Última finde: EMERALD PARK!

Ola!

Por fin chegou o esperado sábado de Emerald Park!

Todo o alumnado estaba tan emocionado e con tantas ganas de montar en todas as atraccións que madrugar foi máis sinxelo do normal. Chegamos á hora de apertura do parque e por fortuna non había demasiada xente, así que non houbo que esperar en quilométricas colas e puidemos aproveitar o tempo moito mellor.

   

Deixo por aquí moitas imaxes que non acadan a representar a euforia sentida. Con dicirvos que ata aqueles con algo de vertixe se acabaron atrevendo ao ver o moito que gozaban os seus compañeires :D.

   

Ademais de atraccións tamén había un grande zoolóxico, que por suposto fomos visitar. Contaba cunha chea de animais de todos os tamaños e tipos, mesmo cunha granxa na que se podían alimentar e aloumiñar!

      

Por estarmos en outubro tiñan todo moi decorado de samaín, o parque enteiro estaba atestado de detalles desta festividade, calacús, esqueletos e sombreiros de bruxa arrepiantes!

Escuso explicar nada máis dun parque coma este, todo o mundo o pasa ben, algúns atrevéronse con todas as atraccións, mesmo coas de auga! O frío non foi impedimento, que se note que somos do norte. Por último engado tamén unhas fotos da viaxe de volta en bus, co bonito que estaba o ceo non nos resistimos a sacar a cámara e plasmalo e de paso sacarnos a nós tamén 😉

O domingo cada quen escolleu como prefería empregar o seu día, aínda que un dos plans máis populares foi achegarse ata Dublín para esas últimas compras e exploracións. Iso si, tentouse estar de volta na casa non moi tarde porque mañá toca madrugar novamente e hai que repoñer forzas.

Moitas grazas por lerme, saúdos.

 

 

 

 

 

 

(((

¡Hola!

Por fin llegó el esperado sábado de Emerald Park. Todo el alumnado estaba tan emocionado y tenía tantas ganas de montarse en todas las atracciones que madrugar fue más fácil de lo normal. Llegamos a la hora de apertura del parque y, por suerte, no había demasiada gente, así que no tuvimos que esperar en colas kilométricas y pudimos aprovechar mucho mejor el tiempo.

Dejo por aquí muchas imágenes que no llegan a representar la euforia que sentimos.

Además de las atracciones, también había un gran zoológico que, por supuesto, fuimos a visitar.

Como estábamos en octubre, lo tenían todo muy decorado para Samaín. El parque entero estaba repleto de detalles de esta festividad: calabazas, esqueletos y sombreros de bruja terroríficos.

No hace falta que explique nada más sobre un parque como este: todo el mundo se lo pasa bien. Algunos se atrevieron con todas las atracciones, ¡incluso con las de agua! El frío no fue un impedimento, que se note que somos del norte.

Domingo día libre con las familias, descansando para la vuelta a la rutina.

Muchas gracias por leerme. ¡Un saludo!)))

avatar

Tais Groba Alvarez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *