Liverpool (The Belvedere Academy) – Días 5 e 6

Boas noites a todas/os🌃,

Aquí estamos un día máis para informarvos das novidades🗞️ destas rapazas nestes días do seu paso pola cidade de Liverpool✨. Imos aló!

Día 5 (Xoves):

Comezamos outro día na academia de LILA* , as rapazas estiveron facendo os seus proxectos na sala común Strawberry Fields (si, todas as aulas están nomeadas en relación a The Beatles🎸), podendo elixir música (en inglés, obviously) para escoitar mentres traballan.

Despois da pausa do xantar, dirixímonos á actividade diaria de pola tarde e hoxe tocaba… 🥁🥁🥁 The Beatles Story!🎙️

Este museo inmersivo conta dende os comezos ata a separación dos Beatles, pasando por tódalas etapas da carreira musical dos seus integrantes. Ás rapazas gústoulles poder aprender máis sobre a historia deste emblemática banda.

Despois disto, volta coas súas respectivas host families para cear e descansar para o próximo día.😴

Día 6 (Venres):

Hoxe estiveron rematando os seus proxectos para logo presentalos diante da clase. Tiñan que inventar un país imaxinario e construír o edificio máis emblemático del. Moita creatividade🖍️🎨 teñen estas rapazas… Había de todo! Nun dos países había dragóns🐉 como medio de transporte público.

And the winners of the contest are…🥁🥁🥁

Despois do xantar, toca actividade e hoxe é… Quirky Quarter! 

Este é un lugar peculiar con esceas máis peculiares e divertidas aínda (cambios de perspectivas, upside down…).😵‍💫

E isto é todo polo momento. Seguiremos informando!📣📣

Unha aperta,

a moni Paula.

avatar

Paula Rodriguez Rey

2 pensamientos en “Liverpool (The Belvedere Academy) – Días 5 e 6

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *