27, 28, 29- Eltham

Bo día familias!

O xoves 27 víronse truncados os plans que tiñamos para pasar a tarde, polo que ao final os nosos rapaces e rapazas decidiron que era unha boa idea ir xogar ao fútbol a Hyde Park. Pero antes diso, coma sempre, tocou botar unha sesta no descanso entre vlase e clase na academia.

O día 28, porén, tocábanos visitar unha área de Londres que ata o de agora nunca visitáramos, Neal’s Yard e Little Venice. Primeiro, en Neal’s Yard, os rapaces aprobeitaron para tomar algo polos bares da zona ou para sacar algunha foto. En Little Venice demos un paseo pola beira do río e despois tiveron un pouco de tempo libre para sacar fotos e darlles de comer aos patos que alí había.


Por último, este sábado celebramos os cumpreanos de Carla e de Alba, polo que despois de visitar o National History Museum, decidieron ir comer algúns a un retaurante italiano e outros a un español. Despois de comer, tiveron tempo para explorar os recunchos de Camden Town que lles quedaban por ver.


Mañá pasarán o día coas súas familias de acollida e o luns toca volta á rutina, xa só nos queda unha semana!

O luns voltaremos con novas aventuras para contarvos, ata a próxima!

22 e 24 de Outubro- Eltham

Bo día familias!
Este sábado tocounos coñecer á monitora local, Kerdal, unha persoa fantástica que nos guiou por Londres para ver os distintos lugares que nos tocaban. A primeira parada foron o Science Museum e o V&A, onde os rapaces tiveron unha hora libre para visitar o museo da súa elección:

Despois dos museos visitamos Knightsbridge, unha das áreas comerciais de máis prestixio de Londres, onde se atopa tamén Harrods, unha tenda estilo Corte Inglés pero de marcas de luxo, alí chegamos a ver unha xirafa de peluche por valor de £4000 ou colares de £15000. Por último visitamos o centro comercial máis grande de Europa, Westfield.

Este luns tocounos visitar o Buckingham Palace e o St. James Park, unha zona que xa algúns visitaran no seu tempo libre.

Ata a próxima familias!

18/19 Eltham

Bo día familias!

Onte, martes 18, despois de pasar a mañá de novo na academia, tocounos visitar a área máis turística de Londres, pero como algúns xa visitaran a zona no seu tempo libre, decidiron ir a unha rúa comercial que había preto (Oxford Street) para poder entrar na tenda de M&M’s.

 


Hoxe, porén, foi un día un pouco máis tranquilo xa que despois das clases nos tocou visitar o Queens House Museum. Os rapaces pasaron alí un anaco, onde sacaron fotos e incluso imitaron algunhas das obras que había alí expostas. Despois de sair do museo tivemos un anaco de tempo libre, durante o cal moitos dos estudantes decidieron visitar o Greenwich Market, un pequeno mercado local onde mercar diferentes productos de artesanía, pezas de segunda man e comida.




Xa vos iremos informando de como segue a nosa experiencia por aquí.

Ata pronto!

Día de bolera

Bo día familias!

Onte despois de pasar a mañá en St. Catherine’s decidimos ir xogar aos bolos. As partidas estiveron bastantes igualadas, polo que a diversión estivo asegurada.

 

Despois de rematar cos bolos algúns rapaces decidiron xogar ao billar.

Á noite decidimos facer unha cea de despedida porque xa queda pouco para volver a Vigo. Alí atopamonos co outro grupo que está aquí en Eastbourne e entre todos puxeron música e puxéronse a bailar na rúa, deixovos un pequeno vídeo para que vexades o ben que o pasaron.

Por último decidimos ir ata a praia e seguir alí un anaquiño coa música, foi unha noite que de seguro recordarán durante moito tempo.

Hoxe tócanos visita a Brighton, xa vos contaremos que tal.

Ata outra!

Londres e Eastbourne Harbour

Bo día familias!

Como supoño que xa ben sabedes, onte tocounos visitar a capital de novo. Coma sempre, comezamos o día reuníndonos na estación de tren de Eastbourne as 8:30 da mañá, onde nos xuntamos tamén co outro grupo de Vigo. Despois de dous trens e un autobús (debido á folga do día anterior tivemos que cambiar o noso plan inicial), chegamos a Londres. O primeiro que fixemos foi coller o metro para ir a Camdem Town, alí os nosos estudantes desfrutaron dunha mañá de compras.

Despois de visitar a área decidimos volver ao centro, onde algúns dos nosos rapaces se dedicaron a facer turismo e outros a comprar recordos e agasallos para a familia.

Hoxe, porén, tocou volta á rutina e polo tanto volta ao St. Catherine’s. Despois de pasar a mañá cos seus buddies ingleses tocou ir comer un xeado ao porto de Eastbourne. Aínda así, non foi doado chegar ata alí, xa que hai unha ponte levadiza e cando chegamos estaba aberta, polo que tivemos que agardar a que baixara de novo:

Cando por fin baixou, sacamos a foto de rigor antes de que todos marcharan a polo seu xeado favorito.

Vémonos mañá familias!

Parabéns Héctor!

Bo día familias,

Este xoves foi un día moi especial para os nosos rapaces e rapazas, foi o cumpreanos de Héctor! Despois dun día cheo de deporte onde todos sacamos o noso lado máis competitivo xogando ao fútbol e ao brilé, fomos a darnos un bo banquete para celebrar os 16 anos de Héctor.

Ademais, aínda que non todos os rapaces do grupo se coñecían de antes, decidiron mercarlle entre todos uns agasallos para que tivese algo no seu día especial. Asi que despois de zamparnos unhas boas pizzas e despois de cantarlle o “cumpreanos feliz” (aquí vos deixo un vídeo dese momento) en tres linguas diferentes, tocoulle abrir os agasallos.

O venres iremos a facer skate, xa vos direi como nos vai!

Ata pronto!

Visita ao concello

Bo día familias!

Onte, luns 26, os nosos rapaces e rapazas foron ao instituto, como todas as mañás, aínda que algúns deles volveron para a casa debido a que o aire destas terras nos está causando algúns estragos (catarros, dor de garganta…). Aínda así, todos están xa case ben e puideron desfrutar dunha tarde libre, xa que a actividade planeada se cancelou a causa da choiva.

Porén hoxe, martes, si que puidemos facer a nosa actividade, visitamos o concello de Eastbourne. Alí, o alcalde agardaba por nós para ensinarnos algunhas partes do edificio e contarnos algúns datos curiosos sobre o pobo. Tamén nos ensinou a súa vestimenta típica para ocasións especiais, pero o que máis lles gustou aos rapaces foron as chocolatinas que nos deron e os bolígrafos que nos regalaron.

Pero non só nos fomos os obsequiados, xa que unha das nosas estudantes, Celia, tróuxolle tamén un fermoso regalo dende Galicia:

Despedímonos por hoxe, ata mañá!

Surviving to London

Bo día familias!

Onte foi o día que moitos dos nosos rapaces e rapazas estaban esperando, tocou visitar Londres. Ás oito da mañá reunímonos con todo o alumnado, incluído o outro grupo que está tamén aquí en Eastbourne, na estación de tren local, onde agardaba por nós Amelia para comezar o noso viaxe cara a capital. Collemos o tren sen ningún problema e despois de aproximadamente hora e media de viaxe chegamos á estación de London Bridge, alí xa agardaba por nós Holly, que sería a nosa guía. A primeira parada foi o famoso Tower Bridge, onde os rapaces sacaron a súa vea máis artística para sacar numerosas fotos. Tamén vimos o concello e ao outro lado do río había una castelo, sobre o cal Holly nos contou numerosas historias.


Unha vez vista esta zona de Londres, collemos rumbo cara o Buckingham Palace e xa nos dispuxemos a comer no St James Park situado ao lado. Despois da comida fomos a Trafalgar Square, onde os rapaces desfrutaron por fin do seu amado tempo libre.


Despois de dúas horas de compras e visitas, toca volver á casa e aquí é onde comeza o noso mal de ollo. Collemos o metro para dirixirnos á estación de tren, era hora punta e os vagóns ían a rebentar. Unha das nosas estudantes conseguiu meterse nun vagón pero as portas pecharon e ninguén máis puido subir con ela. Menos mal que temos o mellor grupo do mundo, porque estivo atenta ás explicacións da nosa guía e baixou na parada correcta. Despois de reunirnos todos de novo corremos para chegar ao tren, pero era demasiado tarde e tivemos que esperar ao seguinte. Unha vez dentro todo parecía ir ben… ata que o tren sufriu unha avaría e tivemos que baixar. Despois dunha longa espera collemos un bus urbano cara a estación anterior, onde collemos outro tren cara Eastbourne. Pero a nosa aventura non remata aí. Por motivos que aínda descoñecemos ese tren acabou desviándose da súa ruta e acabamos en Brighton, onde tivemos que agardar a outro tren máis, o último do día, que nos levase á casa e as nosas ansiadas camas. Chegamos a Eastbourne ás 11:45 da noite, menos mal que a coordinadora local estaba agardando por nós e chamou a algúns taxis para que nos levaran ás nosas casas.
Foi un día que rematou da peor maneira posible, esperamos que os rapaces e rapazas o pasaran ben en Londres e que esta última mala experiencia non opaque a experiencia de ter visitado unha cidade tan fermosa.
Hoxe tócanos descansar e xa veremos o que nos depara o futuro mañá.
Ata a vista, familias!

Día intenso de inglés

¡Hola de nuevo!

Hoy hemos tenido un día con pocas cosas que contar pero muy intenso. Hemos empezado el día a las 8:30 de la mañana en St. Catherine’s College y como los alumnos británicos tenían una excursión, a nosotros nos ha tocado aprender inglés toda la mañana. Hemos comido también en el instituto y por la tarde hemos seguido con el inglés, pero esta vez con un poquito de música y por último hemos aprendido un poco sobre Londres porque el sábado iremos a visitar la ciudad.

 

¡Ah! Que casi se me olvida, también hemos aprendido un nuevo juego de cartas, pero no con la baraja española asi que nos ha tocado aprendernos los diferentes palos de la baraja para poder jugar.

¡Esperamos contaros cosas más interesantes mañana!