Hello familias!
Achégase demasiado rápido o final e por aquí sentímonos rarísimass!!
XOVES
Hoxe foi o último día de instituto porque eles collen vacacións de metade de trimestre, chámano Half Term. Pola mañá antes de ir a clase fixemos unha parada no starbucks, como despedida.

Tivemos clases durante toda a mañá coma todos os días pero antes de marchar fixéronnos unha ceremonia de despedida.

Cloe e Ana tiveron cerámica e fixeron unha figurita de Guzmán

No noso último break Dani Lanzou caramelos coma se fose un rei mago
Estaban todos os buddies e entregáronlles diplomas polo curso feito no instituto. Foi moi emotivo. Intercambiaron números, instagrams, snapchats… e sacamos mil fotos! Aquí tamén vedes a cada un co seu buddy asignado, algunhas tiñan dúas buddies e outros experimentados como Brandwell tiña a dous dos nosos.



Pero o día non remataba aquí! Despois como chovía bastante decidimos ir de visita ó castelo de Norwich, que levaba máis de 4 anos de reformas e por fin está aberto a público.

Aquí vestímonos de época, vimos como vivían antes, visitamos o museo e a súa colección de animais disecados, vimos unha peli proxectada nas paredes… mil cousas!


Que reis preferides?


O noso guía Mark descubriu un dragón moi fiero


Uxía atopou o seu irmán atrapado nunha vitrina

Rematamos a nosa visita e, coma case sempre, tiveron un pouco de tempo libre antes de voltar a casa.
VENRES
Hoxe foi día de academia! Acabouse o instituto pero non as clases de inglés, agora polas mañás teñen aulas na academia de English Experience. O guai é que é no centro así que poden comer o lunch xuntxs por aí.
Pola tarde despois do lunch dirixímonos ó museo Bridewell, un dos máis interesantes de Norwich. Este fala da historia da cidade e da industria que hai nela así coma dos cambios que sufriu, moi interesante! Mark deulles unhas follas e estiveron unha hora e media para intentar rematalas! Dentro duns días saberemos quen gañou pero as miñas apostas son para 3 grupos: o de Pablo, Dani e Andrés; o de Nico e Juan ou o de Anika, Julia e Uxía. Foron os grupos máis rápidos e completos. Houbo outros que foron moi creativos, sí, pero o que se dice datos empíricos… non tiñan jajaja

Despois o noso guía levounos a unha coñecida tenda de tés porque contaba cun 10% de desconto. Puidemos probar dos tés que tiñan alí. Estaban riquísimos así que algúns mercaron agasallo para levar a casa. Non quero dicir nomes que se non estropeo a sorpresa! Pero agardo que vos gusten!

un pequeno spoiler
SÁBADO
Coma sempre foi o día libre e polo que me contaron foi un día moi completo. Quedaron coa xente do outro grupo e foron comer por aí. Algúns foron o mercado e comeron pizza e pasta e outras decidiron ir a un sitio de sushi super barato, que plans máis chulos!
Estiveron paseando pola cidade e ata quedaron con compañeiros e compañeiras inglesxs do instituto, practicando inglés si si.
DOMINGO
Día de excursión! A nosa última de feito. É un pouco triste que todo vaia rematar tan rápido pero intentamos aproveitar cada momento que nos queda aquí. Hoxe fomos ata Cromer, un pequeno pobo costero inglés con moita historia de mar.
Paseamos pola costa, alucinamos coas cores diferentes do Mar do Norte e achegámonos ata o pier.


as rapazas querían unha foto con Mark
Paramos no RNLI, onde estaba o bote de salvamento da costa de Cromer.

Fixemos unha pequena ruta ata o faro, no punto máis alto, e alí descansamos a comer para recargar forzas na baixada.

De camiño ó pobo outra vez paramos nun parque e estivemos como nenos pequenos xogando cos columpios e coa tirolina. Tamén Adolfo, Claudia, Isa e Sarah estiveron a intentar facer dominadas e fixeron competición de quen aguantaba máis tempo colgada. GAÑOU CLAUDIA! (agora débolle unha chocolatina jeje)
Unha vez chegamos abaixo tiveron tempo libre para pasear polo pobo, ir ás recreativas, tomar un chocolatito…

Unhas conseguiron gratis unhas pulseras de neon!! Outros como Andrés non tiveron tanta sorte pese a gastarse 2 pounds… A vida!
Voltamos a Norwich as cinco e media e fomos para casiña a cear que estabamos cansas e chovía bastante…
Mañá hai academia así que hai que descansar!
O final achégase familias e nós estamos que non o cremos…
Mandámosvos moitos bicos e apertas, en nada xa nos vemos de novo ❤️❤️❤️













































































