Bo día a todas/os🌞,
Un día máis aquí para informarvos do día a día das nosas rapazas🗞️🗞️🗞️. Estamos tendo sorte co tempo, levamos un par de días con algo de sol! Imos aló!📻
Día 12 (Xoves):
Despois da mañá de clases, dirixímonos hacia a actividade de pola tarde, hoxe toca…🥁🥁🥁 tour polo Baltic Triangle!🧱
Hoxe tiñamos connosco a Kyle para que nos guiase a través deste barrio alternativo de Liverpool. Despois dunha introdución da historia deste lugar, propúxolles un concurso de fotos con dúas categorías: a mellor foto e a máis divertida! 📸
Tamén aproveitamos para ir ó mercado vintage que había: Red Brick Market!
Despois das compritas, decidíronse as gañadoras que levaron chuches e chocolate como premio 🏆
Día 13 (Venres):
Hoxe toca…🥁🥁🥁 visita ó Anfield 🏟️ e tamén vimos o museo do Liverpool FC ⚽⚽⚽
E isto sería todo por agora! Seguiremos informando! 📣📣📣 Que teñades boa fin de semana✨
Unha aperta,
a moni Paula.
Qué ben o pasan, qué viaxe tan ben aprobeitadiño. Seguide disfrutando!!! Bikiños
Muchísimas gracias Paula, por toda la diversión y aprendizaje que estáis teniendo.