Día 2: Coñecendo St Neots

Bo noite familias!

Hoxe foi o noso primerio día na escola St Neots English Centre. Chegamos ás nove da mañá para o primerio contacto coas clases e para coñecer ás profesoras, Claire e Fran.

O primeiro que fixemos foi unha pequena proba de nivel para poder aproveitar ao máximo as clases aquí. Logo xa comezamos coas clases que son máis aplicadas posible de forma que practiquemos a parte do “speaking”, exercicios en grupo e conversa.

Para a comida, aproveitamos o bo tempo para ir comer no Riverside Park, da outra beira do río.

Aló nos veu buscar Raphael, o noso guía doxe, que nos fixo unha visitia pola vila durante a cal pasamos pola librería, diferentes cafeterías e a igrexa, entre outros lugares. Este tour nos levou ate o St Neots Museum onde a guía nos explicou que este edificio fora un estación de policia ate finais dos 90, tendo incluso unha antigua celda para visitiar na planta baixa.

Unha vez rematou a visita, achegámonos a unha agradable cafetería para desfrutar dun typical afternoon English tea en Poppy’s Vintage Tea Room que consistiu nunha bebida quente (café, te ou chocolate quente) xunto cuns scones ou biscoitos acompañados de crema e marmelada. Definitivamente, este postre triunfou connosco xa que non deixamos nada nos platos!

Despois disto os rapaces tiveron un rato de tempo libre para explorar ao seu ritmo o casco antigo da vila e vendonos de volta na Market Square antes de irnos para casa coas nosas familias.

Algúns dos rapaces foron coas súas host families a ver un partido de fútbol antes de cenar nun campo de preto das súas casas.

Remata aquí o noso segundo día en St Neots, ainda familiarizándonos coa nova cidade.

Javi e Ana.

Un grupo de rapaces no partido de fútbol

Un grupo de rapaces no partido de fútbol

 

Paseando pola cidade

Dentro do museo

O grupo ao completo na entrada do museo

En Poppy’s Vintage Tea Room

En Poppy’s Vintage Tea Room

En Poppy’s Vintage Tea Room

Esperando a merenda en Poppy’s Vintage Tea Room

No museo

 

avatar

Ana Doforno Nóvoa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *