Bo día a todas/os,
Estamos aquí (nós co British rainy weather ☔) un día máis para informar das novidades 🗞️🗞️ das nosas rapazas estes días. Imos aló!
Día 3 (Martes):
Comezamos a mañá na academia de LILA* 🏫coas clases de inglés: 3 sesións de 60 minutos con pausas de 10 para despexarse un pouco.
Logo, ás 12:20 tivemos a pausa para comer e algo de tempo libre antes de dirixirnos á actividade do día. Hoxe tocaba… 🥁🥁🥁 The Royal Liver 🏢! (o primeiro rañaceos de Europa!)
Primeiro, recibimos as instrucións de seguridade, ademais dunha pequena introdución da historia deste emblemático edificio.
Ó rematalo, comezamos a subir ata os pisos máis altos para admirar a panorámica🏙️ da cidade co río Mersey e a península de Wirral.
Os reloxos da torre son máis grandes ca os do Big Ben e comezaron a funcionar na época de King George V.
Puidemos observar a Bertie, un dos dous Liver Birds que protexen a cidade de Liverpool. Bertie mira cara a cidade e Bella cara o mar. Conta a lenda que se botasen a voar, Liverpool afundiría no río Mersey.
Logo seguimos subindo para ter unha experiencia inmersiva dentro da torre do reloxo da historia da cidade.
Día 4 (Mércores):
Un día máis nesta ✨chamativa cidade✨, comezamos coas clases na academia. Pola tarde, tiñamos un tour por… Liverpool Anglican Cathedral (a máis grande de UK) e Metropolitan Cathedral of Christ the King (catholic)! Entre elas son bastante diferentes en estructura e estilo arquitectónico.
Hoxe tiñamos de guía a Kyle, para explicarnos as curiosidades de ambos sitios. Partimos do arco de entrada a Chinatown.⛩️
Primeiro, estivemos na anglicana que é a máis grande de Gran Bretaña. Tardouse 75 anos en construírse e ten o Whispering Arch.
O Whispering Arch en cuestión👇🏻👇🏻
Logo, continuamos o camiño hacia a metropolitana, que ten unha estrutura bastante peculiar (como de carpa🎪).
E isto é todo polo de agora, seguiremos informando!📣
Unha aperta,
a moni Paula.
Muchas gracias Paula por compartir la información con nosotros y por cuidar del grupo.
Un saludo
Un pracer! Agardo que poidan crear moitas lembranzas que lles queden para sempre ☺️ Unha aperta.