Moitas clases e actividades deportivas

Bos días novamente 🥰.

Tras a finde, comezamos a semana cun luns cheo de cousas por facer. Pola mañá o alumnado asiste ás diferentes clases coa xente autóctona, falan con ela e fan novas amizades. Ao rematar o período lectivo (a última clase de hoxe foi de canto coral) os estudantes teñen tempo libre para comer. Algúns deciden volver a casa a descansar antes das actividades da tarde pero outros prefiren comer fóra, xa sexa no centro comercial ou mesmo na praia!

Despois deste pequeno descanso, todo o mundo volve ao instituto e hoxe toca aprender un pouco sobre o fútbol gaélico e tamén botar uns partidos moi disputados de bádminton.

Con isto remata o luns e chega o martes 6. Despois da maña de clases e da comida no exterior do colexio, volvemos pola tarde para a actividade de hoxe: balonvolea! Engadimos a continuación moooitas fotos destas partidas.

 

 

A mañá do mércores é bastante similar á do día anterior, coa diferenza de que a última hora o alumnado irlandés do noso curso debía ir a recibir as notas duns exames, entón os vosos fillos e fillas foron trasladados ás xa coñecidas aulas de cociña para facer un sinxelo pero rico pastel de mazá.

Unha vez feita a pertinente pausa para comer, os alumnos divídense en 2 grupos, un deles pasa o resto da tarde xogando ao fútbol e o outro aprende a fabricar un bonito e práctico portamóbiles!

E deixámolo por aquí, ata a próxima actualización!

 

avatar

Tais Groba Alvarez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *