Bo día familias (e rapaces)!
Despois dun día longo de viaxe e coas maletas cargadas de recordos, estamos xa de volta en Vigo, o que significa que remata así a nosa aventura polo Reino Unido.
Comezamos na madrugada do luns despedíndonos das nosas host families para coller o bus que nos levou de volta ao aeroporto de Gatwick en Londres. Deixamos detrás tamén aquí St Neots, a vila que foi a nosa casa durante as últimas tres semanas.
A maioría dos rapaces aproveitaron as dúas horas de viaxe para durmir no bus, xa que ainda era noite cando nos marchamos.
Unha vez no aeroporto, fomos aos mostradores para facturar as nosas maletas. Algún algo preocupado polo pesa da súa equipaxe, pero ao final non houbo problema ningún.
Estivemos esperando até que saise o noso avión, tempo no que puidemos almorzar, ir ao baño ou simplemente descansar un pouco.
Unha vez chegados a Barcelona, volvimos pasar os controis finais sen incidencia e tivemos tempo para comer e descansar, xa que o voo a Vigo non marchaba até despois de comer.
Xa no aeroporto de Peinador e coa vista posta nas nosas familias que nos agardaban ansiosas destrás das portas automáticas, recollimos as nosas maletas e nos despedimos entre choros e apertas.
Como monitores, queremos agradecer aos nosos rapaces polo seu excelente comportamento e actitude durante toda a viaxe. Fixemos todo o posible para que a vosa experiencia no extranxeiro fose o mellor posible, pero sin vos esto non tería sido nin a metade de divertido. Foi un pracer coincidir con todos nesta viaxe.
Querémosvos moitísmo e esperamos reencontrarnos pronto con vos, en Vigo, Zaragoza ou Covent Garden.
Moitísimos bicos e apertas para todos,
Javichu e Ana.