Boas a todos e todas! Xa tedes as maletas feitas?
Chámome Gabriela, pero poderedes chamarme Gabi. Serei quen vos acompañe nesta viaxe, pero antes de vernos ‘face to face’ mañá queríame presentar para que coñezades un pouquiño de min.
Nacín en Stuttgar (Alemaña) e son a irmá maior que decidiu estudiar artes xa cando tiña 5 anos, así que poderédesme preguntar cousiñas relacionadas co arte nas visitas que fagamos. Tamén son monitora de tempo libre e monitora ambiental. Ademais falo inglés, alemán e galego. Estou dubidando comezar a estudar entre portugués ou italiano.
Apaixónanme os deportes, son monitora de escalada e actividades náuticas como: surf, bodyboard, kaiak, paddle surf, … Certamente son máis pokemon auga que outra cousa.
O fan que son dos chistes malos, xa o descubriredes na viaxe.
Recórdovos levar algo para xantar no aeroporto/avión e para cear xa que chegaremos tarde. Non vos olvidedes da documentación (tarxeta europea sanitaria, permiso paterno e pasaporte) e o adaptador. E por último, deixade os nervios na casa!
See you!