Bo día a todas/os🌞,
Aquí estamos para informarvos das novidades🗞️ destas rapazas os primeiros días desta aventura. Procedemos:
Día 1 (Domingo):
Comezamos o noso día ás 3:50 da mañá 😴 na estación vella de autobuses para dirixirnos en bus🚍 ó Aeroporto Francisco Sá Carneiro (Oporto🇵🇹). Alí voamos ata Leeds✈️ (despois dun pequeno retraso), onde nos agardaba xente moi maja para levarnos a Liverpool🏴 en furgonetas.
Fixemos unha pequena parada nunha área de servizo para picar algo xa que debido ó peche dalgunhas autopistas alongouse o traslado un pouco máis.
Ó chegar, as rapazas foron levadas coas súas familias de acollida🏡 para cear e descansar logo dun longuísimo día.
Día 2 (Luns):
Comezamos o día na Academia de LILA* para recibir a sesión introdutoria 👩🏻🏫 (onde lles entregaron as súas identificacións e horarios) e un tour da academia, ademais de aprender sobre Liverpool feitos e datos curiosos. Logo, xogaron a un Kahoot para ver as diferenzas entre o sistema educativo español e o británico. Para rematar, tiveron a primeira clase do curso preparatorio de inglés 🇬🇧.
Logo, tivemos unha pausa para xantar e algo de tempo libre ata a actividade do día. Hoxe tocaba un tour paseando pola historia marítima 🛥️🚢 de Liverpool.
Hannah✨, a nosa guía, comezou o tour explicándonos a orixe do nome da cidade, ademais de amosarnos como era na época que foi fundada, partindo de onde estaría o castelo 🏰 da cidade daquela. Ademais, tamén expuxo a parte máis oscura da historia de Liverpool, xa que foi un dos portos envoltos no tráfico de escravos/as do imperio británico.
Visitamos o Royal Albert Dock, o Old Dock (primeiro porto de carga comercial pechado do mundo), vimos as Three Graces de Liverpool (Royal Liver Building, The Cunard Building –a sede do Titanic, onde despois da traxedia se facían as protestas e os anuncios das persoas sobreviventes e falecidas– e the Port of Liverpool Building).
Logo, deron un paseo antes de volver coas familias e así cear e descansar.
Ata aquí as novidades destes dous días! Seguiremos informando.🤞🏼📣
Unha aperta,
a moni Paula.
Moitas gracias Paula por este blog e por recoller o día a día das nosas mozas.
Estarei atenta a este fermoso caderno de bitácora.
Aprobeitade moito esta maravillosa experiencia.
Ata pronto e bikiños dende a terriña!!!
É un pracer ir relatando esta aventura! Intentaremos que a experiencia sexa o máis frutífera posible ☺️ Unha aperta!