Ola familias!!
Xa queda menos para comezar a nosa viaxe a Norwich e agardo que esteades igual de emocionadas ca min. Antes de emprender esta aventura vou presentarme un pouquiño:
O meu nome é Lara Álvarez, teño 25 anos e son de Chapela (ollo! que é Redondela, non Vigo).
Estudei arte dramático e logo fixen un posgrao/erasmus sobre danza contemporánea en Porto. Sempre tiven moita relación co inglés e é por iso que levo traballando 4 anos en viaxes deste tipo, indo ó extranxeiro con todas as idades.
Encántame viaxar, xunto coa música é unha das miñas grandes paixóns. Descubrir lugares novos, e sobretodo se están rodeados de natureza… pérdeme. Logo tamén me gusta facer rutas, probar deportes novos, xogar a videoxogos, cociñar, etc. Un pouco de todo, vamos!
Vou adxuntar un par de fotiños para que me miredes a cara:



Estou desexando comezar este PiliVigo con este grupiño, estou segura de que o imos pasar incríblemente ben e que será unha experiencia da que non nos imos esquecer. Vou estar sempre para todo o mundo e todo o que precisen, sempre poderán confiar en min. Fun a Norwich no 2021 como monitora e estou desexando voltar!
Vémonos o xoves!!!
Non vos esquezades nada, documentación, cargadores…!
Unha aperta moi grande, <3