Última finde: EMERALD PARK!

Ola!

Por fin chegou o esperado sábado de Emerald Park!

Todo o alumnado estaba tan emocionado e con tantas ganas de montar en todas as atraccións que madrugar foi máis sinxelo do normal. Chegamos á hora de apertura do parque e por fortuna non había demasiada xente, así que non houbo que esperar en quilométricas colas e puidemos aproveitar o tempo moito mellor.

   

Deixo por aquí moitas imaxes que non acadan a representar a euforia sentida. Con dicirvos que ata aqueles con algo de vertixe se acabaron atrevendo ao ver o moito que gozaban os seus compañeires :D.

   

Ademais de atraccións tamén había un grande zoolóxico, que por suposto fomos visitar. Contaba cunha chea de animais de todos os tamaños e tipos, mesmo cunha granxa na que se podían alimentar e aloumiñar!

      

Por estarmos en outubro tiñan todo moi decorado de samaín, o parque enteiro estaba atestado de detalles desta festividade, calacús, esqueletos e sombreiros de bruxa arrepiantes!

Escuso explicar nada máis dun parque coma este, todo o mundo o pasa ben, algúns atrevéronse con todas as atraccións, mesmo coas de auga! O frío non foi impedimento, que se note que somos do norte. Por último engado tamén unhas fotos da viaxe de volta en bus, co bonito que estaba o ceo non nos resistimos a sacar a cámara e plasmalo e de paso sacarnos a nós tamén 😉

O domingo cada quen escolleu como prefería empregar o seu día, aínda que un dos plans máis populares foi achegarse ata Dublín para esas últimas compras e exploracións. Iso si, tentouse estar de volta na casa non moi tarde porque mañá toca madrugar novamente e hai que repoñer forzas.

Moitas grazas por lerme, saúdos.

 

 

 

 

 

 

(((

¡Hola!

Por fin llegó el esperado sábado de Emerald Park. Todo el alumnado estaba tan emocionado y tenía tantas ganas de montarse en todas las atracciones que madrugar fue más fácil de lo normal. Llegamos a la hora de apertura del parque y, por suerte, no había demasiada gente, así que no tuvimos que esperar en colas kilométricas y pudimos aprovechar mucho mejor el tiempo.

Dejo por aquí muchas imágenes que no llegan a representar la euforia que sentimos.

Además de las atracciones, también había un gran zoológico que, por supuesto, fuimos a visitar.

Como estábamos en octubre, lo tenían todo muy decorado para Samaín. El parque entero estaba repleto de detalles de esta festividad: calabazas, esqueletos y sombreros de bruja terroríficos.

No hace falta que explique nada más sobre un parque como este: todo el mundo se lo pasa bien. Algunos se atrevieron con todas las atracciones, ¡incluso con las de agua! El frío no fue un impedimento, que se note que somos del norte.

Domingo día libre con las familias, descansando para la vuelta a la rutina.

Muchas gracias por leerme. ¡Un saludo!)))

Tardes no colexio, pero con moldeado de arxila!

Boas tardes a tod@s!

Xa queda menos para que poidades volver a ver ás vosas fillas e fillos, pero cónstame que moitos deles aínda non queren marchar… Non é para menos, coa de actividades divertidas que estamos facendo por aquí 🙂

Este pasado xoves, nunha das clases da mañá, un grupiño de alumnos foi agasallado con mooitas cartas dos seus compañeiros irlandeses nas que escribían o moito que os botarían de menos.

Despois de comer xuntámonos no colexio coa profesora de arte e co de educación física e ambos nos levaron a facer un roteiro por Balbriggan. Aprendemos unha chea de curiosidades desta cidade, como que de aquí sacaba as medias a raíña Victoria, e explicáronnos tamén as consecuencias da guerra da independencia contra Reino Unido.

 

O venres pola tarde todas sacamos a nosa vea máis artística porque tocou unha actividade moi especial: facer un imán de recordo para levar a Vigo! A profesora explicou como facer o bosquexo, primeiro en papel para logo poder copialo na arxila.

   

Coma auténticos profesionais puxémonos a moldear e despois tocou pintar:

 

Finalmente, tras moito esforzo e precisión, así nos quedaron as nosas creacións (non vos fixedes moito que probablemente este sexa un dos agasallos que vos teñen preparados @s vos@s fill@s!!!).

Con isto remataba a última semana de clases oficiais desta viaxe que por desgraza vai chegando ao seu fin. Todo o alumnado tiña moitas ganas do chulísimo plan do sábado 17, do que xa falaremos na seguinte entrada do blog…

Deica logo!

¡Buenas tardes a todos!

Ya queda menos para que podáis volver a ver a vuestras hijas e hijos, pero me consta que muchos de ellos todavía no quieren marcharse… ¡Y no es para menos, con la cantidad de actividades divertidas que estamos haciendo por aquí! 🙂

Este pasado jueves, durante una de las clases de la mañana, un grupito de alumnos recibió un montón de cartas de sus compañeros irlandeses en las que les contaban cuánto los iban a echar de menos.

Después de comer, nos reunimos en el colegio con la profesora de Arte y el profesor de Educación Física, que nos llevaron a hacer un recorrido por Balbriggan. Aprendimos un montón de curiosidades sobre esta ciudad, como que la reina Victoria compraba aquí sus medias, y también nos explicaron las consecuencias de la guerra de independencia contra el Reino Unido.

El viernes por la tarde sacamos nuestro lado más artístico, porque nos esperaba una actividad muy especial: ¡hacer un imán de recuerdo para llevar a Vigo!

La profesora nos explicó cómo preparar el boceto, primero en papel para después poder reproducirlo en arcilla.

Como auténticos profesionales, nos pusimos a moldear y después llegó el momento de pintar.

Finalmente, tras mucho esfuerzo y precisión, así quedaron nuestras creaciones. ¡No os fijéis demasiado, que probablemente este sea uno de los regalos que vuestros hijos e hijas os tienen preparados!

Con esto terminaba la última semana de clases oficiales de este viaje que, por desgracia, va llegando a su fin.

Todo el alumnado tenía muchísimas ganas del plan tan chulo que nos esperaba el sábado 17, pero de eso ya hablaremos en la próxima entrada del blog…

¡Hasta pronto!

Misterios, pizzas, saltos e… focas!

Bos días unha semana máis!

Levantámonos este luns así como con ganas de resolver misterios. É que resulta que pola tarde nos tocaba xogar ao Murder Mystery! Nas instalacións do colexio, cada alumno con cadanseu ordenador, tiveron a oportunidade de resolver un caso de asesinato.

Lendo cada pequena pista e entrevistando aos acusados, e grazas, por suposto, a un elevado nivel de raciocinio, o alumnado consigue resolver o crime. De premio por este traballo duro, todas as estudantes gozaron de tempo libre para poder divertirse da forma que preferisen.

Despois chega o martes 13. Quizais porque estamos en Irlanda e non en España, ou quizais simplemente porque non somos supersticiosos, pero o certo é que non se cumpliu en absoluto iso da mala sorte. Ao rematar o instituto de cada mañá, o alumnado acode a unhas clases de inglés nas que coñece e aprende un pouco máis da cultura irlandesa arredor do samaín.

E non con isto remata a nosa tarde, pois aínda nos tocaba unha disputada ronda de preguntas coa súa respectiva entrega de premios. Divididos por equipos, os vosos fillos e fillas competiron para acadar o máximo número de respostas correctas. Aquí vos deixo unha foto dos tres equipos gañadores:

Pero… como o importante non é gañar senón participar, todo o mundo puido probar unhas deliciosas pizzas acompañadas tamén de patacas fritidas! Non me digades que había mellor forma de rematar o día.

O mércores 14 había folga, polo tanto houbo que atopar unha alternativa para pasar o día. Por fortuna, aínda nos quedan moitos plans por facer neste país e foi sinxelo escoller entre as nosas opcións: volver tentar sorte visitando Howth. O certo é que foi unha decisión acertadísima, o tempo comportouse e deixounos ver os impactantes acantilados e as preciosas paisaxes que conforman.

Antes de comezar o roteiro pasamos polo porto e axexando entre os barcos pesqueiros avistamos unha foca! Ao parecer sempre se achegan ao porto de Howth buscando peixes para comer.

 

 

Tras o paseo fixemos unha pequena parada para tomar os nosos packed lunch e xa comidos collemos un par de buses para chegar á seguinte parada: Jump Zone! Un espazo de colchonetas, camas elásticas e outros retos no que os alumnos (e tamén as monitoras) disfrutaron coma rapaces cativos.

Despois de pasar o día cos amigos da outra escola de Dublín, despedímonos para volver a Balbriggan, descubrimos un pub coa parede moi vermella e esperamos na parada de tren a que chegase a última familia a recoller ao alumnado e levalo para casa.

Un día moi completo e nós seguimos moi contentos de continuar con esta aventura.

¡Buenos días una semana más!

Nos despertamos este lunes con ganas de resolver misterios. ¡Y es que por la tarde nos tocaba jugar al Murder Mystery! En las instalaciones del colegio, cada alumno con su propio ordenador, tuvo la oportunidad de resolver un caso de asesinato.

Leyendo cada pequeña pista, entrevistando a los sospechosos y gracias, por supuesto, a una gran capacidad de razonamiento, el alumnado consiguió resolver el crimen. Como recompensa por este duro trabajo, todos los estudiantes disfrutaron de tiempo libre para divertirse como prefirieran.

Y entonces llegó el martes 13. Quizás porque estamos en Irlanda y no en España, o quizás simplemente porque no somos supersticiosos, lo cierto es que no se cumplió en absoluto eso de la mala suerte.

Al terminar las clases habituales del instituto por la mañana, los estudiantes asistieron a unas clases de inglés en las que conocieron y aprendieron un poco más sobre la cultura irlandesa en torno al Samaín.

¡Y nuestra tarde no terminó ahí! Todavía nos esperaba una reñida ronda de preguntas con su correspondiente entrega de premios. Divididos por equipos, vuestros hijos e hijas compitieron para conseguir el mayor número de respuestas correctas.

Aquí os dejo una foto de los tres equipos ganadores:

Pero, como lo importante no es ganar, sino participar, ¡todos pudieron disfrutar de unas deliciosas pizzas acompañadas de patatas fritas! No me digáis que había una forma mejor de terminar el día.

El miércoles 14 había huelga, así que tuvimos que buscar una alternativa para pasar el día. Por suerte, todavía nos quedan muchos planes por hacer en este país y fue fácil elegir entre nuestras opciones: volver a intentar visitar Howth.

La verdad es que fue una decisión acertadísima. El tiempo nos acompañó y pudimos contemplar los impresionantes acantilados y los preciosos paisajes de la zona.

Antes de comenzar la ruta, pasamos por el puerto y, mientras curioseábamos entre los barcos pesqueros, ¡avistamos una foca! Por lo visto, suelen acercarse al puerto de Howth en busca de peces para comer.

Después del paseo, hicimos una pequeña parada para disfrutar de nuestros packed lunches y, una vez terminamos de comer, cogimos un par de autobuses para llegar a nuestra siguiente parada: ¡Jump Zone!

Un espacio lleno de colchonetas, camas elásticas y otros retos en el que los alumnos (¡y también las monitoras!) disfrutaron como niños pequeños.

Después de pasar el día con nuestros amigos del otro colegio de Dublín, nos despedimos para regresar a Balbriggan. Por el camino descubrimos un pub con una pared muy roja y esperamos en la estación de tren hasta que llegó la última familia para recoger a los estudiantes y llevarlos a casa.

¡Un día muy completo! Y nosotros seguimos muy contentos de continuar con esta aventura.

Namoradas da paisaxe de Glendalough

Chegou por fin a esperada fin de semana!

Despois desta semaniña cargada de actividades e de madrugóns, todo o mundo estaba desexando que chegase a finde para poder descansar… descansar? Certamente, o sábado 10 as vosas fillas e fillos foron bastante afortunados porque o bus non saía ata ás dez da mañá, nunca ata tan tarde lles tocara durmir! Grazas a iso todas descansaron ben para ir coas pilas cargadas para a camiñada pola natureza que nos esperaba.

Paramos a recoller aos compañeiros de Liffey Valley e dirixímonos cara Glendalough. As vistas deixáronnos marabillados, todo de varios tonos de verde e azul, unha paisaxe espectacular que lucía aínda máis baixo o sol radiante do ceo. Si, lestes ben, o tempo matutino foi inmellorable! Aproveitamos cada pausiña no noso paseo para encher as galerías dos nosos móbiles e cámaras de moitísimas fotos.

(sempre hai que facer algunha foto-pai para que vos sintades identificados con nós <3)

Comezamos o camiño pasando preto do cemiterio e dunha torre que semellaba sacada da película de Enredados. Continuamos ata chegar ao inmenso lago e algúns atrevéronse a tocar a temperatura da auga, estaba menos fría do que parecía! Despois disto fixemos o roteiro rosa, que nos levou ata unha cascada onírica, e rematamos o paseo de xeito circular, onde o comezaramos.

A pesar de estaren cansos de tanto camiñar, como non todos os días do ano imos estar en Irlanda, ao volver a casa decidimos facer unha parada na cidade do outro grupo e visitamos o seu centro comercial. Ao rematar a visita achegámonos a Dublín para coller o transporte de volta a casa e nese anaquiño puidemos ver esta gran urbe dende outra perspectiva, de noite ata ten un punto máis especial.

 

Chegamos cos pés doridos pero sorprendentemente pouco cansos para o día longo que acababamos de vivir. Supoño que a emoción e o descubrir lugares novos contribúen a ter enerxías inesgotables. E menos mal, porque o domingo tiñamos preparada outra excursión! Era opcional porque ese é o día que temos para descansar, pero como as predicións meteorolóxicas eran moi boas, a maioría do grupo aproveitou para coñecer o Phoenix Park.

Este é o parque máis grande de Dublín e conta con bastantes monumentos coma o de Wellington, o monumento Fénix ou a cruz papal. Na explanada que rodeaba a esta última atopamos unha xigante manda de gamos, que son estes emblemáticos animais do parque. Eran preciosos así que non puidemos marchar ata facerlles unha extensa sesión de fotos.

 

Non podía faltar un pouco de turisteo por Dublín, aínda que o ceo se enchese de nubes iso non nos ía frear!

No tren de volta a Balbriggan remataba a aventura desta fin de semana, cos estudantes charlando das marabillosas experiencias das útlimas 48 horas compartidas.

Unha aperta, xa temos ganas de saber que nos deparará esta seguinte semana!

 

 

(((Después de esta semana cargadita de actividades y de madrugones, todo el mundo estaba deseando que llegara el finde para poder descansar… ¿descansar? Lo cierto es que el sábado 10 vuestras hijas e hijos tuvieron bastante suerte, porque el autobús no salía hasta las diez de la mañana. ¡Nunca hasta ahora les había tocado dormir hasta tan tarde! Gracias a eso, todos descansaron bien para ir con las pilas cargadas a la caminata por la naturaleza que nos esperaba.

Paramos a recoger a los compañeros de Liffey Valley y nos dirigimos hacia Glendalough. Las vistas nos dejaron maravillados: todo estaba lleno de diferentes tonos de verde y azul, un paisaje espectacular que lucía aún más bajo el sol radiante. Sí, habéis leído bien, ¡el tiempo por la mañana fue inmejorable! Aprovechamos cada pequeña pausa durante nuestro paseo para llenar las galerías de nuestros móviles y cámaras con muchísimas fotos.

Comenzamos la ruta pasando cerca del cementerio y de una torre que parecía sacada de la película Enredados. Continuamos hasta llegar al inmenso lago, y algunos se atrevieron a comprobar la temperatura del agua. ¡Estaba menos fría de lo que parecía! Después, hicimos la ruta rosa, que nos llevó hasta una cascada de ensueño, y terminamos el recorrido circular en el mismo lugar donde lo habíamos comenzado.

A pesar de estar cansados de tanto caminar, como no todos los días del año vamos a estar en Irlanda, al volver decidimos hacer una parada en la ciudad del otro grupo y visitar su centro comercial. Al terminar la visita, nos acercamos a Dublín para coger el transporte de vuelta a casa y, durante ese trayecto, pudimos contemplar esta gran ciudad desde otra perspectiva. De noche tiene un encanto aún más especial.

Llegamos con los pies doloridos, pero sorprendentemente poco cansados para lo largo que había sido el día. Supongo que la emoción y el descubrimiento de lugares nuevos contribuyen a tener energías inagotables. ¡Y menos mal!, porque el domingo teníamos preparada otra excursión. Era opcional, ya que ese es el día que tenemos para descansar, pero como las previsiones meteorológicas eran muy buenas, la mayoría del grupo aprovechó para conocer Phoenix Park.

Este es el parque más grande de Dublín y cuenta con bastantes monumentos, como el de Wellington, el monumento al Fénix o la cruz papal. En la explanada que rodeaba a esta última encontramos una enorme manada de gamos, unos animales emblemáticos del parque. Eran preciosos, así que no pudimos marcharnos sin dedicarles una larga sesión de fotos.

En el tren de vuelta a Balbriggan terminó la aventura de este fin de semana, con los estudiantes charlando sobre las maravillosas experiencias que habían compartido durante las últimas 48 horas.

¡Un abrazo! Ya tenemos ganas de saber qué nos deparará esta próxima semana.)))

Menos mal que os galegos, coma os irlandeses, non destinguen!

Saúdos familias! Que tal vai todo por aí?

Nós por aquí seguimos coas actividades programadas e coa integración escolar. As vosas fillas e fillos son cada vez máis complicados de distinguir dos alumnos irlandeses! As mañás do xoves e venres pasaron sen altibaixos dentro das instalacións do instituto. Hai clases moooi interesantes e outras… non tanto, coma en Vigo! Aínda así, os compañeiros son moi agradables e fan que o noso alumnado goce o máximo posible.

Mirade, por certo, con que amencer tan chulo nos levantamos o mércores e que bonito arco da vella nos despertou o xoves:

Co fermoso que estivo a mañá do mércores, confiámonos co tempo e decidimos realizar unha actividade de roteiro polos acantilados de Howth, con vistas e paisaxes que sen dúbida vale a pena apreciar.

Por isto, ao rematar as actividades puxemos rumbo a esta poboación, pero, vaia, o tempo irlandés sorprendeunos. Resulta que se puxo a chover, non a cachón pero si o suficiente para que a camiñada se tornase incómoda, entón houbo que atopar plan B. Por fortuna, a situación amañouse con abraiante axilidade e unha hora despois todos os estudantes (incluídos tamén os seus compañeiros do outro colexio de Dublín) estaban reubicados… nas gradas dun CIRCO!

Dentro estábase máis quentiño e puidemos divertirnos durante unhas dúas horas con todos os diferentes números dos artistas. Había pallasos, acróbatas, bailarinas, bonecos e xente que se atrevía a realizar auténticas tolarías, profesionales moi moi valientes! Entre as seguintes fotos penso que vos atoparedes con algunha sorpresiña… porque o pallaso necesitou un axudante e xa sabemos todos que os vigueses teñen fama de bailar estupendamente, non si?

Ninguén do público aplaudiu e animou tanto coma o fixo a nosa grada, vai ser certo tamén que os españois somos máis ruidosos :). Así, coa emoción e admiración metidas no corpo, volvemos a casa moi felices.

Na tarde do venres 9, último día da semana, tocoulles aos propios estudantes seren eles os artistas! Tiveron clases de baile irlandés. Nelas aprenderon a forma básica de cada movemento, como mover os brazos e que direccións debían seguir. Ao comezo todo era timidez pero a medida que a clase avanzaba íanse soltando e acabaron facendo unha actuación digna de ser gravada (os vídeos pesan moito para engadilos por aquí así que revisade o grupo de whatsapp, ali teredes algúns). Non todo ía ser aprender, nós tamén ensinamos un pouquiño de como funcionaba o noso baile tradicional galego.

 Un pouco de mover o corpo, Macarena, sempre se fixo e sempre veu ben ;).

Ao rematar de bailar, a rapazada dividiuse en dous grupos para poder asistir ás clases de inglés que aínda quedaban por facer. Por sorte as de hoxe foron moi divertidas, nunha delas debían probar snacks típicos de Irlanda e comparalos cos españois, e na outra contaban cun montón de xogos e material para divertirse coma a xente de aquí, ata case lles saía o acento irlandés!

E con isto e despois de comer o biscoito nas clases, ata a próxima!

 

 

 

(((¡Saludos, familias! ¿Qué tal va todo por ahí?

Nosotros por aquí seguimos con las actividades programadas y con la integración escolar. ¡Vuestras hijas e hijos cada vez se distinguen menos de los alumnos irlandeses! Las mañanas del jueves y el viernes transcurrieron sin contratiempos dentro de las instalaciones del instituto. Hay clases muuuy interesantes y otras… no tanto, ¡como en Vigo! Aun así, los compañeros son muy agradables y hacen que nuestro alumnado disfrute al máximo.

Mirad, por cierto, qué amanecer tan bonito tuvimos el miércoles y qué precioso arcoíris nos despertó el jueves:

Aunque la mañana del miércoles había sido preciosa, nos confiamos con el tiempo y decidimos realizar una ruta por los acantilados de Howth, unas vistas y unos paisajes que, sin duda, merece la pena contemplar. Al terminar las clases pusimos rumbo a esta localidad, pero, ¡vaya!, el tiempo irlandés nos sorprendió. Resulta que se puso a llover, no a cántaros, pero sí lo suficiente como para que el paseo se volviera incómodo, así que hubo que buscar un plan B.

Por suerte, la situación se solucionó con una rapidez asombrosa y, una hora después, todos los estudiantes (incluidos también sus compañeros del otro colegio de Dublín) estaban reubicados… ¡en las gradas de un CIRCO!

Allí dentro se estaba más calentito y pudimos disfrutar durante unas dos horas de los diferentes números de los artistas. Había payasos, acróbatas, bailarinas, muñecos y gente que se atrevía a hacer auténticas locuras: ¡profesionales muy, muy valientes! Entre las siguientes fotos, creo que os encontraréis con alguna sorpresita… porque el payaso necesitó un ayudante y ya sabemos todos que los vigueses tienen fama de bailar estupendamente, ¿verdad?

Nadie del público aplaudió y animó tanto como nuestra grada. También va a resultar que los españoles somos más ruidosos :). Así, con la emoción y la admiración todavía en el cuerpo, volvimos a casa muy felices.

La tarde del viernes 9, último día de la semana, ¡les tocó a los propios estudiantes convertirse en artistas! Tuvieron clases de baile irlandés. En ellas aprendieron los pasos básicos de cada movimiento, cómo mover los brazos y qué direcciones debían seguir. Al principio todo era timidez, pero, a medida que avanzaba la clase, se iban soltando y acabaron haciendo una actuación digna de ser grabada (os dejo por aquí debajo un pequeño fragmento).

Pero no todo iba a ser aprender: nosotros también enseñamos un poquito cómo era nuestro baile tradicional gallego.

Al terminar de bailar, los chicos y chicas se dividieron en dos grupos para poder asistir a las clases de inglés que todavía les quedaban. Por suerte, ¡las de hoy fueron muy divertidas! En una de ellas tenían que probar aperitivos típicos de Irlanda y compararlos con los españoles, y en la otra disponían de un montón de juegos y materiales para divertirse como lo hace la gente de aquí. ¡Hasta casi les salía el acento irlandés!

Y con esto, y después de comer el bizcocho en clase, ¡hasta la próxima!

Moitas clases e actividades deportivas

Bos días novamente 🥰.

Tras a finde, comezamos a semana cun luns cheo de cousas por facer. Pola mañá o alumnado asiste ás diferentes clases coa xente autóctona, falan con ela e fan novas amizades. Ao rematar o período lectivo (a última clase de hoxe foi de canto coral) os estudantes teñen tempo libre para comer. Algúns deciden volver a casa a descansar antes das actividades da tarde pero outros prefiren comer fóra, xa sexa no centro comercial ou mesmo na praia!

Despois deste pequeno descanso, todo o mundo volve ao instituto e hoxe toca aprender un pouco sobre o fútbol gaélico e tamén botar uns partidos moi disputados de bádminton.

Con isto remata o luns e chega o martes 6. Despois da maña de clases e da comida no exterior do colexio, volvemos pola tarde para a actividade de hoxe: balonvolea! Engadimos a continuación moooitas fotos destas partidas.

 

 

A mañá do mércores é bastante similar á do día anterior, coa diferenza de que a última hora o alumnado irlandés do noso curso debía ir a recibir as notas duns exames, entón os vosos fillos e fillas foron trasladados ás xa coñecidas aulas de cociña para facer un sinxelo pero rico pastel de mazá.

Unha vez feita a pertinente pausa para comer, os alumnos divídense en 2 grupos, un deles pasa o resto da tarde xogando ao fútbol e o outro aprende a fabricar un bonito e práctico portamóbiles!

E deixámolo por aquí, ata a próxima actualización!

 

Ao museo do Titanic e descubrindo Belfast

Bo día, que tal estades?
Nós por aquí moi ben!
Esta fin de semana as estudantes visitaron unha chea de sitios novos moi interesantes.


Para comezar, o sábado ben cediño recolleunos un bus que por fortuna traía tamén ao resto de compañeiros vigueses que tamén se están quedando en Dublín.

Todes xuntes dirixímonos ata Belfast, onde a primeira parada foi o museo do Titanic.

Separados en grupos percorremos todas as instalacións aprendendo un montón sobre a construción do barco, o seu interior, o tipo de pasaxeiros, algunhas curiosidades e por último as causas do naufraxio. A pesar desta final triste, o museo ten moitas actividades interactivas que o fan moi ameno, incluíndo unha especie de montaña rusa interior que te leva por unha representación da antiga sala de máquinas do Titanic.

Ademais de todo isto, os estudantes puideron visitar tamén o barco SS Nomadic.

Tras isto, despois dun chisco de tempo libre para poder tomarse o packed lunch, o bus levounos cara o centro da cidade de Belfast.
Aquí o alumnado gozou de dúas horas de tempo libre para ruar por onde lles apetecese. Algúns dos lugares de interés que visitaron foron o concello, o mercado de St George e o centro comercial de Victoria square.

Ao rematar, o bus recolleunos para levarnos de volta a casa, xa cansos pero moi felices.

O domingo 4 foi o primeiro día libre para pasar coas familias así que cada grupo de estudantes tivo unha experiencia diferente. Non obstante, moitos deles decidiron tamén aproveitar para visitar o centro de Dublín, e todos quedaron encantados coa experiencia.

Deixámolo aquí por agora, deica logo!

(((¡Buenos días! ¿Qué tal estáis? ¡Nosotros por aquí estamos muy bien!
Este fin de semana, las estudiantes visitaron un montón de sitios nuevos muy interesantes.
Para empezar, el sábado bien temprano nos recogió un autobús que, por suerte, también traía al resto de compañeros de Vigo que también se están quedando en Dublín.
Todas juntas nos dirigimos a Belfast, donde la primera parada fue el Museo del Titanic. Divididas en grupos, recorrimos todas las instalaciones y aprendimos un montón sobre la construcción del barco, su interior, el tipo de pasajeros, algunas curiosidades y, por último, las causas del naufragio. A pesar de este triste final, el museo tiene muchas actividades interactivas que lo hacen muy ameno, incluida una especie de montaña rusa interior que te lleva por una recreación de la antigua sala de máquinas del Titanic. Además de todo esto, las estudiantes también pudieron visitar el barco SS Nomadic.
Después, tras un rato de tiempo libre para comer el almuerzo que llevaban preparado, el autobús nos llevó al centro de Belfast.
Allí, el alumnado disfrutó de dos horas de tiempo libre para pasear por donde le apeteciera. Algunos de los lugares de interés que visitaron fueron el Ayuntamiento, el mercado de St George y el centro comercial Victoria Square.
Al terminar, el autobús nos recogió para llevarnos de vuelta a casa, ya cansados, pero muy felices.
El domingo 4 fue el primer día libre para pasar con las familias, así que cada grupo de estudiantes tuvo una experiencia diferente. Aun así, muchos decidieron aprovechar también para visitar el centro de Dublín, y todos quedaron encantados con la experiencia.
Lo dejamos aquí por ahora. ¡Hasta luego!)))

Primeiros días por Balbriggan, Dublin

Bos días, familias!

Actualizamos por aquí para contarvos este comezo da viaxe.

O día 30 o avión aterrou sen maior contratempo no aeroporto de Dublín e de alí un bus levounos ao punto de encontro onde cada rapaz foi recollido pola xente da súa familia de acollida. Todas e todos chegaron moi emocionados por ver onde e con quen vivirán estas próximas 3 semanas.

O xoves 1 de outubro os estudantes puideron descansar pola mañá porque a integración na escola non comezaba ata a tarde. Así, moitos deles aproveitaron para pasar tempo coa host family ou para visitar a zona, cunhas praias e zonas verdes moi chulas.

Tras isto, chegou a hora de achegarse ao colexio. Despois dun tour polas instalacións realizado por algúns compañeiros ingleses, o alumnado foi separado en dous grupos para comezar as clases. E así pasaron tres horas intensivas pero moi amenas, con xogos de presentación, pronunciación e mesmo movemento.

Ao rematar as clases, o alumnado tivo a oportunidade de facer a actividade que se cancelara esta mañá: cinema. Así, dirixímonos ao cine onde nos tiñan reservadas as entradas para a película Avengers: Endgame. A pesares de estar en inglés, os rapaces e rapazas entendérona sen maior problema, aínda que se nos fixo un chisco longa despois do intenso día previo.

O día seguinte comeza de xeito tranquilo, pois ata as doce do medio día non había que comezar as clases. Novamente o alumnado foi acompañado polos alegres e sociables compañeiros irlandeses e puideron aprender moitas cousas do país e da súa xente.

Tras iso, como era un día con bastante néboa e ameazaba con chover, a actividade realizouse no propio colexio, nas clases de cociña, e todo o mundo tivo a sorte de aprender a cociñar o famoso irish brown bread, coa consecuente obriga de probalo. Foi un absoluto éxito! Untado coa manteiga e marmelada converteuse na nosa comida irlandesa favorita (por agora).

                        

Con todas estas imaxes dos vosos fillos e fillas cociñando rematan estes primeiros días de semana en Irlanda. Todas moi contentas de continuar esta aventura!

 

 

 

((¡Buenos días, familias!

Actualizamos por aquí para contaros cómo ha comenzado el viaje.

El día 30, el avión aterrizó sin mayores contratiempos en el aeropuerto de Dublín y, desde allí, un autobús nos llevó al punto de encuentro, donde cada chico y chica fue recogido por las personas de su familia de acogida. Todos y todas llegaron muy emocionados por ver dónde y con quién vivirán estas próximas 3 semanas.

El jueves 1 de octubre, los estudiantes pudieron descansar por la mañana porque la integración en el colegio no comenzaba hasta la tarde. Así, muchos de ellos aprovecharon para pasar tiempo con la host family o para visitar la zona, con unas playas y zonas verdes muy bonitas.

Después de esto, llegó la hora de acercarse al colegio. Tras un tour por las instalaciones realizado por algunos compañeros ingleses, el alumnado fue separado en dos grupos para comenzar las clases. Y así pasaron tres horas intensivas, pero muy amenas, con juegos de presentación, pronunciación e incluso movimiento.

Al terminar las clases, el alumnado tuvo la oportunidad de realizar la actividad que se había cancelado esa mañana: cine. Así, nos dirigimos al cine, donde nos tenían reservadas las entradas para la película Avengers: Endgame. A pesar de estar en inglés, los chicos y chicas la entendieron sin mayor problema, aunque se nos hizo un poco larga después del intenso día previo.

El día siguiente comienza de forma tranquila, pues hasta las doce del mediodía no empezaban las clases. Nuevamente, el alumnado estuvo acompañado por los alegres y sociables compañeros irlandeses y pudieron aprender muchas cosas del país y de su gente.

Después, como era un día con bastante niebla y amenazaba con llover, la actividad se realizó en el propio colegio, en las clases de cocina, y todo el mundo tuvo la suerte de aprender a cocinar el famoso Irish brown bread, con la consiguiente obligación de probarlo. ¡Fue un absoluto éxito! Untado con mantequilla y mermelada, se convirtió en nuestra comida irlandesa favorita (por ahora).

Con todas estas imágenes de vuestros hijos e hijas cocinando terminan estos primeros días de la semana en Irlanda.

¡Todos y todas muy contentos de continuar esta aventura!))

Tais – Presentación monitora

Ola familias, rapazas e rapaces! Que tal? Que ganas teño de coñecervos! 😊 Agardo que esteades estupendamente e non pasa nada se tamén estades algo nervioses.

Son a vosa monitora durante as próximas 3 semanas en Dublín e veño facer unha pequena introdución para que me coñezades un chisco máis.

Esta de arriba son eu, Tais. Son de Vigo así que cando era adolescente xa pasei por esta experiencia como rapaza e se repito de monitora é que non estará tan mal! Estudei Bioloxía pero en realidade sempre fixen un pouco de todo, gústanme a natureza e os deportes, pero tamén son moito de ler tranquilita, cociñar ou debuxar. Afortunadamente viaxei bastante ao longo da miña vida e estou convencida de que nesta ocasión será igual de agradable e memorable 🙂

Estou moi ilusionada por compartir con vós esta experiencia que de seguro estará chea de aprendizaxes, novas amizades, momentos divertidos e, por suposto, moitas anécdotas que recordar. O noso propósito principal é que o alumnado goce ao máximo e se sintan acompañados e seguros todo o tempo, e para que as familias poidan sentirse partícipes desta aventura utilizaremos este blog!

Preparádevos porque estas tres semanas pasarán voando. Teredes clases, actividades, excursións, tempo para coñecer Dublín (esperemos que non vos dea tempo a perdervos!) e moitas oportunidades para poñer en práctica o voso inglés. Quizais sintamos esa morriña galega da que tanto se fala pero estaremos ocupades adaptándonos ás distintas costumes e tentando descubrir se o clima inglés é tan impredecible coma o noso… 😄

 

 

 

 

(¡Hola, familias, chicas y chicos! ¿Cómo estáis? ¡Qué ganas tengo de conoceros! 😊 Espero que estéis estupendamente y no pasa nada si también estáis un poco nerviosos.

Soy vuestra monitora durante las próximas 3 semanas en Peterborough y vengo a hacer una pequeña introducción para que me conozcáis un poquito más.

Esta de arriba soy yo, Tais. Soy de Vigo, así que cuando era adolescente ya viví esta experiencia como alumna y, si repito como monitora, ¡será que no está tan mal! Estudié Biología, pero en realidad siempre he hecho un poco de todo. Me gustan la naturaleza y los deportes, pero también soy mucho de leer tranquilita, cocinar o dibujar. Afortunadamente, he viajado bastante a lo largo de mi vida y estoy convencida de que en esta ocasión será igual de agradable y memorable 🙂

Estoy muy ilusionada por compartir con vosotros esta experiencia que, seguro, estará llena de aprendizajes, nuevas amistades, momentos divertidos y, por supuesto, muchas anécdotas que recordar. Nuestro propósito principal es que el alumnado disfrute al máximo y se sienta acompañado y seguro en todo momento. Y, para que las familias puedan sentirse partícipes de esta aventura, ¡utilizaremos este blog!

Preparaos porque estas tres semanas pasarán volando. Tendréis clases, actividades, excursiones, tiempo para conocer Dublín (¡esperemos que no os dé tiempo a perderos!) y muchas oportunidades para poner en práctica vuestro inglés. Quizás sintamos esa morriña gallega de la que tanto se habla, pero estaremos ocupados adaptándonos a las distintas costumbres e intentando descubrir si el clima inglés es tan impredecible como el nuestro… 😄)