Devon (West Exe School) – Días 20 e 21

Boas tardes a todos/as,

Agora xa tendes á rapazada de volta na casa e na rutina, pero non quería non deixar constancia dos últimos dous días da aventura que vivimos por terras inglesas, no condado de Devon! Imos aló unha última vez! ✨🗞️

Día 20 (sábado):

Os sábados son días de excursión e hoxe o noso destino era…🥁 BRISTOL! É unha cidade moderna e diversa. Ademais, como era xornada de portas abertas, a cidade estaba chea de futuros/as estudantes universitarios/as coas súas familias.👩🏼‍🎓

Recolleunos un autobús en Exmouth para dirixirnos a Bristol, e logo dunha hora e media, alí estábamos. A nosa primeira parada foi o Clifton Suspension Bridge🌁. Subimos ata onde se podía ver ben a ponte e logo baixando vimos un tobogán natural por onde varias rapazas se tiraron.

Estivemos arredor duns 45 minutos  e despois voltamos ó bus para que nos deixara no centro.

Tivemos un tour por algúns puntos da cidade como a facultade de dereito⚖️ da University of Bristol e a catedral⛪.

Despois, tiveron tempo libre para explorar pola súa conta os recunchos da cidade, por exemplo, as tendas vintage que abundan aquí.

Día 21 (domingo):

Á medianoite do sábado quedamos na estación para coller o bus ó aeroporto. A rapazada foi traída polas súas familias de acollida e houbo algunhas bágoas de despedida.

Vivimos o cambio de hora durante este traxecto, así que algún espertou confuso ó chegar ó aeroporto de London Stansted.

Alí, estivemos agardando unhas horas antes de coller o voo hacia o noso fogar.🏡

🤹🏼‍♀️Sección especial de chistes de Carolina🤹🏼‍♀️

Había una vez una niña que iba en bici y llevaba un bollicao en la cesta.
Iba en la bici y se le cayó el bollicao, entonces se levanta y lo vuelve a guardar.
Sigue en la bici, pero se le vuelve a caer el bollicao. Esta vez lo recoge otra vez y dice: “como te vuelvas a caer, te tiro al mar”.
Se le vuelve a caer. Entonces, esta vez lo tira al mar.

Nota de despedida✨

Foi un pracer coidar deste grupo de rapazada, co ben que se portaron e co bonicos/as que son, e ter compartido esta aventura inglesa xuntos. Espero que teñan unha vida feliz por diante, e vémonos polo mundo adiante!

🤹🏼‍♀️Continuación da sección de Caro🤹🏼‍♀️

Había una vez una pareja que estaba de viaje de novios en un crucero. El novio un día le pide matrimonio y la novia tira el anillo al mar y le dice: “Si lo sacas del mar, me caso contigo”.
Esa noche, fueron a cenar y tenían langosta. Entonces, abren la langosta y… ¿sabes que estaba dentro?
El bollicao.

Este chiste é da colleita de Carolina, e encántalle a Dani tamén.😊

Unha aperta,

a moni Paula.

avatar

Paula Rodriguez Rey

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *