramaturxia… 🎭 Entre medias, tiveron un pequeno break para retomar forzas e continuar co resto de clases ata a pausa para xantar. Á saída do colexio, estábanos agardando Yolo, o noso guía local mencionado anteriormente.

Como xa víramos o porto e o paseo cambiamos a actividade e tivemos unha tarde de xogos no Gildredge Park 🌲. Alí estivemos ata as 17:00.

Sección diaria de Pepe 🃏

Hoxe, Pepe estaba falto de inspiración, pero a un nivel supremo de escasez. Debe ser o clima inglés.

Unha aperta e seguiremos informando,

Paula e Pepe

Eastbourne (St. Catherine’s) – Días 3 e 4

Bo día de novo,

Imos co repaso destes días! ✌🏻

Día 3:

Os domingos están destinados a descansar, pasar tempo e conectar coa Host Family e dar unha volta por Eastbourne, que inda que non sexa moi grande, sempre hai recunchos por descubrir. Así que non teremos moitas novas deste día.

Día 4:

Comezamos o luns coa integración no novo colexio 🏫. En St. Catherine’s College estábanos agardando Ms. Williams para guiarnos ata a cafetería e alí comezar coa selección da comida do día seguinte. Logo diso, empezou a asignación de buddies. Os/as buddies son parte do alumnado do colexio que axudará cos horarios e as aulas ás que deberán acudir a nosa rapazada durante a súa estadía aquí.

Ó remate das clases, tiveron a pausa para o xantar e así estar preparados/as para continuar a xornada coas actividades. Hoxe toca visitar o Eastbourne Pier ⚓ e o paseo marítimo, da man do noso guía local Yolo.

Logo, para rematar dirixímonos ó centro, máis concretamente, á entrada do The beacon 🏬. 

E ata aquí o día, á tardiña xa cearon coas súas Host Families.

Sección diaria de Pepe 🃏

Pepe viuse obrigado a preguntar se Yolo era un nome real ou se, pola contra, era polo significado “You only live once”. Para a súa decepción, era polas siglas do nome de Yolo.

Unha aperta e seguiremos informando,

Paula e Pepe

Eastbourne (St. Catherine’s) – Días 1 e 2

Bo día a todos/as,

Preséntome, son a monitora Paula e xunto con Pepe, imos irvos contando o día a día dos/as rapaces/as que están en St. Catherine’s College.

Día 1:

O venres comezamos a nosa aventura no aeroporto de Vigo, con escala en Barcelona, para chegar finalmente ó aeroporto de London Gatwick. Alí, estábanos agardando as nosas coordinadoras locais para coller o bus con destino a Eastbourne (que grazas ó ser noite e haber pouco tráfico, tardou menos dunha hora). En Eastbourne cada rapaz/a foi aloxada pola familia anfitrioa correspondente e a descansar logo dun longo día de viaxe.

Día 2:

O sábado tocou excursión a Brighton, unha vila próxima á nosa, desprazándonos no tren ata alí todos os grupos de Eastbourne xuntos. A nós asignáronnos a Rayyan, o noso guía local, comezando o noso tour dende a praia🏖️.

A próxima parada no camiño foi o famoso porto ó estilo victoriano 🎡 , o Brighton Palace Pier, onde a rapazada puido xogar nos salóns recreativos e atraccións.

Logo, fixemos un descanso para xantar no parque ó lado do Royal Pavilion 🕌. E retomamos o paseo ata chegar ós Lanes. Vimos o centro e tiveron tempo libre no centro comercial.

Ó voltar a Eastbourne, cada rapaz/a ceou con cadansúa familia.

Sección diaria del humor de Pepe 🃏

¿Por qué Eastbourne se llama Eastbourne? Porque aquí nació Jason Bourne. (Badaboum tssss.)