Namoradas da paisaxe de Glendalough

Chegou por fin a esperada fin de semana!

Despois desta semaniña cargada de actividades e de madrugóns, todo o mundo estaba desexando que chegase a finde para poder descansar… descansar? Certamente, o sábado 10 as vosas fillas e fillos foron bastante afortunados porque o bus non saía ata ás dez da mañá, nunca ata tan tarde lles tocara durmir! Grazas a iso todas descansaron ben para ir coas pilas cargadas para a camiñada pola natureza que nos esperaba.

Paramos a recoller aos compañeiros de Liffey Valley e dirixímonos cara Glendalough. As vistas deixáronnos marabillados, todo de varios tonos de verde e azul, unha paisaxe espectacular que lucía aínda máis baixo o sol radiante do ceo. Si, lestes ben, o tempo matutino foi inmellorable! Aproveitamos cada pausiña no noso paseo para encher as galerías dos nosos móbiles e cámaras de moitísimas fotos.

(sempre hai que facer algunha foto-pai para que vos sintades identificados con nós <3)

Comezamos o camiño pasando preto do cemiterio e dunha torre que semellaba sacada da película de Enredados. Continuamos ata chegar ao inmenso lago e algúns atrevéronse a tocar a temperatura da auga, estaba menos fría do que parecía! Despois disto fixemos o roteiro rosa, que nos levou ata unha cascada onírica, e rematamos o paseo de xeito circular, onde o comezaramos.

A pesar de estaren cansos de tanto camiñar, como non todos os días do ano imos estar en Irlanda, ao volver a casa decidimos facer unha parada na cidade do outro grupo e visitamos o seu centro comercial. Ao rematar a visita achegámonos a Dublín para coller o transporte de volta a casa e nese anaquiño puidemos ver esta gran urbe dende outra perspectiva, de noite ata ten un punto máis especial.

 

Chegamos cos pés doridos pero sorprendentemente pouco cansos para o día longo que acababamos de vivir. Supoño que a emoción e o descubrir lugares novos contribúen a ter enerxías inesgotables. E menos mal, porque o domingo tiñamos preparada outra excursión! Era opcional porque ese é o día que temos para descansar, pero como as predicións meteorolóxicas eran moi boas, a maioría do grupo aproveitou para coñecer o Phoenix Park.

Este é o parque máis grande de Dublín e conta con bastantes monumentos coma o de Wellington, o monumento Fénix ou a cruz papal. Na explanada que rodeaba a esta última atopamos unha xigante manda de gamos, que son estes emblemáticos animais do parque. Eran preciosos así que non puidemos marchar ata facerlles unha extensa sesión de fotos.

 

Non podía faltar un pouco de turisteo por Dublín, aínda que o ceo se enchese de nubes iso non nos ía frear!

No tren de volta a Balbriggan remataba a aventura desta fin de semana, cos estudantes charlando das marabillosas experiencias das útlimas 48 horas compartidas.

Unha aperta, xa temos ganas de saber que nos deparará esta seguinte semana!

 

 

(((Después de esta semana cargadita de actividades y de madrugones, todo el mundo estaba deseando que llegara el finde para poder descansar… ¿descansar? Lo cierto es que el sábado 10 vuestras hijas e hijos tuvieron bastante suerte, porque el autobús no salía hasta las diez de la mañana. ¡Nunca hasta ahora les había tocado dormir hasta tan tarde! Gracias a eso, todos descansaron bien para ir con las pilas cargadas a la caminata por la naturaleza que nos esperaba.

Paramos a recoger a los compañeros de Liffey Valley y nos dirigimos hacia Glendalough. Las vistas nos dejaron maravillados: todo estaba lleno de diferentes tonos de verde y azul, un paisaje espectacular que lucía aún más bajo el sol radiante. Sí, habéis leído bien, ¡el tiempo por la mañana fue inmejorable! Aprovechamos cada pequeña pausa durante nuestro paseo para llenar las galerías de nuestros móviles y cámaras con muchísimas fotos.

Comenzamos la ruta pasando cerca del cementerio y de una torre que parecía sacada de la película Enredados. Continuamos hasta llegar al inmenso lago, y algunos se atrevieron a comprobar la temperatura del agua. ¡Estaba menos fría de lo que parecía! Después, hicimos la ruta rosa, que nos llevó hasta una cascada de ensueño, y terminamos el recorrido circular en el mismo lugar donde lo habíamos comenzado.

A pesar de estar cansados de tanto caminar, como no todos los días del año vamos a estar en Irlanda, al volver decidimos hacer una parada en la ciudad del otro grupo y visitar su centro comercial. Al terminar la visita, nos acercamos a Dublín para coger el transporte de vuelta a casa y, durante ese trayecto, pudimos contemplar esta gran ciudad desde otra perspectiva. De noche tiene un encanto aún más especial.

Llegamos con los pies doloridos, pero sorprendentemente poco cansados para lo largo que había sido el día. Supongo que la emoción y el descubrimiento de lugares nuevos contribuyen a tener energías inagotables. ¡Y menos mal!, porque el domingo teníamos preparada otra excursión. Era opcional, ya que ese es el día que tenemos para descansar, pero como las previsiones meteorológicas eran muy buenas, la mayoría del grupo aprovechó para conocer Phoenix Park.

Este es el parque más grande de Dublín y cuenta con bastantes monumentos, como el de Wellington, el monumento al Fénix o la cruz papal. En la explanada que rodeaba a esta última encontramos una enorme manada de gamos, unos animales emblemáticos del parque. Eran preciosos, así que no pudimos marcharnos sin dedicarles una larga sesión de fotos.

En el tren de vuelta a Balbriggan terminó la aventura de este fin de semana, con los estudiantes charlando sobre las maravillosas experiencias que habían compartido durante las últimas 48 horas.

¡Un abrazo! Ya tenemos ganas de saber qué nos deparará esta próxima semana.)))

avatar

Tais Groba Alvarez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *