Día 21: Regreso a casa dende St Neots

Bo día familias (e rapaces)!

Despois dun día longo de viaxe e coas maletas cargadas de recordos, estamos xa de volta en Vigo, o que significa que remata así a nosa aventura polo Reino Unido.

Comezamos na madrugada do luns despedíndonos das nosas host families para coller o bus que nos levou de volta ao aeroporto de Gatwick en Londres. Deixamos detrás tamén aquí St Neots, a vila que foi a nosa casa durante as últimas tres semanas.

A maioría dos rapaces aproveitaron as dúas horas de viaxe para durmir no bus, xa que ainda era noite cando nos marchamos.

Unha vez no aeroporto, fomos aos mostradores para facturar as nosas maletas. Algún algo preocupado polo pesa da súa equipaxe, pero ao final non houbo problema ningún.

Estivemos esperando até que saise o noso avión, tempo no que puidemos almorzar, ir ao baño ou simplemente descansar un pouco.

Aproveitando o tempo en Barcelona para dencansar

O avión tamén fai de cama

Unha vez chegados a Barcelona, volvimos pasar os controis finais sen incidencia e tivemos tempo para comer e descansar, xa que o voo a Vigo non marchaba até despois de comer.

Xa no aeroporto de Peinador e coa vista posta nas nosas familias que nos agardaban ansiosas destrás das portas automáticas, recollimos as nosas maletas e nos despedimos entre choros e apertas.

Xa en Peinador

Como monitores, queremos agradecer aos nosos rapaces polo seu excelente comportamento e actitude durante toda a viaxe. Fixemos todo o posible para que a vosa experiencia no extranxeiro fose o mellor posible, pero sin vos esto non tería sido nin a metade de divertido. Foi un pracer coincidir con todos nesta viaxe.

Querémosvos moitísmo e esperamos reencontrarnos pronto con vos, en Vigo, Zaragoza ou Covent Garden.

Foto de grupo final

Moitísimos bicos e apertas para todos,

Javichu e Ana.

Día 20: Revisitando Londres

Boa noite familias!

Rematamos o día de hoxe volvendo de Londres despois de pasar todo o día aló.

Chegamos en tren e collemos o metro (no que cantamos á monitora Ana o feliz animersario) e chegamos ao Natural History Museum.

Esperando ao metro

Diante do Natural History Museum

Despois de ver dinosaurios, aprender como xorden os volcáns e tsunamis, e coñecer diferentes tipos de minerais, fomos en metro até Hyde Park para comer todos xuntos á sombra.

Collemos de novo o tube para ir a Piccadilly Circus, que serviu como o noso punto de encontro. Así, antes de dexiar ao rapaces desfrutar de tempo libre, camiñamos até Vigo Street.

O grupo diante de Vigo Street

Durante as horas de tempo libre, os rapaces foron en grupos visitando diferentes zonas da cidade. Algúns aproveitaron para ir ao British Museum, outros para facer compras en Oxford Street, ou dar unha volta por Chinatown.

Un grupo de rapazas en Piccadilly Circus

Chegamos de volta á estación de tren de St Neots rematando así a nosa última excursión de día completo. Despedímonos aquí de Fran, unha das nosas profesoras e activity leader en varias das excursións.

O grupo ao completo con Fran

Hoxe tivemos un día longo e bastante cansado pero, por sorte, mañá podemos descansar e estar coas nosas host families no último día en St Neots.

Javi e Ana.

 

Día 19: Fin de clases en St Neots

Boa noite familias!

Hoxe despedímonos oficialmente da academia e con iso tiñamos a presentación dos proxectos en grupo coas ideas de negocio para St Neots.

Para valorar os traballos, tivemos como invitadas especiais as directoras da academia que axudaron a elixir a mellor idea.

Grupo coa puntuación máis alta no proxecto

Grupo en segundo lugar

Despois disto, as profesoras entregaron aos nosos rapaces os certificados de final de curso coas súas notas e valoracións.

Tivemos que comer con moitas presas para coller o bus de camino a Cambridge e, unha vez aló, fixemos un tour no que vimos as principais universidades da cidade.

Paseando por Cambridge

O grupo diante de Trinity College

Para finalizar a visita, os rapaces tiveron tempo libre para mercar algún souvenirs, agasallos ou seguir paseando ao seu ritmo.

Volvemos de novo en bus até Market Square para reencontrarnos coas nosas host families e regardar forzas para a excursión de mañá.

Javi e Ana.

Día 18: Ceroc dance en St Neots

Boa noite familias!

Como cada xoves, hoxe tivo lugar o mercado en Market Square no que algúns dos nosos rapaces aproveitaron para mercar algunha cousa no descanso da mañá ou xa pola tarde.

Mañá teremos as presentacións finais dos proxectos, polo que os grupos estiveron pulindo os últimos detalles dos seus traballos así como practicando as exposicións orais.

Un dos grupos preparando a presentación

Traballando no proxecto final

Rematando a presentación

Ademáis, as profesoras prepararon un listening no que os rapaces propuxeron cancións para unha actividade final de completar a letra das cancións.

Completando a letra das cancións

Despois de comer tivemos unha primeira actividade referida a xogos e exercicios relacionados cos efectos visuais.

Na segunda parte da tarde recibimos unha clase de ceroc dance, un estilo de baile que fusiona diferentes estilos en parella e que é moi popular aquí no Reino Unido. Ademais do profesor, viñeron tamén un grupo de bailaríns para poder guiarnos mellor durante a clase.

Dando os primeiros paso de ceroc

Atentos ás indicacións do profesor de baile

A algúns costounos máis ca outros adaptarnos ao ritmo pero, unha vez repetimos a rutina de baile un par de veces, xa puidemos desfrutar da actividade e pasalo ben todos xuntos.

Foto grupal cos bailaríns de ceroc

Volvemos mañá con máis novidades!

Javi e Ana.

Día 17: Crazy Olimpics en St Neots

Boa noite familias!

Podemos dicir que, oficialmente, superamos a onda de calor e, a pesar de que hoxe tamén fixo calor, nada que ver cos días anteriores.

Reencontrámonos pola mañá na academia o grupo ao completo e tivemos as clases no horario habitual.

Queda pouco xa para as presentacións finais e os traballos comezan a tomar forma. O punto de partida é crear unha idea de negocio dun bar ou cafetería para St Neots, buscando aqueles nichos de mercado non cubertos pola oferta hosteleira actual.

Un dos grupos traballando na súa presentación

Xa pola tarde, volvemos á normalidade coas actividades programadas para a segunda parte do día e, así, hoxe tocaba Crazy Olimpics en Riverside Park.

Primeiro, dividímonos en catro equipos, cada un deles representando a un país. Así, fixemos unhas olimpíadas nas que os equipos competiron en diferentes disciplinas deportivas como tirar da corda ou carreira de sacos, para rematar cunha proba decisiva final dunha carreira de relevos.

Xogando a tirar da corda

Escoitando as indicacións do Activity Leader

Parte dunha das probas de equilibrio

Preparados para a carreira de sacos

Volvemos mañá con máis novas dende St Neots.

Javi e Ana.

Día 16: Volta á boleira

Boa noite familias!

Acabamos un día de temperaturas record aquí no Reino Unido.

Durante a mañá, pasamos o maior tempo posible dentro da academia onde as organizadoras puxeron tres ventiladores en cada clase. Así, os rapaces puideron seguir traballando nas súas presentacións finais durante boa parte da mañá, bebendo auga continuamente.

Algúns dos rapaces quedaron hoxe na casa por mor da calor e co consentimento das súas host families.

Pola tarde houbo de novo un cambio na planificación inicial e volvimos á boleira, xa que está preto da escola e ten aire acondicionado.

Na boleira

Na boleira

Foto grupal despois da boleira

Ao rematar as nosas partidas fomos ao Priory Park a esperar ás familias á sombra onde algúns aproveitaron para merendar e logo xogar xuntos ao “asasino”.

Descansando á sombra en Priory Park

Por sorte, os pronósticos din que mañá xa baixan as temperaturas polos que poderemos volver a facer as clases e actividades con normalidade (ademáis de conseguir durmir pikas noites).

Javi e Ana.

Día 15: Cine local en St Neots

Boa noite familias!

Nova semana supón reecontrarse cos rapaces despois do día en familias. Segundo nos contaron, algúns foron explorar os arredores de onde viven, outros aproveitaron o  do tempo para ir ao lago que hai na vila mentres ca outros sairon a cenar fora coas súas host families.

Como imaxinamos que sabedes, estamos no medio dunha onde de calor aquí no Reino Unido con alerta por calor.Para intentar combater isto, puxemos na academia todos os ventiladores habidos e por haber, ademais de recordar aos rapaces que estexan á sombra cando saen á rúa e que beban moita auga.

O plan para hoxe era aprender a xogar ao tenis de mesa pero a organización nos propuxo un plan alternativo no que non tiveramos que camiñar baixo o sol moito tempo en hora punta.

Así, fomos ao cine local a ver a nova película dos Minions. Podedes imaxinarvos como de alto tiñan o aire acondicionado na sala que algún dos rapaces tivo que por o xersei!

Aprevoitando para mercar algún aperitivo antes da película

Antes de entrar á sesión

Dentro da sala de cine

Esto é todo polo día doxe familias, ainda nos queda soportar este calor sofocante mañá pero seguimos cos ánimos subidos para seguir desfrutando da experiencia.

Javi e Ana.

Día 13: De St Neots a Oxford

Boa noite familias!

Tivemos hoxe a segunda excursión de día completo, desta vez a Oxford.

Saímos de St Neots ás oito en bus e xuntámonos co grupo de Bedford rumbo á cidade universitaria.

A pesar de só ter un activity leader, tivemos a sorte de ter un pseudo guía particular que nos fixo un pequeno tour por algúns dos espazos da localidade.

Foto grupal de St Neots e Bedford

Paseando por Oxford

Fomos ver así a Bodleian Library, onde os rapaces puideron mercar algún recordo como imáns, libretas ou os típicos suadoiros da University of Oxford. Despois disto entramos na University Church of St Mary the Virgin onde vimos diferentes vidreiras.

Así, os rapaces tiveron tempo libre para explorar o resto do centro da cidade ao seu ritmo e comer nalgún dos parques cercanos á sombra.

Xa pola tarde, tivemos dous turnos de visita guiada ao Oxford Castle & Prision onde subimos ate a torre máis alta que nos permitiu ter unha vista panorámica de toda a cidade. Tamén vimos antiguas celdas e aparellos antiguos, así como cartaces nos que aparecían antiguos presos desa cárcere, a máis nova, unha nena de 7 anos por roubar £1.

Parte do grupo no miradoiro

Probando un dos aparellos de tortura do cárcere

Foto de grupo na torre do castelo

Despois disto volvemos ao punto de encontro co conductos e puxemos rumbo de volta a St Neots, despedíndinos primeiro do grupo de Bedford.

Sendo mañá domingo, xa sabedes que é día para pasar coas familias polo que volvemos coas pilas cargadas para seguir coa aventura o luns!

Javi e Ana.

Día 12: Baloncesto e bolera en St Neots

Boa noite familias!

Tivemos hoxe un venres bastante relaxado no que as clases continuaron coa dinámica habitual e os rapaces tiveron un tempo para traballar en grupo nos seus proxectos finais.

Despois de comer fomos dando un paseo até Priority Park, un espazo verde moi amplo ao lado dun instituto da vila. Ademais dunha cancha de baloncesto, aquí había bancos e merendeiros, un parque para perros e outro para nenos, unha especie de carrusel manual e un cable polo que tirarse.

Entrando en Priory Park

Así, cada un tivo liberdade de explorar e probar os diferentes divertimentos dispoñibles.

Un grupo de rapaces xogando ao baloncesto

Probando a tirolina de Priory Park

Como segunda actividade da tarde, fomos camiñando ate a bolera Eat’N’Bowl na que os rapaces se distribuíron nas pistas dispoñibles para xogar unha partida aos bolos.

Preparándonos para xogar aos bolos

Un grupo de rapazas xogando aos bolos

Na boleira

Foto dos gañadores de cada partida na boleira

Rematamos o día de volta en Market Square, despedindonos até mañá cedo para irnos de excursión de día completo.

Javi e Ana.

 

Día 11: Primeira visita a Cambridge

Boa noite familias!

Hoxe pasamos o segundo xoves en St Neots, o que significa que había mercado en Market Square. Sin embargo, desta vez non baixamos á praza.

Como novidade, tivemos a visita de Gabriela na escona, que veu substituír á profesora Fran, xa que esta non podía vir pola maña.

Tivemos que comer moi rápido para coller o bus rumbo a Cambridge. A viaxe durou algo máis dunha hora xa que o bus tivo un pequeno problema mecánico que o coductor resolveu rapidamente.

No bus urbano camiño de Cambridge

Chegamos así a Parkside onde nos encontramos con Fran para que nos guiase pola cidade.

En Parkside

Fomos e primeiro lugar ao Fitzwilliam Museum onde os rapaces puideron ver diferentes tipos de expresións artísticas.

Foto grupo diante do Fitzwilliam Museum

Dentro do Fitzwilliam Museum

Grupo de rapaces no Fitzwilliam Museum

Despois disto fomos até Market Square (en Cambridge) porque este era o noso punto de encontro. Tivemos logo tempo libre para explorar a cidade que estaba chea de universitarios veatidos cos gorros e togas de graduación.

Volvimos de novo a Parkside para coller o bus de volta para casa rematando así a nosa primeira visita a Cambridge.

Javi e Ana.