VIAXE A LETCHWORTH 27/09 ARE YOU READY??

Ola familias!!

Xa queda menos para comezar a nosa viaxe a Letchworth e agardo que esteades igual de emocionadas ca min. Antes de emprender esta aventura vou presentarme un pouquiño:

O meu nome é Lara Álvarez, teño 24 anos e son de Chapela (ollo! que é Redondela, non vigo).

Estudei arte dramático e logo fixen un posgrao/erasmus sobre danza contemporánea en Porto. Sempre tiven moita relación co inglés e é por iso que levo traballando 3 anos en viaxes deste tipo, indo ó extranxeiro con todas as idades.

Encántame viaxar, xunto coa música é unha das miñas grandes paixóns. Descubrir lugares novos, e sobretodo se están rodeados de natureza… pérdeme. Logo tamén me gusta facer rutas, probar deportes novos, xogar a videoxogos, cociñar, etc. Un pouco de todo, vamos!

Vou adxuntar un par de fotiños para que me miredes a cara:

 

Estou desexando comezar este PiliVigo con este grupiño, estou segura de que ímolo pasar incríblemente ben e que será unha experiencia da que non nos imos esquecer. Vou estar sempre para elas e todo o que precisen, sempre poderán confiar en min e darei todo polas miñas nenas!

Vémonos mañá!!!

Non vos esquezades nada, documentación, cargadores…!

 

Unha aperta grande, <3

Lara.